{"id":4948,"date":"2016-01-14T06:00:14","date_gmt":"2016-01-14T06:00:14","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4948"},"modified":"2016-01-12T16:47:36","modified_gmt":"2016-01-12T16:47:36","slug":"o-viaxeiro-radical-ii-de-xerardo-quintia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4948","title":{"rendered":"O viaxeiro radical (II), de Xerardo Quinti\u00e1"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3915\" alt=\"1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/1-195x300.jpg\" width=\"195\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/1-195x300.jpg 195w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/1-667x1024.jpg 667w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/1-900x1381.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/1.jpg 1074w\" sizes=\"(max-width: 195px) 100vw, 195px\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>A contemplaci\u00f3n do cadro de Caspar David Friedrich <i>Cami\u00f1ante ante un mar de br\u00e9tema<\/i>, produce en Manfred Gn\u00e4dinguer as sensaci\u00f3ns dun estado contemplativo e itinerante que de inmediato desexa para si. Esta \u00e9 a escena coa que entra Xerardo Quinti\u00e1 nas descubertas dunha complexa viaxe, e mais da raz\u00f3n de toda unha concepci\u00f3n do mundo, dunha busca que ter\u00e1 as s\u00faas primeiras recalaxes nalgunhas cidades europeas, pero que non atopar\u00e1 nin destino nin sentido ata chegar a unha pequena aldea acubillada no fragueiro da Costa da Morte.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A novela comeza con esta clara referencia ao romanticismo alem\u00e1n, quizais unha das figuras m\u00e1is senlleiras do movemento rom\u00e1ntico e, sen d\u00fabida, unha das que concita na s\u00faa arte a meirande parte das claves desa filosof\u00eda (paisaxe, inmensidade, distancia, viaxe, natureza, pescuda, aventura, abraio, mar, horizonte e esp\u00edrito atormentado).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Coa Chegada de Manfred Gn\u00e4dinger a Camelle, no ver\u00e1n de 1962, e polo breve apuntamento do retrato da vila, volve Xerardo Quinti\u00e1 po\u00f1ernos nesa mesma tesitura do Romanticismo: aquela Galiza, recullo misterioso, distante e natural equivalente aos lonxincuos destinos dos viaxeiros rom\u00e1nticos, aquel cantil no que xa intu\u00edmos a futura silueta de Manfred detida fronte ao oc\u00e9ano. A aldea coma unha virxindade de cal e escuma, onde os veci\u00f1os se apuran a darlle de comer ao estranxeiro canso e os nenos fan roda coa boca aberta arredor do peculiar personaxe que acaba de chegar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4950\" alt=\"man2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man2-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man2-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man2-900x505.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man2.jpg 980w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Moito me recordou esta pasaxe do cap\u00edtulo terceiro \u00e1 que describe a chegada do Italiano a Corrubedo (<i>La confirmation<\/i>, Gianni Segre, Christian Bourgois \u00c9diteur, 1969), curiosamente tam\u00e9n no ver\u00e1n de 1962, e tam\u00e9n rodeada de curros, nenos, veci\u00f1os, praias, corti\u00f1as e asub\u00edos de gueivota. Incluso moitos dos matices do argumento, coma o da visi\u00f3n repentina da moza alde\u00e1 e o namoramento, ou o xeito de se ir afacendo aos t\u00f3picos veci\u00f1ais. Mais o que sobre todo subxace nos dous casos \u00e9 a idea antit\u00e9tica ou complementaria da do \u201cpara\u00edso perdido\u201d: o \u201cpara\u00edso atopado\u201d, que matino que \u00e9 a cernal destas d\u00faas viaxes, como xa noutras foi conformando x\u00e9nero, non sei, v\u00e9nme agora \u00e1 memoria o retiro de Gauguin naquela <i>El para\u00edso en la otra esquina<\/i>, de Mario Vargas Llosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A novela estrut\u00farase en tres corpos (primeira, segunda e terceira viaxes) que, en total, se reparten entre 26 cap\u00edtulos de moderada extensi\u00f3n, permitindo unha lectura c\u00f3moda, ben guiada, ordenada, con estudadas pausas que permiten coller folgos reflexivos, deterse en silencios degustativos ou ir cambiando de escena coma de etapa, sentando de cando en vez nun coio ou nos fitos que, no decurso narrativo, son eses saltos entre pasaxes cos que tam\u00e9n se subdividen os cap\u00edtulos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/quinti\u00e1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-3917 alignleft\" alt=\"OLYMPUS DIGITAL CAMERA\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/quinti\u00e1-225x300.jpg\" width=\"225\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/quinti\u00e1-225x300.jpg 225w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/quinti\u00e1.jpg 472w\" sizes=\"(max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a>As\u00ed, no primeiro corpo do libro, exercita Quinti\u00e1 tam\u00e9n unha viaxe con todos n\u00f3s. Gu\u00edanos por un costeiro descendente que vai dende o gran \u00e1mbito da vida cosmopolita e convencional -\u201c\u2026<i>\u00c1s veces ti\u00f1a a sensaci\u00f3n de que cando \u00eda pola r\u00faa levaba un traxe caro, elegante e fachendoso, que chamaba a atenci\u00f3n a quen miraba para el, pero que non me deixaba cami\u00f1ar con liberdade<\/i>\u2026\u201d (Pax. 80), ao esencial dunha vila galega, que vir\u00eda dado pola decisi\u00f3n do absoluto desprendemento, coa visi\u00f3n do raposo e a