{"id":4549,"date":"2015-11-14T06:00:08","date_gmt":"2015-11-14T06:00:08","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4549"},"modified":"2015-11-12T08:22:35","modified_gmt":"2015-11-12T08:22:35","slug":"papa-non-son-modificable","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4549","title":{"rendered":"Pap\u00e1, non son modificable"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/leonardo-da-vinci.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4551\" alt=\"leonardo da vinci\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/leonardo-da-vinci-171x300.jpg\" width=\"171\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/leonardo-da-vinci-171x300.jpg 171w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/leonardo-da-vinci.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 171px) 100vw, 171px\" \/><\/a>X. Ricado Losada.\u00a0<\/strong><\/em>No \u00faltimo artigo que escribiu Oliver Sacks relata o caso de Walter B., un paciente de 49 anos, que foi sometido a cirurx\u00eda para extraer o centro das convulsi\u00f3ns epil\u00e9pticas que sufr\u00eda no seu l\u00f3bulo temporal dereito. Como consecuencia, sufriu cambios f\u00edsicos e de personalidade moi intensos. Pasou de non ter relaci\u00f3ns \u00edntimas, por exemplo, a desenvolver un apetito sexual insaciable. Como a muller non pod\u00eda satisfacelo, pasaba horas masturb\u00e1ndose, consum\u00eda pornograf\u00eda con frecuencia en internet (mesmo zoof\u00edlica) e acabou descargando pornograf\u00eda infantil, polo que foi detido e xulgado. Varios neur\u00f3logos (entre eles Sacks) testificaron ao seu favor: as reacci\u00f3ns estremas que padec\u00eda foran provocadas polos danos no sistema central de control que sufrira na operaci\u00f3n, e coa medicaci\u00f3n que agora tomaba desapareceran.<!--more--> Non era, xa que logo, un perigo social, tendo en conta, ademais, que nunca tocara a ningu\u00e9n que non fose a s\u00faa propia muller. A\u00ednda as\u00ed a xu\u00edz condenouno a 26 meses de prisi\u00f3n. Consider\u00e1bao culpable por non ter informado antes aos m\u00e9dicos, e por manter un comportamento que, ao soster unha industria criminal, era dani\u00f1o para outras persoas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Supo\u00f1o que vos parecer\u00e1 un caso excepcional, e teredes raz\u00f3n. Pero s\u00f3 en relaci\u00f3n ao presente. Grazas ao avance da tecnolox\u00eda m\u00e9dica, eses casos ser\u00e1n cada vez m\u00e1is habituais, ata converterse en maioritarios. \u00c9 o que pensamos aqueles que cremos que non \u00e9 posible explicar o noso comportamento sen a biolox\u00eda e a neurolox\u00eda. Os xenes non determinan a conduta humana, pero condici\u00f3nana, m\u00e1is al\u00e1 do que hoxe queremos crer. Probablemente nos estea pasando algo parecido ao que lle pasou \u00e1 cultura grega co atomismo de Dem\u00f3crito, \u00e1 medieval co heliocentrismo de Cop\u00e9rnico, e \u00e1 vitoriana co evolucionismo de Darwin e a psican\u00e1lise de Freud. Rexeit\u00e1ronos porque tocan fibras moi sensibles da nosa arrogancia ontol\u00f3xica. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/Determinismo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4552\" alt=\"Determinismo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/Determinismo-300x182.jpg\" width=\"300\" height=\"182\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/Determinismo-300x182.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/Determinismo.jpg 400w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>O caso que conta Sacks \u00e9 similar pois suscita un problema que nos preocupa desde que existimos. Somos libres ou estamos determinados, xa sexa polos deuses, o destino, a sociedade ou os xenes? Antes pod\u00eda parecernos un deses problemas absurdos e est\u00e9riles cos que disfrutan os fil\u00f3sofos, pero casos como o de Walter B. mostran que temos que reflexionar sobre el canto antes. Da resposta que demos depender\u00e1 a inocencia ou a culpabilidade dunha persoa, inclu\u00eddos n\u00f3s mesmos. David Eagleman foi dos primeiros en analizalo, e cre que acabaremos cambiando o concepto de responsabilidade polo de modificabilidade. En vez de preguntar polo pasado (<i>Por que fixo o que fixo Walter B?<\/i>), miraremos cara o futuro e preguntaremos: <i>\u00c9 posible rehabilitar a Walter B.? <\/i>Se \u00e9 posible, rehabilitar\u00e9molo. Se non, deberemos pensar se o c\u00e1rcere modificar\u00e1 o seu comportamento, e no caso de que non, o Estado encargarase del, pero para incapacitalo, non para castigalo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 C\u00f3ntase que un d\u00eda do s\u00e9culo XIII os alumnos de Teolox\u00eda do irm\u00e1n franciscano Giles foron preguntarlle se cr\u00eda no libre albedr\u00edo ou na necesidade. Giles, despois de reflexionar un pouco, colleu o viol\u00edn e comezou a bailar mentres tocaba unha peza absurda e mostraba a m\u00e1is absoluta indiferenza ante aquela pregunta. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/el-libre-albedrio.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-4554\" alt=\"el-libre-albedrio\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/el-libre-albedrio.jpg\" width=\"250\" height=\"246\" \/><\/a>D\u00e1me a impresi\u00f3n que os cultos seres humanos do s\u00e9culo XXI temos a mesma actitude respecto a casos como o de Walter B. e, como sempre, posporemos o debate ata que nos caia masivamente enriba. Eu, de feito, xa tiven un caso parecido, e vivo atemorizado de que m\u00e1is pronto que tarde, me ve\u00f1an moitos m\u00e1is. Despois de explicar o determinismo estoico en clase, un alumno da mi\u00f1a titor\u00eda chegou \u00e1 casa con sete suspensas, e d\u00edxolle ao pai que non pod\u00eda castigalo pois era inocente: o destino determinaba o seu comportamento. O pai, que \u00e9 home comprensivo e tolerante, defensor da liberdade ideol\u00f3xica e relixiosa, quedou desorientado, e veu falar comigo. Non souben que dicirlle. O \u00fanico que se me ocorreu foi aprobar o fillo, a cambio de que non lle contase ao resto dos alumnos aquela coartada determinista que, entre outras cousas, implicaba necesariamente, segundo me dixo o propio alumno, que o profesor de Historia da Filosof\u00eda de 2\u00ba de Bacharelato, \u00e9 dicir, eu, ti\u00f1a que aprobalo pola cara.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricado Losada.\u00a0No \u00faltimo artigo que escribiu Oliver Sacks relata o caso de Walter B., un paciente de 49 anos, que foi sometido a cirurx\u00eda para extraer o centro das convulsi\u00f3ns epil\u00e9pticas que sufr\u00eda no seu l\u00f3bulo temporal dereito. Como consecuencia, sufriu cambios f\u00edsicos e de personalidade moi intensos. Pasou de non ter relaci\u00f3ns \u00edntimas, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4549\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Pap\u00e1, non son modificable<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4549"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4549"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4549\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4555,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4549\/revisions\/4555"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4549"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4549"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4549"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}