{"id":4676,"date":"2015-12-12T06:00:44","date_gmt":"2015-12-12T06:00:44","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4676"},"modified":"2015-12-06T18:20:17","modified_gmt":"2015-12-06T18:20:17","slug":"o-arando","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4676","title":{"rendered":"O arando"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/arando.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-4678 alignright\" alt=\"arando\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/arando-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/arando-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/arando.jpg 887w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Agust\u00edn Agra.\u00a0<\/strong><\/em>O merlo pousou o seu corpo lene sobre a p\u00f3la dunha arandeira, virou a cabeza cara aos lados cun xesto nervioso como tratando de asegurarse de que ning\u00fan perigo andaba a asexalo, ficou quedo por un intre, alcanzou co peteiro un dos froitos do arbusto, e deu conta del, apenas un segundo antes de remontar o voo outra volta. <!--more-->Ao pouco, cando esmoreceu a tarde e demos por rematada aquela pracenteira excursi\u00f3n, embarcamos de novo na pequena motora para dirixirnos r\u00edo abaixo. Naquel intre, o merlo sobrevoaba o r\u00edo e, sorprendido ante a nosa presenza, un pequeno espasmo sacudiu o seu ventre; daquela, nun acto que considerarei reflexo, ceibou sobre n\u00f3s un pequeno agasallo.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Navegamos a car\u00f3n dos canavais e as xunqueiras, abrigadoiro de seres anfibios, a\u00e9reos e acu\u00e1ticos. Escoitamos o asub\u00edo do mazarico curl\u00ed; mais non alcanzamos a velo, agochadas as s\u00faas pencas tras os freixos e ameneiros do bosque de ribeira. As garzas mir\u00e1ronos de esguello espreitando o noso paso. Os corvos mari\u00f1os estenderon ao sol as s\u00faas \u00e1s, indiferentes \u00e1s nosas miradas, empolicados sobre as penas que emerx\u00edan nas orelas lamacentas. Algunha lontra ollounos medorenta por entre os talos das espadanas. Os pescadores de cana e os rapaces que adestraban coas piraguas continuaron ao seu; e n\u00f3s ao noso. Logo, unha vez que a embarcaci\u00f3n atracou no peirao do que partiramos \u00e1 ma\u00f1\u00e1, desped\u00edmonos dos amigos cos que partillaramos aquela gozosa xornada estival e collemos cami\u00f1o cara \u00e1 casa.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Non foi ata m\u00e1is tarde, co sol a alumear as s\u00faas raiolas derradeiras, ao dirixirme \u00e1 terraza disposto a baleirar a mochila do seu contido, cando me atopei cos restos da baga adobiados coa deposici\u00f3n do merlo. A\u00ednda sendo doado intu\u00edr de que xeito chegara ata al\u00ed, non pod\u00eda saber quen fora o respons\u00e1bel do estrago. Limpei o m\u00e1is groso coa axuda dunha pinza de tender a roupa e botei a bolsa a lavar. Mais a pinza luxada deixeina sobre un dos testos con terra que agardaban polo tempo da sementeira, e esquecina. A semente quedou al\u00ed, pousada no lugar axeitado, \u00e1 espera de que a natureza fixese o seu traballo. Como culpar o inverno de suceder o outono?<\/p>\n<p itemprop=\"text\">Unha arbori\u00f1a<\/p>\n<p itemprop=\"text\">Malia ser xa primavera, non era aquela unha ma\u00f1\u00e1 luminosa. Coido que por fin escampara despois de varios d\u00edas chuvi\u00f1osos, mais as nubes a\u00ednda toldaban o ceo. Mam\u00e1 sa\u00edu \u00e1 terraza ao escoitar o canto de reclamo dun chasch\u00e1s, ollou cara \u00e1 horta e, na s\u00faa busca, escudri\u00f1ou entre as fendas do muro de pedra onde os rabirrubios adoitan ani\u00f1ar cada ano. Logo, contou que, ao apartar unhas macetas, algo chamou pola s\u00faa atenci\u00f3n. Foi daquela cando viu a arbori\u00f1a; apenas unha p\u00f3la e catro follas, m\u00e1is nada. Pero a t\u00faa nai sempre dixo que sentiu como se unha luzada a alcanzase de s\u00fapeto, que ante aquela visi\u00f3n algo cambiou no seu interior.<\/p>\n<p itemprop=\"text\">Nunca soubemos con seguranza, a pesar de todas as conxecturas que fixemos, de onde proced\u00eda aquel abrocho que despois, durante tantos anos, coidamos con esmero ata se converter nun exemplar vizoso. Xa ves, rapaz, que os teus pais desco\u00f1ecen moitas cousas deste mundo; mais o que si saben con certeza \u00e9 que foi ent\u00f3n, ante o gromo do arando, cando decidimos terte.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Agust\u00edn Agra.\u00a0O merlo pousou o seu corpo lene sobre a p\u00f3la dunha arandeira, virou a cabeza cara aos lados cun xesto nervioso como tratando de asegurarse de que ning\u00fan perigo andaba a asexalo, ficou quedo por un intre, alcanzou co peteiro un dos froitos do arbusto, e deu conta del, apenas un segundo antes de &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4676\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O arando<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[23,39,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4676"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4676"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4676\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4732,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4676\/revisions\/4732"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4676"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4676"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4676"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}