{"id":4844,"date":"2016-01-05T06:00:26","date_gmt":"2016-01-05T06:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4844"},"modified":"2015-12-30T22:18:38","modified_gmt":"2015-12-30T22:18:38","slug":"rainas-no-meu-xardin-de-xose-manuel-g-trigo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4844","title":{"rendered":"Ra\u00ed\u00f1as no meu xard\u00edn, de Xos\u00e9 Manuel G. Trigo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/ra.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4845\" alt=\"ra\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/ra-207x300.jpg\" width=\"207\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/ra-207x300.jpg 207w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/ra.jpg 419w\" sizes=\"(max-width: 207px) 100vw, 207px\" \/><\/a><em><strong>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>\u201c<i>Un d\u00eda destes, armado da mi\u00f1a pala de debuxar xard\u00edns ao longo das naci\u00f3ns e dos s\u00e9culos, hei ir plantar na s\u00faa tumba unha flor da color daquel r\u00edo cando era espello dos ceos de abril<\/i>\u201d (Pax. 184). Quizais este par\u00e1grafo, ademais de ser un fermos\u00edsimo final aberto da novela, recolla a meirande parte do sentido deste texto, m\u00e1is al\u00e1 das imaxes polas que tan adrede lle pon X. M. G. Trigo o t\u00edtulo. <i>Un d\u00eda d\u00eda destes<\/i> \u2026 (tempo inconcreto), \u2026 <i>ao longo das naci\u00f3ns e dos s\u00e9culos \u2026 <\/i>(tempo e espazo transcendidos), \u2026 <i>cando era<\/i> \u2026 (tempo orixinario). Porque non compuxo, G. Trigo, unha novela li\u00f1a. <!--more-->Non hai unha orde secuencial, polo menos non continua de vez, sen\u00f3n un epicentro, unha orbitaci\u00f3n narrativa onde o sistema composto polos distintos momentos xira arredor de Carolina Otero, a\u00ednda que tam\u00e9n se puidese dicir que arredor do propio narrador. E esta orbitaci\u00f3n ten lugar a trav\u00e9s de cordas coma a da relaci\u00f3n vivencial, a relaci\u00f3n sentimental e as relaci\u00f3ns indirectas entre os personaxes, posibilit\u00e1ndose uns a outros, e posibilitando todos o principal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Corre o mes de abril de 1965. Pacucho, o zapateiro, dalle ao narrador a noticia de que acaba de morrer Carolina Otero, a <i>Bella Otero<\/i>. A partir dese intre gravado nos recordos, G. Trigo retrocede ata a data na que Carolina abandona Valga, a s\u00faa vila natal, cando a\u00ednda \u00e9 Agustina Otero Iglesias, tras un percance que marca a s\u00faa vida, para xa non volver. Faino no carromato do monicrequeiro portugu\u00e9s Roupavella que, adem\u00e1is de levala ata Pontevedra, tam\u00e9n se presta a iniciala no mundo do espect\u00e1culo, baixo o nome art\u00edstico de Agustina de Valga. Mais o mundo da <i>troupe<\/i> agocha outras clientelas que Carolina non tarda en descubrir, e que ser\u00e1n coma unha primeira porta aos eidos da noite, o luxo, Par\u00eds, o xogo, os escenarios, o alterne, xard\u00edns do pracer, dos nomes, das vivencias e o derroche polos que trasnscorre a s\u00faa vida, quizais sabendo xa que ser\u00e1 precisamente ese derroche -\u2026 \u201c<i>esas rodas da fortuna enguliranche a fortuna\u201d, advertiulle un d\u00eda o doutor Diver<\/i> \u2026 (Pax. 144)- o que a abocar\u00e1 ao seu final, tras pasar a derradeira tarde soa e arruinada, pero enteira, ollando o Mediterraneo dende o banco que hai fronte ao hotel Le Negresco, en Niza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/trigo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4846\" alt=\"trigo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/trigo-300x180.jpg\" width=\"300\" height=\"180\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/trigo-300x180.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/trigo.jpg 450w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Vela\u00ed o eixe, a\u00ednda que toda a narraci\u00f3n transcorra fragmentaria e asim\u00e9tricamente, entre pasaxes ornamentais, concatenadas, difusas, entra\u00f1ables coma a de Borob\u00f3, zarrapicadas de gozosas intertextualidades, coma na variaci\u00f3n manriquiana \u201c<i>O mundo estaba completo al\u00ed, onde o r\u00edo pasaba recollendo os falares das nais novas do lavadoiro para levalos cara ao mar<\/i>.\u201d (Pax. 77), chiscadelas a outras obras, pingas de humor sutil\u00edsimo, tam\u00e9n accesos inevitables da gargallada, nunha proliferaci\u00f3n que se vai facendo pola conivencia dos episodios e os personaxes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por exemplo os femininos. Nancy, Loreto, Mar\u00eda Antonieta, Rosal\u00eda, Hip\u00f3lita, Anna Gould, Violeta Gautier, Coco Chanel. Ben poder\u00eda dicirse que a novela trata dunhas mulleres (ra\u00ed\u00f1as) arredor das que goma unha beleza especial, coma a de Carme \u201c\u2026 <i>beleza dun branco de fari\u00f1a antiga e recordada, dunha muller de alburas<\/i>\u2026\u201d (Pax. 39), dando a impresi\u00f3n, conforme imos lendo, de que te\u00f1en algo en com\u00fan, algo que vai al\u00e9n do libro, al\u00e9n tam\u00e9n do feito de teren esa presenza, inmediata ou distante, na vida de Carolina, algo que cremos albiscar nunha sorte de floraci\u00f3n, de fragrancia ou de fulgor vital, nacido da s\u00faa propia condici\u00f3n e callado en calquera das formas do extraordinario.