{"id":4698,"date":"2015-12-02T06:00:48","date_gmt":"2015-12-02T06:00:48","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4698"},"modified":"2015-11-29T14:56:49","modified_gmt":"2015-11-29T14:56:49","slug":"os-elefantes-de-sokurov-de-anton-riveiro-coello-2","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4698","title":{"rendered":"Os elefantes de Sok\u00farov, de Ant\u00f3n Riveiro Coello"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/Elefantesconcapa.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4706\" alt=\"Elefantesconcapa\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/Elefantesconcapa-173x300.jpg\" width=\"173\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/Elefantesconcapa-173x300.jpg 173w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/Elefantesconcapa.jpg 476w\" sizes=\"(max-width: 173px) 100vw, 173px\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>O inicio da lectura deste novo libro de Ant\u00f3n Riveiro Coello supuxo para min unha agradabil\u00edsima sorpresa pola presenza do espazo compostel\u00e1n, m\u00e1is que coma escenario, coma berce espiritual e colectivo, ou sexa, unha sorte de espazo fundador do ser que, no decurso, me trouxo esencias daquela Roma de Greenaway, no <i>Ventre do arquitecto<\/i> (\u2026<i>cantos m\u00e1is edificios visito, cantas m\u00e1is r\u00faas paseo, m\u00e1is preto creo estar dos seus segredos e maior \u00e9 a sensaci\u00f3n de habitar o seu espazo intemporal<\/i>\u2026). Tam\u00e9n polo xiro co que Ant\u00f3n se decidiu aqu\u00ed a tratar literariamente a memoria, esa viaxe que cada quen se relata a si mesmo ou a outros, e que non deixa de se revelar, na t\u00e9cnica de Ant\u00f3n, coma un dos mellores recursos para a suspensi\u00f3n da incredulidade.<!--more--> Un texto memor\u00edstico, malia ser ficci\u00f3n, ten sempre algo ver\u00eddico, plausible, real. Unha realidade asequible. Ant\u00f3n Riveiro Coello tense demostrado un mestre niso. T\u00e9\u00f1oo escoitado en m\u00e1is dunha ocasi\u00f3n pronunciar a palabra memoria para cualificala coma supercondutor literario.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Janis, unha moza cun traballo provisional debido \u00e1s circunstancias da crise, chega a unha encrucillada psicol\u00f3xica da s\u00faa vida, localizada arredor do tri\u00e1ngulo da Praza de Cervantes, a Praza Roxa e o antigo Pombal; incluso, se apuramos, arredor dunha mesa da cafetar\u00eda A Gramola (Praza de Cervantes). Ese \u00e9 o punto que vai concitar no seu \u201cagora\u201d (o tempo da novela) dous sentimentos: un cara ao pasado, para pescudar nos graves feitos que determinaron quen \u00e9; e outro cara ao futuro, a trav\u00e9s da expectativa do amor que atopa no desco\u00f1ecido que est\u00e1 sentado nunha mesa preto da s\u00faa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/foto-Lorena-pequena.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4538\" alt=\"foto Lorena pequena\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/foto-Lorena-pequena-231x300.jpg\" width=\"231\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/foto-Lorena-pequena-231x300.jpg 231w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/foto-Lorena-pequena-789x1024.jpg 789w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/foto-Lorena-pequena-900x1167.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/11\/foto-Lorena-pequena.jpg 1632w\" sizes=\"(max-width: 231px) 100vw, 231px\" \/><\/a>A indubidable habelencia que ten Ant\u00f3n Riveiro para facer asequible, case coma parte da cotiandade, calquera sensaci\u00f3n novelada, calquera espazo, calquera acontecemento, descrici\u00f3n, intre hist\u00f3rico ou circunstancia extraordinaria, resulta aqu\u00ed novamente esclarecida polo manexo dun tema dos considerados coma de \u201cinacci\u00f3n\u201d cun ritmo tan el\u00e1stico, tan adaptable aos momentos do relato, que chega deleitosamente a embriagar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un segundo aspecto de prezo \u00e9 o xeito co que Ant\u00f3n constr\u00fae (deixa que se constr\u00faan) os personaxes. Constantino, Nela, Janis, Cristina, Roberto, mesmo a nai morta, falan reflectindo nos demais -en todo o demais- imaxes de si mesmos, coma nunha sorte de autorretratos proxectados e emocionais. Nin que dicir ten que, deste xeito, a novela ten tam\u00e9n a cualidade de ser un mosaico psicol\u00f3xico, un mosaico das paisaxes interiores co que se van trazando o argumento, a historia de fondo, a cidade e a pingadela de circunstancias da nosa sociedade actual, moi aca\u00edda ao asunto, e que non vou enumerar por non afastar a reflexi\u00f3n do que ao lector lle interesa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed, a novela est\u00e1 estruturada en catro partes principais, das que primeira ser\u00eda a construci\u00f3n do personaxe de Janis, a trav\u00e9s dos personaxes dos maiores (memoria simbolizada) aos que coida. Par\u00e9ceme precisamente a multifocalidade desta parte o mellor exemplo desta construci\u00f3n en espello. Riveiro utiliza habilmente a t\u00e9cnica indirecta de nos revelar os matices, as inclinaci\u00f3ns, o car\u00e1cter e ata o modelado memor\u00edstico de Janis a traves do que se reflicte nas anci\u00e1s, en Constantino e ata na cadeira baleira que este deixa na cafatar\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/Gramola.