muda do taparrabos, tras o desengano amoroso, ao principio da parte segunda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nesa segunda parte, Xerardo Quinti\u00e1 rel\u00e1tanos a x\u00e9nese do artista, a viaxe espiritual que vai dende a esencializaci\u00f3n anterior \u00e1 totalizaci\u00f3n do home, o ser non transformador, sen\u00f3n part\u00edcipe, parte e interactor coa natureza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E na terceira est\u00e1 a viaxe definitiva, a que v\u00e9n propiciada tanto pola idea coma polo feito da desaparici\u00f3n (primeiro a paisaxe e despois o ser), que tam\u00e9n me trouxo un certo recendo existencialista, salvando as distancias, daquel viaxeiro refuxiado no remoto S. Thala de Marguerite Duras (<i>El Amor<\/i>, Editions Gallimard, 1971) coa s\u00faa atmosfera enigm\u00e1tica e aquel incendio final e simb\u00f3lico que no libro de Quinti\u00e1 ser\u00eda a desolaci\u00f3n do fuel ou o propio pensamento de Manfred. \u201c\u2026 <i>non eran os so\u00f1os, a paix\u00f3n, o amor, a mesma vida, simples escenarios onde arder coma lumes marabillosos, cuxa luz finalmente ser\u00eda engulida por unha escuridade ignota?&#8230;\u201d<\/i> (Pax. 212).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mais, pese a que o concepto de viaxe \u00e9 o impl\u00edcito ata aqu\u00ed, e tam\u00e9n no t\u00edtulo, esta non \u00e9 unha novela de viaxe, nin sequera un percorrido por unha biograf\u00eda, sen\u00f3n unha valios\u00edsima novela de pescuda, un intento de aprehender o sentido desa viaxe total, radical, que se vai contrapo\u00f1endo ao sentido doutras m\u00e1is \u201centendibles\u201d, como poden ser as aspiraci\u00f3ns materiais -\u201c\u2026 <i>nin tan sequera tentaron comprenderme; sen\u00f3n que pai, na s\u00faa obsesi\u00f3n polos cartos, reduciuno todo a unha cuesti\u00f3n puramente econ\u00f3mica<\/i> \u2026\u201d- (Pax. 53), ou as afectivas, as que determinan que \u201c\u2026 <i>a vida dun home, o que de verdade importaba ao final dos d\u00edas, constru\u00edase con amor<\/i> \u2026\u201d (Pax. 61). E moito desa pescuda faise polo mi\u00fado, polo pequeno, por cada revolta do cami\u00f1o. Unha decisi\u00f3n, unhas palabras (as do mestre Waggoner M\u00fcller ou as das cartas ao seu irm\u00e1n Hackett, por exemplo), un consello, un paso, un obxecto (a redondez coruscante dun pequeno coio mari\u00f1o), unha tarefa ou as algas que recolle para comer, son os veh\u00edculos cos que explora Quinti\u00e1 unha decisi\u00f3n coma a de Manfred, moitas veces chocando -isto perc\u00edbese na lectura- con todas as contradici\u00f3ns que leva.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4951\" alt=\"man3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man3-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man3-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man3-900x600.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/man3.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> Creo que precisamente ese \u00e9 un dos acertos de Quinti\u00e1, presentarnos a transformaci\u00f3n a trav\u00e9s desa coloquialidade de vivencias reco\u00f1ecibles, facilmente identificables por todos, ou das imaxes fotogr\u00e1ficas nas que Manfred, na s\u00faa expresividade facial e corporal, transmit\u00eda todo un c\u00famulo de sensaci\u00f3ns e significados, o cal ofrece, de paso, d\u00faas vantaxes: a de posibilitar unha lectura \u00e1xil, confortable, sen estragar as dificultades do tema, e a de facilitar a nosa propia implicaci\u00f3n no percorrido, a nosa cota de asimilaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A novela ofrece tam\u00e9n moitas, belidas e saboreables imaxes literarias, coma a do premeditado contraste entre a paisaxe que aparece cuberta primeiro polo branco dunha nevada que aconteceu durante a noite, e a do negro da chegada do petr\u00f3leo, que tam\u00e9n aconteceu durante a noite.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En <i>O viaxeiro radical<\/i> merg\u00fallanos, Xerardo Quinti\u00e1, no sentido dunha vida intensa que, a\u00ednda que saibamos que n\u00f3s non seriamos quen de vivila as\u00ed, percib\u00edmola un pouco coma propia, percibimos que ten no fondo moito da viaxe radical de todas as vidas e que Xerardo a recolle -opino-, neste libro imprescincible, como a m\u00e1is emotiva das semblanzas que se lle puideron facer para poder ser lida.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0A contemplaci\u00f3n do cadro de Caspar David Friedrich Cami\u00f1ante ante un mar de br\u00e9tema, produce en Manfred Gn\u00e4dinguer as sensaci\u00f3ns dun estado contemplativo e itinerante que de inmediato desexa para si. Esta \u00e9 a escena coa que entra Xerardo Quinti\u00e1 nas descubertas dunha complexa viaxe, e mais da raz\u00f3n de toda unha concepci\u00f3n do &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4948\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O viaxeiro radical (II), de Xerardo Quinti\u00e1<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4948"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4948"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4948\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4952,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4948\/revisions\/4952"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4948"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4948"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4948"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}