{"id":4637,"date":"2015-11-28T06:00:22","date_gmt":"2015-11-28T06:00:22","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4637"},"modified":"2015-11-23T22:48:56","modified_gmt":"2015-11-23T22:48:56","slug":"einstein-e-o-vello-poincare","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4637","title":{"rendered":"Einstein e o vello Poincar\u00e9"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/einstein.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4639\" alt=\"einstein\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/einstein-225x300.jpg\" width=\"225\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/einstein-225x300.jpg 225w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/einstein-770x1024.jpg 770w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/einstein-900x1195.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/einstein.jpg 1375w\" sizes=\"(max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Hai cen anos, un mes de novembro de 1915, Albert Einstein (\u00dclm, Alemania, 14\/3\/1879, Princeton, USA, 18\/4\/1955) presentou a Teor\u00eda Xeral da Relatividade no transcurso dunha conferencia que ditou na Academia Prusiana da Ciencia. A\u00ednda que non son f\u00edsico nin matem\u00e1tico, por este motivo un quixera renderlle ao egrexio cient\u00edfico unha humilde homenaxe. S\u00f3 pretendo dar unhas poucas referencias sobre este xenial f\u00edsico xudeu, un dos m\u00e1is eminentes do s\u00e9culo pasado, e que coincidiu cunha ampla constelaci\u00f3n de incompar\u00e1beis qu\u00edmicos, f\u00edsicos coma el, matem\u00e1ticos e mesmo fil\u00f3sofos e artistas.<!--more--> O noso tributo vai relacionado cun matem\u00e1tico descomunal, tanto que nos legou unha conxectura que s\u00f3 o ruso Grigory Perelman, sobre o que un d\u00eda prometemos falar, resolveu hai uns nove anos: o paradoxo de Henri Poincar\u00e9 (Nancy, 29\/4\/1854, Par\u00eds, 17\/7\/1912).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que a topolox\u00eda do s\u00e9culo pasado naceu con Poincar\u00e9, e a\u00ednda que este subli\u00f1ou a s\u00faa importancia, as s\u00faas investigaci\u00f3ns neste eido conforman s\u00f3 unha pequena parte no conxunto da s\u00faa obra. De feito, interveu nalg\u00fans dos outros grandes avances cient\u00edficos da \u00e9poca. Debido ao seu interese na f\u00edsica matem\u00e1tica e na mec\u00e1nica celeste, ti\u00f1a meditado profundamente sobre a natureza do tempo.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/HENRI-POINCAR\u00c9-img-destacada-.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4641\" alt=\"HENRI-POINCAR\u00c9-img-destacada-\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/HENRI-POINCAR\u00c9-img-destacada--300x93.jpg\" width=\"300\" height=\"93\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/HENRI-POINCAR\u00c9-img-destacada--300x93.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/HENRI-POINCAR\u00c9-img-destacada-.jpg 580w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> E dedicouse con intensidade a desentra\u00f1ar as consecuencias de experimentos que parec\u00edan suxerir que as distancias se contra\u00edan na direcci\u00f3n do movemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En 1905, Albert Einstein, que ocupaba un escuro posto de empregado na oficina de patentes de Su\u00edza, a s\u00faa segunda nacionalidade, irrompeu na escena cient\u00edfica con catro artigos maxistrais. En 1909 xa era reco\u00f1ecido coma un pensador da magnitude de Poincar\u00e9. Estes dous homes s\u00f3 coincidiron unha vez: nunha conferencia celebrada en 1911 en Solvay (B\u00e9lxica). Poincar\u00e9 ti\u00f1a unha boa opini\u00f3n de Einstein, mentres que este consideraba o franc\u00e9s como un membro da vella garda reaccionaria, a\u00ednda apegada a noci\u00f3ns xa completamente in\u00fatiles.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 neste ano cando se deu a co\u00f1ecer a teor\u00eda da relatividade especial. Como a topolox\u00eda, esta inaugurou amplas v\u00edas de entrada na conciencia cient\u00edfica da \u00e9poca. O principio clave de que as leis da f\u00edsica deben ser iguais para un observador que se move \u00e1 velocidade constante en relaci\u00f3n con outro tivo enormes consecuencias, entre elas, que a materia e a enerx\u00eda eran manifestaci\u00f3ns do mesmo fen\u00f3meno, que o espazo e o tempo estaban relacionados, contra\u00e9ndose o primeiro e dilat\u00e1ndose o segundo a velocidades moi elevadas. Probabelmente foi Poincar\u00e9 o primeiro en unir o espazo e o tempo nun obxecto matem\u00e1tico que se deu en chamar \u201cespazo-tempo\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/minkowski.p.