{"id":4458,"date":"2015-10-30T06:00:51","date_gmt":"2015-10-30T06:00:51","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4458"},"modified":"2015-10-28T07:41:05","modified_gmt":"2015-10-28T07:41:05","slug":"das-mulleres-e-dos-homes","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4458","title":{"rendered":"Na memoria da mi\u00f1a irm\u00e1 Ux\u00eda"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/trasbach.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4459\" alt=\"trasbach\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/trasbach-227x300.jpg\" width=\"227\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/trasbach-227x300.jpg 227w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/trasbach.jpg 341w\" sizes=\"(max-width: 227px) 100vw, 227px\" \/><\/a><em><strong>Rosa Paz Pi\u00f1eiro. <\/strong><\/em>Xa paso dos 70, unha idade na que \u00e1s veces os recordos esixen unha obediencia da imaxinaci\u00f3n coma cando unha melod\u00eda se che engancha na cachola e non te solta. Ent\u00f3n, non podes pensar noutra cousa e ficas atrapada no limo da memoria. Cando ti\u00f1a 14 anos, ao chegar a primavera, comecei a sentir que unhas vibraci\u00f3ns especiais corr\u00edan polo meu sangue, pero isto ocorr\u00eda de xeito especial nas festas do ver\u00e1n. Nunca nos cansabamos de bailar, de troular, pese a que tampouco deixabamos de traballar, nin sequera nos domingos. Era o que nos quedaba \u00e1s rapazas do rural. Aos 17, empecei a comprender que nos homes case todo semellaba un pouco obvio. <!--more-->Daquela, a nosa nai non paraba de darnos consellos, os cales mi\u00f1as irm\u00e1s e eu tomabamos \u00e1 lixeira: considerab\u00e1molos de tempos pasados. As\u00ed pois, \u00e9 hora de rescatar do esquecemento alg\u00fans dos m\u00e1is humildes serm\u00f3ns cos que nos agasallaba.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A t\u00faa lembranza, madre, coma a de noso pai, o primeiro home na vida dunha filla, coma todos os meus amores, amigas ou amigos, xira na mi\u00f1a cabeza coma a roda dun mu\u00ed\u00f1o. As\u00ed que agora que son xa vella e vi\u00fava, coma pombas ao pombal regresan a min as cousas que me dic\u00edas cando era adolescente. E volven cumpridas na mi\u00f1a propia experiencia. Neste punto, a\u00ednda que non lembro canto tardei en comprendelo, efectivamente, a virilidade que algunhas mulleres buscamos nos homes \u00e9 a mi\u00fado maliciosa e mesmo un chisco perversa. Non \u00e9 algo grandioso o que buscamos. \u00c9 cauteloso e astuto. E tam\u00e9n nos dic\u00edas que non son os peores os homes que beben, os que beben son os que te\u00f1en medo, pero non saben a que. Todos temos medo, a\u00ednda que cando ti mo advertiches, eu non sab\u00eda nada disto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/murmurar.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4460\" alt=\"murmurar\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/murmurar-300x213.png\" width=\"300\" height=\"213\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/murmurar-300x213.png 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/murmurar.png 530w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Fl\u00faen agora as t\u00faas palabras por min coa suavidade da corrente do r\u00edo no ver\u00e1n: Case todas as mulleres somos fermosas de mozas, empezabas, e logo engad\u00edas: Non escoites as murmuraci\u00f3ns dos envexosos. Sexan cales sexan as proporci\u00f3ns da s\u00faa cara, \u00e1 marxe de que o volume do corpo sexa groso ou demasiado fraco, en certo momento, toda muller pos\u00fae o poder da beleza que nos ten sido outorgado coma tales. A mi\u00fado ese momento \u00e9 moi curto. \u00c1s veces, nin sequera nos damos conta de que nos chegou. E, con todo, quedan vestixios. Isto era o que nos dic\u00edas, madre. E \u00e9 certo, incluso na mi\u00f1a avanzada idade, a\u00ednda quedan alg\u00fans trazos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Inesquec\u00edbel \u00e9 o d\u00eda no que me dixeches: M\u00edrate ao espello. Observa o teu \u00a0cabelo. Non invita a ser acari\u00f1ado? Contempla os teus ombros cando te lavas, e logo baixa a mirada at\u00e9 onde se ensambla o peito. F\u00edxate na parte entre os ombros e o peito, que descende coma unha ladeira nos prados: Durante 30 anos m\u00e1is a\u00ednda esta beleza atraer\u00e1 l\u00e1grimas, dentes apertados pola paix\u00f3n, nenos quentes de febre, cabezas durmidas, mans encalecidas. Esa beleza sen nome. Esa beleza que non sabe de si.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Mira con que delicadeza cae o teu est\u00f3mago no centro, cara ao embigo, coma unha begonia en flor. Podes tocar a t\u00faa beleza. O movemento das nosas cadeiras \u00e9 seguro e agocha o segredo dunha promesa de suave calma. Pero isto amedrenta os homes, eses homes que nos \u201ctiran\u201d e nos chaman parrochas. Sabes a que se parecen as nosas pernas vistas dende atr\u00e1s? Son como azucenas xusto antes de abrirse.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/trasbach2.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4461\" alt=\"trasbach2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/trasbach2-300x200.png\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/trasbach2-300x200.png 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/trasbach2.png 596w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Direiche qu\u00e9 homes merecen o noso respecto. Os homes que se entregan ao traballo para dar de comer aos seus, aos que est\u00e1n ao seu lado. Os que son xenerosos cos irm\u00e1ns, cos amigos, con todo o que te\u00f1en. Os demais son pura merda. Poden ser guapos, atractivos ou feos, pero a fermosura non \u00e9 esencial aos homes. Aos homes foilles dada outra clase de poder: Queiman. Despiden luz e calor. \u00c1s veces converten a noite en d\u00eda. A mi\u00fado o destr\u00faen todo. Os homes est\u00e1n feitos de cinza. N\u00f3s, de leite.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Permanece a t\u00faa lembranza na mi\u00f1a cabeza coma o tremor da luz nos luscos e fuscos deste mundo atormentado. Por iso, mentres caen as sombras desta noite de outono, d\u00edgoche eu agora: Si, madre, a\u00ednda sinto o que era pasar por diante dos homes, cando te desexaban de forma porcalleira ou bela. Parimos monstros, parimos santos, heroes e vil\u00e1ns. Parimos a todos os que non son nin unha cousa nin outra. A Xes\u00fas de Nazar\u00e9 e a Xudas. Todo tipo de bondade e maldade sae de entre as nosas pernas, e mentres somos novas, todo tipo de bondade e de maldade desexa volver entrar al\u00ed. E agora mi\u00f1a nai, agora que f\u00f3ra ladran nerviosos os cans, voume para a cama. At\u00e9 ma\u00f1\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Rosa Paz Pi\u00f1eiro. Xa paso dos 70, unha idade na que \u00e1s veces os recordos esixen unha obediencia da imaxinaci\u00f3n coma cando unha melod\u00eda se che engancha na cachola e non te solta. Ent\u00f3n, non podes pensar noutra cousa e ficas atrapada no limo da memoria. Cando ti\u00f1a 14 anos, ao chegar a primavera, comecei &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4458\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Na memoria da mi\u00f1a irm\u00e1 Ux\u00eda<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[9,61],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4458"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4458"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4458\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4464,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4458\/revisions\/4464"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4458"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4458"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4458"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}