{"id":4966,"date":"2016-02-22T06:00:45","date_gmt":"2016-02-22T06:00:45","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4966"},"modified":"2016-02-02T12:34:02","modified_gmt":"2016-02-02T12:34:02","slug":"un-barbances-na-gran-sabana-vi","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4966","title":{"rendered":"Un barbanc\u00e9s na Gran Sabana (VI)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6a.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5008\" alt=\"cap 6a\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6a-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6a-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6a-900x675.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6a.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Alberto Pi\u00f1eiro. <\/strong><\/em>Aquela ma\u00f1\u00e1 dominical, despois de termos cumprido coa axenda de Teodoro, quixo a casualidade que nos atop\u00e1semos na Praza Bol\u00edvar de Santa Elena a Silverio, un veci\u00f1o de meu sogro de ascendencia portuguesa que rexenta un restaurante en Valle de la Pascua, e que chegara \u00e1 cidade na procura dun terreo que mercar, onde erguer un negocio e instalarse, fuxindo quizais da violencia que alaga o pa\u00eds.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Onde nos vi\u00f1emos atopar, Silverio! \u2013exclamou meu sogro ao reco\u00f1ecelo a car\u00f3n dunha sucursal do Banco Caron\u00ed.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Amigo Morao! \u2013Alegrouse o guarique\u00f1o de adopci\u00f3n-. Canto gusto verte! E o mesmo aos acompa\u00f1antes!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Eles son meu xenro Alberto e meu sobri\u00f1o Teodoro \u2013presentounos Luis.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Chegastes hoxe? \u2013Proseguiu Silverio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Non, vi\u00f1emos onte \u00e1 noite. Durmimos na \u00fanica habitaci\u00f3n dispo\u00f1ible dun hotel <i>chimb\u00edsimo<\/i> situado \u00e1s aforas \u2013espetou meu sogro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Pois no que estou quedando coido que hai habitaci\u00f3ns libres, e non \u00e9 <i>chimbo<\/i> en absoluto \u2013afirmou Silverio-. De feito, se vos parece e non tedes outros plans, podemos ir xantar \u00e1 terraza que ten na parte traseira \u2013convidounos o portugu\u00e9s cunha afabilidade que se agradece cando un se atopa tan lonxe do co\u00f1ecido.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sen pens\u00e1rmolo moito aceptamos a proposta de Silverio, a\u00ednda que na honra da verdade, m\u00e1is que polo xantar en si, por ver se hab\u00eda <i>chances<\/i> de mudarnos ao seu hotel, no caso de que este cumprise as altas expectativas derivadas das palabras daquel amable h\u00f3spede. As\u00ed foi como, logo de mercar carne para asar, pan e cervexa <i>Polar light<\/i> ben fr\u00eda, seguimos no Chevrolet o Toyota do noso amigo, que se internou por unha estrada secundaria, con apenas tr\u00e1fico e menos vivendas \u00e1 s\u00faa beira, para conducirnos a un hotel de planta baixa, ben coidado e mellor acondicionado, no que non dubidamos en instalarnos tras recibir a confirmaci\u00f3n de que quedaban habitaci\u00f3ns libres.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211;<i>Manito<\/i> \u2013dirixiuse Luis a Silverio-, de non ser por ti nunca teriamos chegado a este lugar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Non \u00e9 f\u00e1cil dar con el \u2013reco\u00f1eceu o veci\u00f1o -, pero eu levo case dous meses aqu\u00ed, polo que xa tiven \u00a0tempo a percorrer cada recuncho de Santa Elena. Se queredes, despois de xantar podo levarvos \u00e1 Casa dos Cristais, onde hai unha exposici\u00f3n permanente de pezas de cuarzo e outras pedras, as\u00ed como alg\u00fans obxectos e fragmentos prehist\u00f3ricos. E tam\u00e9n podemos achegarnos a Pacaraima, ao outro lado da fronteira.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Ser\u00e1 un pracer e unha honra que sexas o noso gu\u00eda. Estaremos encantados de ir contigo a onde te\u00f1as a ben \u2013afirmou meu sogro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6b.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5009\" alt=\"cap 6b\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6b-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6b-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6b-900x675.