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4642\" alt=\"minkowski.p\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/minkowski.p-269x300.jpg\" width=\"269\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/minkowski.p-269x300.jpg 269w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/minkowski.p.jpg 404w\" sizes=\"(max-width: 269px) 100vw, 269px\" \/><\/a>Herman Minkowski (Gotinga) demostrou que a obra de Lorentz, Poincar\u00e9 e Einstein pod\u00eda entenderse mellor en termos dunha nova xeometr\u00eda non euclidiana do espazo-tempo. A\u00ednda que se amosou esc\u00e9ptico nun principio, sobre o 1912 Einstein volveuse m\u00e1is receptivo ao expo\u00f1erse \u00e1 xeneralizaci\u00f3n da relatividade especial ao contexto no que os observadores se desprazan un en relaci\u00f3n co outro con calquera clase de movemento, en particular o acelerado Ao final descubriu que as leis xerais da f\u00edsica pod\u00edan enmarcarse nunha xeometr\u00eda riemanniana do espazo-tempo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Primeira Guerra Mundial causou estragos en todos os eidos. As comunidades cient\u00edfica e matem\u00e1tica tampouco se libraron. Mais non todo se perdeu. A vida do esp\u00edrito nunca se para, por moi atronadores que sexan os can\u00f3ns. Xusto antes da confrontaci\u00f3n, Einstein deixou Z\u00fcrich e marchou para Berl\u00edn. Para espallar a relatividade a contextos onde os marcos de referencia est\u00e1n acelerados uns respecto dos outros, Einstein necesitaba unha linguaxe matem\u00e1tica que permitise conxuntos de transformaci\u00f3ns moi xerais. Coa axuda de Marcel Grossman, un matem\u00e1tico amigo seu que traballara con el en Su\u00edza, comprobou que o formalismo de Riemann se axustaba coma unha luva aos principios f\u00edsicos que estaba desvelando: permit\u00eda variar a curva e a xeometr\u00eda de punto a punto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/grosmann.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4644\" alt=\"grosmann\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/grosmann-173x300.png\" width=\"173\" height=\"300\" \/><\/a>Na teor\u00eda xeral de Einstein, as forzas debidas \u00e1 aceleraci\u00f3n son indistingu\u00edbeis das gravitatorias. A aceleraci\u00f3n sempre \u00e9 relativa a algo, e as forzas debidas \u00e1 aceleraci\u00f3n e a gravidade son equivalentes. En 1915, mentres miles de milleiros de mozos morr\u00edan nas trincheiras, Einstein xa ti\u00f1a a teor\u00eda xeral, unha teor\u00eda que conformar\u00eda a visi\u00f3n do mundo das xeraci\u00f3ns vindeiras. A teor\u00eda causou furor. Catro anos despois era unha celebridade mundial. A s\u00faa obra estimulou o desenvolvemento da xeometr\u00eda riemanniana, a\u00ednda que isto non afectou directamente a topolox\u00eda. As ecuaci\u00f3ns da relatividade xeral eran ecuaci\u00f3ns diferenciais que se aplicaban a rexi\u00f3ns pequenas do espazo-tempo. A topolox\u00eda, en cambio, aplic\u00e1base \u00e1 estrutura a gran escala do espazo (e do espazo-tempo). Ningu\u00e9n so\u00f1aba que puidese haber unha conexi\u00f3n entre a conxectura de Poincar\u00e9 e a relatividade xeral.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Hai cen anos, un mes de novembro de 1915, Albert Einstein (\u00dclm, Alemania, 14\/3\/1879, Princeton, USA, 18\/4\/1955) presentou a Teor\u00eda Xeral da Relatividade no transcurso dunha conferencia que ditou na Academia Prusiana da Ciencia. A\u00ednda que non son f\u00edsico nin matem\u00e1tico, por este motivo un quixera renderlle ao egrexio cient\u00edfico unha humilde homenaxe. S\u00f3 &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4637\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Einstein e o vello Poincar\u00e9<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,7,18],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4637"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4637"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4637\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4645,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4637\/revisions\/4645"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4637"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4637"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4637"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}