{"id":5046,"date":"2016-01-30T06:00:19","date_gmt":"2016-01-30T06:00:19","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5046"},"modified":"2016-01-27T07:55:30","modified_gmt":"2016-01-27T07:55:30","slug":"o-medo-non-ten-nome","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5046","title":{"rendered":"O medo non ten nome"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/grito.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5048\" alt=\"grito\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/grito-236x300.jpg\" width=\"236\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/grito-236x300.jpg 236w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/grito.jpg 381w\" sizes=\"(max-width: 236px) 100vw, 236px\" \/><\/a>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>Non hai nada m\u00e1is odioso ca que nos ameacen constantemente con toda clase de advertencias que, pretendendo tranquilizarnos a\u00ednda nos meten m\u00e1is o arrep\u00edo no corpo. Tememos un accidente cando collemos o coche, a un atentado cando entramos en determinados lugares p\u00fablicos, a unha multa por despiste \u00e1 volta dunha curva, a que nos neguen o retiro cando nos toque, e ata \u00e1s cartas que nos trae o carteiro cando nos manda asinar un recibo. Un nunca sabe que sorpresas lle agardan, se porque se cruza un gato negro no cami\u00f1o ou porque saes co p\u00e9 esquerdo da casa. <!--more-->E intentando prevelas fixeron fortuna os adivi\u00f1os, augures e vaticinadores de todos os tempos. O medo debe de ser unha das poucas cousas sen remedio contra a que todos dan consellos.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Mal que o pareza, o medo non \u00e9 covard\u00eda, sen\u00f3n precauci\u00f3n contra o inesperado. E algo as\u00ed foi o que o mes pasado sentiu unha veci\u00f1a de Arcade, quen, imbu\u00edda de tantas imaxes de atentados, paquetes bomba e cousas semellantes, a todas horas nos noticiarios, atopouse cun fardo ben atado na porta do bar que rexenta, e sen sacar as chaves do bolso chamou \u00e1 polic\u00eda. Calquera far\u00eda o mesmo. \u00c1 fin o medo non ten dono pero si moitos mensaxeiros. \u00d3 final vi\u00f1eron todas as sirenas do concello e descubriron que s\u00f3 eran revistas que algu\u00e9n, coa mellor intenci\u00f3n do mundo, lle deixaba para que non lles faltase lectura \u00f3s seareiros do seu bar. O malo do medo non \u00e9 o medo en si, sen\u00f3n esa capacidade que ten para facer de n\u00f3s uns desconfiados, fomentando a\u00ednda m\u00e1is esas negras sospeitas que nos rodean e acosan ata converterse en lei inapelable, en acompa\u00f1ante sen escr\u00fapulos, en orde que se transmite como unha mensaxe viral, almac\u00e9nase na ROM do subconsciente e crece ata contaminar os miolos borrando da mente toda l\u00f3xica posible.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Os e-mails e os whatsapps bombard\u00e9anos con avisos de precauci\u00f3n, a televisi\u00f3n m\u00f3stranos as mil caras do terror, as axencias de viaxes lim\u00edtannos os movementos en calquera cidade, e ata nosas nais nos advirten para que andemos con coidado cando sa\u00edmos da casa. Mais o malo deses temores, arrep\u00edos, receos e sospeitas non fica nesa obrigada precauci\u00f3n, sen\u00f3n en non saber onde est\u00e1n, de onde ve\u00f1en ou onde se agochan para erradicalos, mentres eles, silandeiramente estenden, tal becho multitentacular, a fonte do terror ata contaxiar a toda a sociedade cada vez que levamos, traemos ou chiamos historias, contos e imaxes. E canto m\u00e1is grandes son eses tent\u00e1culos menor \u00e9 a capacidade de razoamento.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Nesta nosa vulnerabilidade radica a forza do temor e o dominio do medo. Lembro cando al\u00f3 por marzo do ano catro, un amigo fontaneiro, \u00f3 rematar a visita a un cliente, se dirixiu a recoller o coche que deixara nun aparcamento p\u00fablico, e marchou esquecendo a maleta de ferramenta no fondo duna mal iluminada praza. Cando \u00f3 chegar \u00e1 casa se decatou, volveu \u00f3 aparcamento e atopou a toda unha brigada de polic\u00edas encordoando o espazo e dirixindo un robot anti-bomba contra a maleta. Como lle dixo un dos gardas, \u00abm\u00e1is vale prever ca curar\u00bb.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Non hai nada m\u00e1is odioso ca que nos ameacen constantemente con toda clase de advertencias que, pretendendo tranquilizarnos a\u00ednda nos meten m\u00e1is o arrep\u00edo no corpo. Tememos un accidente cando collemos o coche, a un atentado cando entramos en determinados lugares p\u00fablicos, a unha multa por despiste \u00e1 volta dunha curva, a &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5046\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O medo non ten nome<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5046"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5046"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5046\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5049,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5046\/revisions\/5049"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5046"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5046"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5046"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}