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-6b.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>A terraza do hotel, parcialmente cuberta con palmas sobre unha estrutura circular de madeira, contaba cun asador de pedra, d\u00faas grellas adicionais m\u00e1is pequenas, le\u00f1a abundante e varias mesas e cadeiras. Un anaco dunha t\u00e1boa pousada preto das grellas serviulle a Teodoro para cortar e ir adobando a carne de pucho que vi\u00f1amos de mercar. Mentres o autoproclamado e eficiente coci\u00f1eiro preparaba o xantar, atendiamos o relato de Silverio, no que nos narraba o que agardaba m\u00e1is al\u00e1 da fronteira co Brasil.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Pacaraima non \u00e9 moi grande. Para encontrar a primeira cidade de importancia \u00e9 preciso chegar a Boa Vista, distante en pouco m\u00e1is de douscentos cincuenta kil\u00f3metros de aqu\u00ed. Esa cidade \u00e9 o centro administrativo e capital do estado Roraima, unha urbe pequena que, con todo, duplica ou triplica o tama\u00f1o de Valle de la Pascua, cun trazado urban\u00edstico en forma radial, ao xeito de Par\u00eds, que se debuxa no centro dunha rexi\u00f3n sobre todo gandeira, se ben no pasado foi un dos n\u00facleos principais da febre do ouro no Brasil. Dende ela, en direcci\u00f3n sur, non hai outra cidade ata Manaus, aproximadamente a doce horas de cami\u00f1o pola estrada que atravesa a selva do Amazonas, pero non resulta moi conveniente desprazarse en coche particular, moito mellor en autob\u00fas ou en avi\u00f3n. Xa van de varios casos de viaxeiros que foron atacados por membros dunha tribo de canibais que habita neses bosques.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211;<i>Verga<\/i>! \u2013Exclamou Teodoro-. E nunca atacan os autobuses?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Non \u2013respostou Silverio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Iso \u00e9 porque non son lamb\u00f3ns. Nun autob\u00fas hai xente de m\u00e1is\u2026 E a\u00ednda dous ou tres individuos xa dan para un bo banquete \u2013elucubraba en voz alta o <i>carupanero<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Hai uns meses perd\u00edn a dous bos amigos que foron atacados por eles. Atoparon no autom\u00f3bil unha frecha e algunhas aboladuras pequenas na carrocer\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Vaia&#8230; \u2013Dixo Teodoro, sen saber onde meterse tralo seu comentario-\u2026 S\u00edntocho ben\u2026 Desculpa que bromease con iso\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Parece que tiveron unha avar\u00eda de noite e se dispu\u00f1an a cambiar un caucho\u2026 Os indios deixaron os obxectos persoais e todo canto os meus amigos cargaban: equipaxe, di\u00f1eiro, tel\u00e9fonos m\u00f3biles,\u2026 Non atoparon os restos, pero a polic\u00eda brasileira cre que os comeron asados\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211;<i>Chamos<\/i> \u2013interrumpiu Teodoro a Silverio, nun errado esforzo por mudar de tema-, a carne xa est\u00e1. A comer!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Alberto Pi\u00f1eiro. Aquela ma\u00f1\u00e1 dominical, despois de termos cumprido coa axenda de Teodoro, quixo a casualidade que nos atop\u00e1semos na Praza Bol\u00edvar de Santa Elena a Silverio, un veci\u00f1o de meu sogro de ascendencia portuguesa que rexenta un restaurante en Valle de la Pascua, e que chegara \u00e1 cidade na procura dun terreo que mercar, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4966\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Un barbanc\u00e9s na Gran Sabana (VI)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[56,9,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4966"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4966"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4966\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5010,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4966\/revisions\/5010"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4966"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4966"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4966"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}