{"id":4711,"date":"2015-12-04T06:00:10","date_gmt":"2015-12-04T06:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4711"},"modified":"2015-12-01T22:53:05","modified_gmt":"2015-12-01T22:53:05","slug":"xoguetes-do-tempo-de-x-l-franco-grande","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4711","title":{"rendered":"Xoguetes do tempo, de X.L. Franco Grande"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/portada.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4724\" alt=\"portada\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/portada-172x300.jpg\" width=\"172\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/portada-172x300.jpg 172w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/portada.jpg 367w\" sizes=\"(max-width: 172px) 100vw, 172px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>O poemario de X.L.Franco Grande <i>Xoguetes do tempo<\/i> comeza cunha cita de Ovidio: \u201cTempus edax rerum\u201d. Unha cita que xa nos d\u00e1 dous indicios importantes sobre o libro. Primeiro, o tema: unha persoa a piques de cumprir 80 anos reflexiona sobre a morte. Segundo, o ton e o clima: puro clasicismo. Porque a\u00ednda que Franco Grande co\u00f1ece e utiliza con rigor e audacia t\u00e9cnicas po\u00e9ticas do s\u00e9culo XX, non renuncia \u00e1 mellor calidade da poes\u00eda grecolatina: respectar a linguaxe como unha arma de comunicaci\u00f3n e precisi\u00f3n, de busca da verdade que se quere expresar e compartir. Nin espaventos nin manierismos nin met\u00e1foras e imaxes sorprendentes. Franco Grande pref\u00edreas gastadas, pero, a\u00ednda as\u00ed (o que s\u00f3 os grandes poetas poden conseguir), fainas brillar. <!--more-->A vida \u00e9 unha ladeira que subimos (da nenez \u00e1 madurez) e outra que baixamos (da madurez \u00e1 vellez). Os anos finais son os \u00faltimos chanzos dunha escaleira. A morte \u00e9 a fin dunha viaxe e o vello un viaxeiro que agarda coa equipaxe.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero este libro \u00e9, ao mesmo tempo, un pequeno tratado de filosof\u00eda que, en moitos casos, me recordou alg\u00fans dos textos m\u00e1is fermosos dos presocr\u00e1ticos. \u201cTanto destr\u00fae como crea o tempo \/ e a\u00ednda destru\u00edndo crea \/ esas outras realidades que vivimos \/ pero que tanto custa ter por nosas\u201d. Pero non desa filosof\u00eda, como a de Heidegger, que corrompe a funci\u00f3n primordial da linguaxe para vivir no mundo fr\u00edo e calculador dos doutorados universitarios, sen\u00f3n desa outra (penso en Plat\u00f3n ou en Montaigne) que conversa co lector a partir da propia experiencia, e ao calor do mesmo lume que quentou os primeiros seres humanos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/franco.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4726\" alt=\"franco\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/franco-300x197.jpg\" width=\"300\" height=\"197\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/franco-300x197.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/franco.jpg 465w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Xoguetes do tempo <\/i>\u00e9 as\u00ed unha marabillosa reflexi\u00f3n sobre o tempo e a identidade. Unha emoci\u00f3n contida, agn\u00f3stica, pero de silencioso pasmo metaf\u00edsico, que calquera lector, sexa da idade que sexa, pode apreciar pois, como dic\u00eda Montaigne, todos estamos \u00e1 mesma distancia da morte, e como di Franco Grande: \u201cPero a m\u00fasica volve \/ e unha vez m\u00e1is sent\u00edmonos \/ afastados dos chanzos derradeiros como se tan s\u00f3 a m\u00fasica existise\u201d. Fai falla ter 80 anos para sentir iso? Quen non sentiu moitas veces ao longo da s\u00faa vida que esa m\u00fasica (ou Gloria Swansom ou Ulises, como tam\u00e9n indica o autor) era a realidade verdadeira e que a vida vivida era a morte? Por iso no fermos\u00edsimo poema 11 o poeta rev\u00e9lase contra a s\u00faa propia cita inicial: \u201cNon digas nunca <i>tempus edax rerum<\/i> \/ porque non \u00e9 verdade \/ por m\u00e1is que unha criatura s\u00faa sexas (&#8230;)\u201d. Ao contrario: \u201c<i>Non omnis moriar, <\/i>di m\u00e1is ben co poeta, \/ porque o que saibas ti facer eterno \/ non poder\u00e1 con el sequera o tempo&#8230;\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Franco Grande non quere con este libro ga\u00f1arlle unha aposta \u00e1 morte, pero tampouco perdela. E ese \u00e9, creo eu, o seu m\u00e1is grande acerto. Na primeira parte, <i>Na moega do tempo, <\/i>reflexiona sobre a morte enfront\u00e1ndoa a ese si mesmo que \u00e9 indistinguible do tempo: \u201cO tempo existe porque existes ti\u201d. E ese tempo e ese ti enc\u00e1rnanse en fotos, persoas que se foron ou quedaron, nos netos que comezan a subir, ledos e inocentes, a ladeira da vida, a cidade na que vive, os coches que pasan a unha velocidade incomprensible, tan afastada daquela dos vellos mu\u00ed\u00f1os que agora a memoria recorda, a cafeter\u00eda de sempre, hospitais e medicamentos, homenaxes e dedicatorias, envexa da fe e da esperanza, flores frescas que recordan que \u201cxuntos na morte agora \/ coma onte xuntos no gozar da vida\u201d.