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ou os lugares. Bertamir\u00e1ns, os paseos fluviais, Iria Flavia, a herba da Xunqueira de Meira, Cesures, Moa\u00f1a, Valga, Cangas, un mes\u00f3n, as flores dun cemiterio, un r\u00edo que baixa coma borracho, o recullo dunha igrexa parroquial, unha pontella, os carreiros, semellando coma que G. Trigo quixera contrapo\u00f1er este primeiro xardin aos dos arcos florais da alta sociedade, de Par\u00eds, Montecarlo, Boni de Castellane, as botellas de champ\u00e1n, o Folies Bergere, os casinos, M\u00f3naco, a Pompadour, as ostras de Ostende, Versalles, Aristide Briand, Niza, nunha sorte de d\u00edptico esc\u00e9nico que se percibe coma outro artello da novela e nos suxire un algo aberto, unha entrada no fermoso xard\u00edn do tempo, para a que quizais a mellor definici\u00f3n xa a dera C\u00e9sar Lorenzo, cando dixo: <i>fagan de conta que entraron nun xard\u00edn por un sendeiro calquera<\/i>, ou o propio autor, cando di \u201c<i>Por ver de recuperar proustianamente un anaqui\u00f1o dun tempo perdido<\/i>\u201d (Pax. 78).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/trigo-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4847\" alt=\"trigo 2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/trigo-2-232x300.jpg\" width=\"232\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/trigo-2-232x300.jpg 232w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/trigo-2.jpg 273w\" sizes=\"(max-width: 232px) 100vw, 232px\" \/><\/a>O libro est\u00e1 estruturado entre as 9 p\u00e1xinas iniciais, a modo de pre\u00e1mbulo e as 70 pasaxes de distinta medida e condici\u00f3n que compo\u00f1en o corpo do relato. Nesta condici\u00f3n diversa -saltos no tempo, cambios de personaxe, secuencias encastradas, microrrelatos perfectamente pechados e ata curtos choutos ensa\u00edsticos, coma o dos bosquexos dos personaxes de Marcel Proust (Pax. 134, li\u00f1a 10 &#8211; Pax. 135, li\u00f1a 16)-, e mais na s\u00faa fragmentariedade, \u00e9 onde radica o pulso da proposta. G. Trigo fai, sobre todo, literatura, e hai uns ingredentes est\u00e9ticos que xa de por si dar\u00edan para unha boa reflexi\u00f3n. Sen embargo, pese a aparencia de mosaico ou de gu\u00edas argumentais imbricadas, hai ese conduto principal arredor da figura, case diriamos glosa biogr\u00e1fica, de Carolina Otero, cuxa narraci\u00f3n cobra sen d\u00fabida unha definitiva axilidade contra o \u00faltimo terzo da novela, m\u00e1is ou menos dende a pasaxe 43 \u2013\u201c<i>ESCUREC\u00cdA SOBRE o parque das camelias novas de Valga \u2026\u201d- (Pax. 108),<\/i> onde comezamos a ler o desenvolverse da vida de Carolina entre Paris e Niza, as s\u00faas relaci\u00f3ns e as vicisitudes do escenario hist\u00f3rico europeo polo que se comprende o desenlace.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Gabeime de percibir na novela o com\u00fan aprecio que X. G. Trigo e mais eu temos por certas literaturas, autores, autor, esteticistas. Unha coma sutileza do dicir ou ornamentaci\u00f3n da idea que pasa pola linguaxe, pola forma, polo vocabulario, polas referencias, polo emprego dos recursos, que pasa pola plenitude do tratamento e chega incluso ao subliminal. Tam\u00e9n a\u00ed, coido que procedente desas influencias, radica ese certo ton de memorias sentimentais de <i>Ra\u00ed\u00f1as no meu xard\u00edn<\/i>. Memorias sentimentais, transtemporais, imaxinarias e ata ca\u00f3ticas, cunha secuenciaci\u00f3n que, coma na enumeraci\u00f3n ca\u00f3tica umbraliana, \u00e9 o recurso do clima dunha novela cuxa lectura supuxo para min unha viaxe ou un voo como hai tempo non fac\u00eda. Unha magn\u00edfica novela. Un alarde de virtuosismo literario, se colla por onde se colla.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0\u201cUn d\u00eda destes, armado da mi\u00f1a pala de debuxar xard\u00edns ao longo das naci\u00f3ns e dos s\u00e9culos, hei ir plantar na s\u00faa tumba unha flor da color daquel r\u00edo cando era espello dos ceos de abril\u201d (Pax. 184). Quizais este par\u00e1grafo, ademais de ser un fermos\u00edsimo final aberto da novela, recolla a meirande parte &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4844\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Ra\u00ed\u00f1as no meu xard\u00edn, de Xos\u00e9 Manuel G. Trigo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4844"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4844"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4844\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4848,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4844\/revisions\/4848"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4844"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4844"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4844"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}