{"id":4617,"date":"2015-11-27T06:00:18","date_gmt":"2015-11-27T06:00:18","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4617"},"modified":"2015-11-22T13:36:46","modified_gmt":"2015-11-22T13:36:46","slug":"fontan-iii-a-sua-magna-obra-a-carta-xeometrica-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4617","title":{"rendered":"Font\u00e1n (III), a s\u00faa magna obra: a Carta Xeom\u00e9trica de Galicia"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-4618 alignleft\" alt=\"3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/3-300x248.jpg\" width=\"300\" height=\"248\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/3-300x248.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/3-900x745.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/3.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Pedro Garc\u00eda Vidal. <\/strong><\/em>Domingo Font\u00e1n, xe\u00f3grafo e matem\u00e1tico, pasou \u00e1 historia por ser o autor do primeiro mapa realizado con rigor cient\u00edfico en Espa\u00f1a. Concibiu Font\u00e1n a xigantesca idea de realizar un mapa de Galicia levantando o plano xeod\u00e9sico do pa\u00eds; establecendo v\u00e9rtices e medindo \u00e1ngulos e alturas; determinando a situaci\u00f3n exacta de lugares, r\u00edos, vales e monta\u00f1as para entregarnos a que modestamente denomina \u201cCarta Xeom\u00e9trica\u201d, monumento \u00e1 entrega<!--more-->, esforzo e teimos\u00eda, tanto polo atraso en que se atopaban os co\u00f1ecementos de topograf\u00eda nesta terra, como polas deficientes comunicaci\u00f3ns e falta de medios econ\u00f3micos con que contaba. Para iso, movido por un \u00edntimo amor \u00e1 terra e \u00e1 ciencia, cami\u00f1ou durante 17 anos pola movida topograf\u00eda galega sub\u00edndose a cadans\u00faa das s\u00faas monta\u00f1as e outeiros para alumear unha obra dunha importancia e calidade excepcionais que situou a Galicia na vangarda xeogr\u00e1fica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A <i>Carta Xeom\u00e9trica de Galicia<\/i>, a grandiosa obra de Domingo Font\u00e1n impresa en Par\u00eds no ano 1845, \u00e9 un mapa f\u00edsico que pola fidedigna representaci\u00f3n cartogr\u00e1fica do territorio galego, deu en chamarse \u201co rostro do pa\u00eds\u201d. A s\u00faa importancia radica en que foi o primeiro mapa topogr\u00e1fico feito con m\u00e9todos cient\u00edficos e medici\u00f3ns matem\u00e1ticas. O complicado levantamento da enrugada fisiograf\u00eda de Galicia mediante precisas medici\u00f3ns sobre o terreo foi un labor sen precedentes. Ata ent\u00f3n os cart\u00f3grafos fac\u00edan os seus mapas, na maior\u00eda dos casos, base\u00e1ndose noutros, sen medidas reais e con frecuencia sostidos en meras descrici\u00f3ns, dando lugar a unha xeograf\u00eda de gabinete que perpetuaba os erros por d\u00e9cadas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Font\u00e1n, convencido de que a soluci\u00f3n aos problemas de desenvolvemento de Galicia, especialmente os problemas de comunicaci\u00f3ns, precisaban da existencia dun bo mapa do territorio, dun soporte cartogr\u00e1fico rigoroso como base imprescindible de referencia de todos aqueles feitos socioecon\u00f3micos localizables espacialmente, consagrou os seus aforros, sa\u00fade e tarefas cient\u00edficas durante 17 anos, \u00e1 elaboraci\u00f3n da Carta (1817-1834). <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/fontan4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4625\" alt=\"fontan4\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/fontan4-300x166.jpg\" width=\"300\" height=\"166\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/fontan4-300x166.