\u00a0 Porque neses \u00faltimos chanzos non todo \u00e9, nin debe ser, desesperanza: \u201cAs follas van caendo \/ na terra que as acolle \/ onde se volven humus, vida ao cabo, \/ forza que crea ou que a crear axuda, \/ xerme ou orixe certa \/ do escuro celme antigo desta terra\u201d. \u00a0Humus e renovaci\u00f3n, si, e esperanza. Pero quizais para outros. O poeta xa vive nese tempo suspendido que lle fai crer que o paxaro que lle deu o para\u00edso a Ero de Armenteira era unha rula.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/xose-luis-franco-grande.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4727\" alt=\"xose-luis-franco-grande\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/xose-luis-franco-grande-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/xose-luis-franco-grande-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/xose-luis-franco-grande.jpg 316w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Na segunda parte, <i>Xanela aberta, <\/i>o poeta nega o presente mir\u00e1ndoo pola fiestra nas r\u00faas de Vigo, e sent\u00edndoo xa como pasado. \u201cDe novo miro a r\u00faa: \/ xentes e coches seguen al\u00e1 embaixo, \/ Medra o rebumbio, m\u00f3veo todo a pr\u00e9sa. \/ o formigueiro segue entolecido\u201d. Porque este non \u00e9 un libro para <i>eses vivos que est\u00e1n mortos<\/i> pois non te\u00f1en esperanza, nin amor nin fe, nin para eses que pasan pola r\u00faa acelerados e indiferentes ao que non sexa un mesmo, e que ao chegar \u00e1 casa nada queren saber dos veci\u00f1os. \u00c9 un libro, pide o autor, para eses que alg\u00fan d\u00eda, ao bocexar, sentiron que entraban no baleiro, ou que se sentiron cansados de vivir sen m\u00e1is proxecto que pasalo ben, ou que comprenderon o mundo de aqueles que a vida rexeitou. \u00c9 un libro para os que saben que \u201cO VENTO ESPAREXEU por todas partes \/ medos, terror e morte; \/ o tempo fixo esmorecer en moitos o mellor que ti\u00f1amos\u201d, e que lles gustar\u00eda que a terra nosa se parecese a aquela polo que tantos mozos loitaron (un non pode deixar de pensar en tantos galeguistas, exiliados no exterior ou no interior) en condici\u00f3ns sociais e hist\u00f3ricas moi dif\u00edciles.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero de s\u00fapeto, na terceira parte, <i>Lentura,<\/i> descubrimos, con deleite e remorso, que o poeta d\u00f3ese m\u00e1is desa morte, a morte daqueles vellos so\u00f1os, que da s\u00faa propia, e, como bo poeta cl\u00e1sico, volve a mirada \u00e1 vida tranquila e retirada da nenez no val de Tebra, o mesmo val do ocio suspendido da s\u00faa vellez, e cobran protagonismo as cepas de albari\u00f1o, a luz do outono, as abellas que procuran os acios, o amarelo dos vimbios, o verde tenro dos lameiros, o pisco que baixa do monte, os picoutos e regueiros, as hortas e os panascos, a herba acabada de segar, ameixas e maz\u00e1s, fi\u00fanchos e tormentelos e, como non, os merlos. Pero sobre todo cobra protagonismo esa auga e esa terra que somos, e que nos dan a vida, e que permanecen transform\u00e1ndose, e que non lle permiten ao poeta evadirse. Obr\u00edgano a facer unha proclama (<i>Faremos esta terra ao noso xeito)<\/i> para que o lector, m\u00e1is que o recordo dunha folla que cae, leve consigo a imaxe dunha folla que se converte en humus: \u201cpois cremos para crear e que o creado \/ pola fe que se ten e non se escolle \/ nos abre aos tempos que non dan chegado\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0O poemario de X.L.Franco Grande Xoguetes do tempo comeza cunha cita de Ovidio: \u201cTempus edax rerum\u201d. Unha cita que xa nos d\u00e1 dous indicios importantes sobre o libro. Primeiro, o tema: unha persoa a piques de cumprir 80 anos reflexiona sobre a morte. Segundo, o ton e o clima: puro clasicismo. Porque a\u00ednda &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4711\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Xoguetes do tempo, de X.L. Franco Grande<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[10,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4711"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4711"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4711\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4728,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4711\/revisions\/4728"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4711"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4711"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4711"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}