{"id":4680,"date":"2015-12-11T06:00:34","date_gmt":"2015-12-11T06:00:34","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4680"},"modified":"2015-12-06T18:19:16","modified_gmt":"2015-12-06T18:19:16","slug":"corpos-e-cor-de-veiras-manteiga","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4680","title":{"rendered":"Corpos e cor, de Veiras Manteiga"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/corpos.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-4682 alignleft\" alt=\"corpos\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/corpos-300x196.jpg\" width=\"300\" height=\"196\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/corpos-300x196.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/corpos-900x590.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/corpos.jpg 980w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>Dic\u00eda, hai xa tempo, que Veiras Manteiga \u00e9 un autor paradigm\u00e1tico, un autor que gusta do anovar, un autor que ofrece unha sorte de eclecticismo da arte, ao tratar de xeito pict\u00f3rico temas coma o teatro, a danza ou a m\u00fasica. Falabamos, hai poucas semanas, da sala de exposici\u00f3ns do Liceo de Noia coma paradigma da acci\u00f3n cultural na bisbarra. <!--more-->Velaqu\u00ed, desta volta, os dous xuntos nunha exposici\u00f3n que pivota tam\u00e9n ao redor deses dous paradigmas m\u00e1ximos da forma e da luz: corpo e cor.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">A cor \u00e9 un efecto da luz sobre os corpos. Iso di a teor\u00eda cient\u00edfica. Xos\u00e9 Lu\u00eds Veiras Manteiga semella facerlle unha sorte de chiscadela ao principio, para chegar a unha nova lectura -visual, t\u00e1ctil, emocional- do corpo. Quizais para poder chegar a ler o corpo coma un signo da luz, o que me trouxo \u00e1 memoria un interesante ensaio de J. E. Finol, O corpo coma signo, que comezaba coa contundente frase: o corpo \u00e9 o noso capital simb\u00f3lico, que tam\u00e9n interesaba a cor coma un dos elementos esenciais da s\u00faa sem\u00e1ntica, e que me serve para detectar o pulso intelectual na pintura de Veiras Manteiga.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">O tema \u00e9 o corpo feminino. O eterno feminino. O de Jung, m\u00e1is ca o de Goethe. E, como adoitan facer os pintores, Veiras tam\u00e9n acode \u00e1 reletura da obra dos seus predecesores para concitala na s\u00faa visi\u00f3n. As Majas co recordo de Goya, a Ba\u00f1ista ou a Lectora, con reminiscencias de Ingres, algo de Casas, Renoir, Degas, Matisse, Tiziano, incluso de Boucher (un erotismo pola insinuaci\u00f3n e a complicidade que coido que est\u00e1 tam\u00e9n no sentido conxunto da colecci\u00f3n), ou algo de Matisse sen ser Matisse, na vivacidade, no cromatismo, na escenograf\u00eda, na sintetizaci\u00f3n, mesmo na alegr\u00eda, ou todo iso xunto sendo xa Veiras Manteiga.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Coido que o propio t\u00edtulo \u00e9 expresi\u00f3n suficiente, mais esa conxunci\u00f3n que une\/separa os dous conceptos quizais solape algo o feito de que Veiras o que quere \u00e9 darnos a idea do todo. Que Veiras non exerce un mero divertimento cos dous elementos da escolla, sen\u00f3n que conxuga d\u00faas ideas. O corpo coma reduto do visible (a cor) e a cor coma veh\u00edculo do signo ou do drama do corpo. A cor coma unha dispersi\u00f3n do corpo ou o corpo coma unha gravitaci\u00f3n da cor. Ir \u00e1 aura ou ao espectro envolvente dunha cor que \u00e9 tam\u00e9n corpo.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Carl Gustav Jung alud\u00eda a aquel eterno feminino que crea un v\u00ednculo entre a consciencia do eu e o inconsciente colectivo, \u00e1 figura feminina sempre presente nos so\u00f1os, no subliminar da realidade ou na fantas\u00eda. Nunha co\u00f1ecida publicaci\u00f3n cient\u00edfica liamos aquilo de que so\u00f1amos en escala de grises, non en cores. Pois ben, ollando a exposici\u00f3n dei en matinar que Veiras Manteiga, o que veu facer, \u00e9 esa mesma simbiose dun xeito instintivo, engaiolante, maxistral, mudando de cor o so\u00f1o do eterno feminino para dicirnos: vela\u00ed a arte.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0Dic\u00eda, hai xa tempo, que Veiras Manteiga \u00e9 un autor paradigm\u00e1tico, un autor que gusta do anovar, un autor que ofrece unha sorte de eclecticismo da arte, ao tratar de xeito pict\u00f3rico temas coma o teatro, a danza ou a m\u00fasica. Falabamos, hai poucas semanas, da sala de exposici\u00f3ns do Liceo de Noia coma &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4680\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Corpos e cor, de Veiras Manteiga<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,4,7],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4680"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4680"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4680\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4731,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4680\/revisions\/4731"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4680"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4680"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4680"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}