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/fontan4.jpg 766w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Para a realizaci\u00f3n desta inxente obra, o xe\u00f3grafo de Portas vai aproveitar os avances cient\u00edficos as\u00ed como os instrumentos de medida m\u00e1is novidosos do momento en Europa, co que vai situar a cartograf\u00eda galega \u00e1 vangarda do mundo. Novidoso foi o tecido dunha malla triangular sobre o territorio con v\u00e9rtices nos cumes de montes e outeiros, un universo de rectas e \u00e1ngulos referenciados a un \u201cpunto cero\u201d colocado na Torre do Reloxo da Catedral de Santiago, dos que logo de complicados c\u00e1lculos xurdir\u00eda a imaxe m\u00e1is perfecta de Galicia co\u00f1ecida ata ent\u00f3n. Novidoso foi tam\u00e9n a forma de representar o relevo mediante a utilizaci\u00f3n de pequenos trazos en direcci\u00f3n da m\u00e1xima pendente que proporcionan unha sensaci\u00f3n de profundidade. A maior\u00eda das alturas dos cumes montes\u00edos calcul\u00e1ronse co emprego do bar\u00f3metro, fix\u00e1ndoas curiosamente sobre o nivel do mar en Noia, pois aqu\u00ed o seu irm\u00e1n Andr\u00e9s, veci\u00f1o da vila, en horas prefixadas encarg\u00e1base de anotar a presi\u00f3n e temperatura \u00e1 par que Font\u00e1n o fac\u00eda nos puntos que quer\u00eda medir. Igualmente salientable foi a escala elixida para a Carta. \u201cLevantada y constru\u00edda en la escala del cenmil\u00e9simo\u201d (1:100000) supuxo o feito transcendental da introduci\u00f3n do sistema m\u00e9trico decimal. A decisi\u00f3n de usar o metro como unidade de medida foi un feito precursor pois esta medida de lonxitude non ser\u00e1 oficializada en Espa\u00f1a ata 32 anos despois cando se proceda \u00e1 unificaci\u00f3n de pesas e medidas. En definitiva, pode considerarse que a obra cartogr\u00e1fica de Font\u00e1n sup\u00f3n a introduci\u00f3n e desenvolvemento de t\u00e9cnicas e m\u00e9todos que conducen desde ent\u00f3n \u00e1 cartograf\u00eda pola v\u00eda do cientifismo para conseguir o primeiro mapa realizado en Espa\u00f1a con rigor cient\u00edfico mediante m\u00e9todos matem\u00e1ticos. O resto do territorio espa\u00f1ol non tivo nada semellante ata 130 anos despois.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A carta de Font\u00e1n, a mellor radiograf\u00eda dun territorio durante o s\u00e9culo XIX, ser\u00e1 a base cartogr\u00e1fica durante cen anos de t\u00f3dolos proxectos que te\u00f1an relaci\u00f3n co espazo galego. Soamente logo do levantamento das follas do Mapa Topogr\u00e1fico Nacional a escala 1:50000 correspondentes ao territorio de Galicia nos anos corenta do pasado s\u00e9culo, vai verse mellorada a obra do ilustre xe\u00f3grafo, e o seu grao de detalle s\u00f3 foi superado pola nova cartograf\u00eda feita por sat\u00e9lite. Pero o seu poder evocador, que cativou a Cunqueiro ou Otero Pedrayo, e provocou b\u00e1goas de ledicia entre a di\u00e1spora de Bos Aires que veu no preciso mapa un \u201crecordo feito corpo\u201d, nunca ser\u00e1 superado pola moderna cartograf\u00eda dixital, posuidora da perfecci\u00f3n pero carente da alma e o alento da terra.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pedro Garc\u00eda Vidal. Domingo Font\u00e1n, xe\u00f3grafo e matem\u00e1tico, pasou \u00e1 historia por ser o autor do primeiro mapa realizado con rigor cient\u00edfico en Espa\u00f1a. Concibiu Font\u00e1n a xigantesca idea de realizar un mapa de Galicia levantando o plano xeod\u00e9sico do pa\u00eds; establecendo v\u00e9rtices e medindo \u00e1ngulos e alturas; determinando a situaci\u00f3n exacta de lugares, r\u00edos, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4617\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Font\u00e1n (III), a s\u00faa magna obra: a Carta Xeom\u00e9trica de Galicia<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,7,9,34],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4617"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4617"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4617\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4636,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4617\/revisions\/4636"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4617"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4617"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4617"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}