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4704\" alt=\"Gramola\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/Gramola-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/Gramola-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/Gramola-900x675.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/Gramola.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Na segunda parte, a novela evoluciona sobre a construci\u00f3n do personaxe de Constantino a trav\u00e9s dos espazos e sensaci\u00f3ns da cidade de Santiago dende dous puntos de vista, o seu car\u00e1cter ic\u00f3nico-hist\u00f3rico e a s\u00faa tra\u00edda ao folio que escribe sobre o tapete da cafetar\u00eda A Gramola, onde tam\u00e9n comeza esa historia -tenra, erotizada, pasional- de atracci\u00f3n mutua.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na \u00faltima parte, a cuarta (deixo a terceira para o remate) Ant\u00f3n devolve o protagonismo a eses dous personaxes principais, para nos conducir cara a unha resoluci\u00f3n \u00e1 que o lector se sinte impelido, abocado, e que deixa unha reflexi\u00f3n coa que Riveiro semella completar o libro tam\u00e9n coma de obra de introspecci\u00f3n: unha reflexi\u00f3n sobre o algo que cada quen pode ter de orfo da realidade ou da verdade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero, sobre todo, dir\u00eda eu que \u00e9 na terceira parte, arredor dunha cea de Noiteboa, onde c\u00f3mpre destacar a clave narrativa de todo o libro, disfrazada baixo esa axilidade da conduci\u00f3n (flu\u00edda, sen omisi\u00f3ns, ben artellada, procurada para o gran lector) que Ant\u00f3n adoita preferir e practicar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/marcapaxinas-elefantes.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4703\" alt=\"marcapaxinas-elefantes\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/marcapaxinas-elefantes-71x300.jpg\" width=\"71\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/marcapaxinas-elefantes-71x300.jpg 71w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/marcapaxinas-elefantes-243x1024.jpg 243w\" sizes=\"(max-width: 71px) 100vw, 71px\" \/><\/a>A\u00ed \u00e9 onde se percibe mellor esa presenza de varias voces que ve\u00f1en dar ao lector os datos necesarios para entender e se posicionar diante do drama de Janis. A aparencia de sinxeleza da historia, algo s\u00f3 posible en traxectorias da solvencia de Ant\u00f3n Riveiro, non oculta o feito de atop\u00e1rmonos diante das dificultades que sempre entra\u00f1a un esquema de perspectiva m\u00faltiple, de intercambio de voces narrativas. O escritor ten que cadrar eses rexistros nuns m\u00ednimos de soldaxe, de coherencia, e poucas veces, ao meu modo de ver, \u00e9 tan fermosamente utilizado o recurso coma aqu\u00ed. Son as distintas voces dos personaxes as que contan-xogan nesa dial\u00e9ctica maior -coma de frases longas- dun drama no que o lector se atopar\u00e1 mergullado, envolvido e tam\u00e9n protagonista. Ant\u00f3n pecha o c\u00edrculo, coa cualificaci\u00f3n de dez, sen sacrificar ningunha desas voces.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os elefantes de Sok\u00farov chega coma unha novela para todo tempo, para o lector de pracer, de lecer e de co\u00f1ecer. Os elefantes de Sok\u00farov chega para gustar e ocupar un lugar senlleiro no andel literario de quen \u00e9 xa un dos autores de m\u00e1xima referencia da literatura galega.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0O inicio da lectura deste novo libro de Ant\u00f3n Riveiro Coello supuxo para min unha agradabil\u00edsima sorpresa pola presenza do espazo compostel\u00e1n, m\u00e1is que coma escenario, coma berce espiritual e colectivo, ou sexa, unha sorte de espazo fundador do ser que, no decurso, me trouxo esencias daquela Roma de Greenaway, no Ventre do arquitecto &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4698\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Os elefantes de Sok\u00farov, de Ant\u00f3n Riveiro Coello<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4698"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4698"}],"version-history":[{"count":6,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4698\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4708,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4698\/revisions\/4708"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4698"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4698"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4698"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}