{"id":4491,"date":"2015-11-13T06:00:44","date_gmt":"2015-11-13T06:00:44","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4491"},"modified":"2015-11-12T19:48:51","modified_gmt":"2015-11-12T19:48:51","slug":"a-face-engaiolante-das-rochas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4491","title":{"rendered":"A face engaiolante das rochas"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_4492\" aria-describedby=\"caption-attachment-4492\" style=\"width: 240px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/Palabras.-Imaxe.-Xeoformas.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-4492 \" alt=\"Palabras. Imaxe. Xeoformas\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/Palabras.-Imaxe.-Xeoformas-240x300.jpg\" width=\"240\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/Palabras.-Imaxe.-Xeoformas-240x300.jpg 240w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/Palabras.-Imaxe.-Xeoformas.jpg 480w\" sizes=\"(max-width: 240px) 100vw, 240px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-4492\" class=\"wp-caption-text\">A figura dun dinosauro rec\u00f3rtase contra o horizonte en Baro\u00f1a<\/figcaption><\/figure>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong>Jose Lires.\u00a0<\/strong><\/em>Non cabe d\u00fabida de que os gustos, afecci\u00f3ns ou ocupaci\u00f3ns de cada quen xogan un papel fundamental na percepci\u00f3n do medio que nos rodea. Deste xeito, o arquitecto vibra contemplando a correcta integraci\u00f3n da s\u00faa obra coa contorna, o bi\u00f3logo felic\u00edtase no interior dunha fraga sabedor da importancia coma corredor ecol\u00f3xico que ten no ambiente e eu tento ler no territorio a historia \u00edntima das rochas, descubrir a raz\u00f3n do seu aspecto actual, e recrear as distintas paisaxes das que formaron parte.<!--more--><\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Nestas lerias ando mentres repaso, recostado sobre unha mole rochosa no Central Park de Nova York, un correo de Xulio Guti\u00e9rrez convid\u00e1ndome a colaborar neste espazo. Como buscando o xerme do artigo, instintivamente as mi\u00f1as mans comezan a explorar unha superficie aborregada chea de sucos e estr\u00edas. Imaxino o movemento do glaciar que foi esculpindo o perfil que agora reco\u00f1ezo nun escenario do pasado, dominado polo xeo.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">As mi\u00f1as neuronas, tan afeitas a abstraerse e retroceder mill\u00f3ns de anos para recrear mundos perdidos, l\u00e9vanme a asociar esta paisaxe coas rochas que se exhiben no acuario herculino.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Os icebergs desprendidos do extenso manto de xeo que cubr\u00eda Norteam\u00e9rica na \u00faltima era glacial aboiaban no Atl\u00e1ntico carrexando sedimentos. Unha vez derretido o xeo, os polis\u00f3ns p\u00e9treos recalaban nos fondos mari\u00f1os. O remate da historia ten como protagonistas os mari\u00f1eiros de Muros recollendo de entre o peixe uns convidados de pedra, cometido que seguen a desempe\u00f1ar \u00e1 perfecci\u00f3n dentro do recinto.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Pero esta capacidade de abstracci\u00f3n non \u00e9 condici\u00f3n exclusiva dos xe\u00f3logos. Nin moito menos. As caprichosas figuras da erosi\u00f3n fan aflorar o esp\u00edrito explorador de moita xente. Como investigador, te\u00f1o participado en varias xuntanzas con persoas que dic\u00edan ter feito descubrimentos excepcionais.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Nunha ocasi\u00f3n, alert\u00e1ronnos da aparici\u00f3n dun enorme esqueleto atribu\u00eddo a un r\u00e9ptil f\u00f3sil. Sen d\u00fabida o achado do s\u00e9culo, especulaba a voz ao outro lado do tel\u00e9fono. Falsa alarma. O estado de excitaci\u00f3n e as reservas cara aos investigadores, dificultaban o noso labor pedag\u00f3xico. Pasaba o tempo e o home comezaba a anoxarse namentres n\u00f3s tentabamos administrar unha situaci\u00f3n surrealista, sabedores de termos a batalla perdida. Aquilo non daba para m\u00e1is. A frase lapidaria coa que nos despediu resoa a\u00ednda na mi\u00f1a memoria: A ciencia non \u00e9 quen, polo momento, de demostrar a orixe destas pedras. Erraba, mais sorprendeume a fe cega que aquel paisano profesaba no avance dos co\u00f1ecementos cient\u00edficos. Al\u00ed o deixamos, sachando na leira e distribu\u00edndo con agarimo as calcarias fusiformes -semellantes certamente a v\u00e9rtebras- polo chan do galp\u00f3n, compo\u00f1endo a s\u00faa particular escultura l\u00edtica.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n os rochedos gran\u00edticos ofrecen escenas que dan lugar a singulares interpretaci\u00f3ns. Visualizamos figuras antropomorfas, marabill\u00e1monos ante os espectaculares ocos escavados polos r\u00edos no seu leito, que bautizamos con nomes tan po\u00e9ticos como \u00abmarmitas de xigante\u00bb. Deixamos voar a imaxinaci\u00f3n e, como quen xoga a interpretar a forma das nubes, atopamos a proba definitiva de que os dinosauros conviviron cos antigos poboadores do Castro de Baro\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jose Lires.\u00a0Non cabe d\u00fabida de que os gustos, afecci\u00f3ns ou ocupaci\u00f3ns de cada quen xogan un papel fundamental na percepci\u00f3n do medio que nos rodea. Deste xeito, o arquitecto vibra contemplando a correcta integraci\u00f3n da s\u00faa obra coa contorna, o bi\u00f3logo felic\u00edtase no interior dunha fraga sabedor da importancia coma corredor ecol\u00f3xico que ten no &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4491\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A face engaiolante das rochas<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,41],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4491"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4491"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4491\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4556,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4491\/revisions\/4556"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4491"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4491"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4491"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}