{"id":5227,"date":"2016-03-24T06:00:43","date_gmt":"2016-03-24T06:00:43","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5227"},"modified":"2016-03-11T12:38:33","modified_gmt":"2016-03-11T12:38:33","slug":"u-los-linces-galegos","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5227","title":{"rendered":"U-los linces galegos?"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/lince.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5228 alignleft\" alt=\"lince\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/lince-300x184.jpg\" width=\"300\" height=\"184\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/lince-300x184.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/lince-900x552.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/lince.jpg 980w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Fernando Losada Rodr\u00edguez.\u00a0<\/strong><\/em>En Galicia (e arredores) temos a enorme sorte de contar con varias especies end\u00e9micas, \u00e9 dicir, que s\u00f3 se atopan na nosa terra; un exemplo: a saramaganta (Chioglossa lusitanica, en castel\u00e1n \u00absalamandra rabilarga\u00bb), o \u00fanico anfibio da pen\u00ednsula ao que lle volve medrar a cola cando a perde, como as lagartas.<!--more--> Na Illa de Ons hai unha especie \u00fanica de xesta (Cytisus insularis). Pero sexamos sinceros: ning\u00fan dos endemismos de Galicia superar\u00e1 xamais a popularidade do lince ib\u00e9rico (Lynx pardinus) que, ata hai pouco tempo, cazou na nosa terra.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Todo comezou nas Idades de Xeo (en plural, xa que foron varias glaciaci\u00f3ns), cando a baixada das temperaturas fixo medrar pouco a pouco os glaciares do \u00c1rtico; tanto, que as faunas e floras de Europa Central mov\u00e9ronse ao sur, quedando engaioladas en pen\u00ednsulas (como a Ib\u00e9rica) separadas por monta\u00f1as. Cando subiu a temperatura, algunhas especies (como os abetos) quedaron nas monta\u00f1as, mentres que outras adapt\u00e1ronse \u00e1 calor. Os linces da pen\u00ednsula, ao non reproducirse cos seus parentes boreais de Europa e Asia, formaron unha especie m\u00e1is pequena e adaptada ao novo clima.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Que precisa un lince ib\u00e9rico para vivir? A\u00ednda que tam\u00e9n caza cr\u00edas de cervos, patos e perdices, \u00e9 o \u00fanico mam\u00edfero do mundo especialista en cazar coellos (outro animal propio da pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, e estendido polos humanos por todo o mundo). Os coellos esc\u00f3ndense en matogueiras (e nada mellor que os toxos e xestas de Galicia). Pero, ademais, \u00e9 preciso un amplo territorio de caza (10 quil\u00f3metros cadrados) no que atopar suficientes presas para poder sobrevivir. Iso \u00e9 francamente complicado nunha terra como a galega, chea de pequenos terreos valados, e atravesada por estradas e v\u00edas do tren que este animal ten moito medo de atravesar (e, cando o fai, pode ser atropelado).<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que houbo quen dixo ter visto o lobo rapaz, tigre ou lubic\u00f3n (como tam\u00e9n se lle chama aqu\u00ed a este depredador) ata 1997, o derradeiro avistamento por un especialista foi en 1985, cando o zo\u00f3logo da Universidade de Montana, Anthony Clevenger, viu un exemplar xunto ao Castelo de Doiras, en Cervantes. Serra de Enci\u00f1a de Lastra, o Xur\u00e9s, os Ancares? son varios dos lugares onde houbo ou poder\u00eda volver haber poboaci\u00f3ns deste animal, pero seica non por moito tempo, xa que o lince ten outro grave problema: a endogamia.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que a explicaci\u00f3n xen\u00e9tica dar\u00eda para outro artigo, para que subsista unha poboaci\u00f3n de 15 individuos (coma a que se calcula que hai en Castela?La Mancha), te\u00f1en que ter cr\u00edas; pero nunha ou d\u00faas xeraci\u00f3ns, a \u00fanica posibilidade que ten un macho de buscar parella \u00e9 entre as s\u00faas irm\u00e1s ou curm\u00e1s, o que non \u00e9 moi aconsellable: as s\u00faas cr\u00edas poden ter malformaci\u00f3ns ou graves problemas de sa\u00fade.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Non me entenda mal, querido lector: \u00e9 un feito que o lince ib\u00e9rico estase a recuperar, e por iso deixou de estar \u00aben perigo cr\u00edtico\u00bb (a \u00fanica especie de felino do mundo con esta categor\u00eda) para estar s\u00f3 \u00aben perigo\u00bb. Pero sen un grande aporte de medios econ\u00f3micos e materiais por parte da Administraci\u00f3n, e unha educaci\u00f3n da xente sobre os beneficios que ten a volta deste tesouro a Galicia, se volve o lince non ser\u00e1 por moito tempo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fernando Losada Rodr\u00edguez.\u00a0En Galicia (e arredores) temos a enorme sorte de contar con varias especies end\u00e9micas, \u00e9 dicir, que s\u00f3 se atopan na nosa terra; un exemplo: a saramaganta (Chioglossa lusitanica, en castel\u00e1n \u00absalamandra rabilarga\u00bb), o \u00fanico anfibio da pen\u00ednsula ao que lle volve medrar a cola cando a perde, como as lagartas.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,59],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5227"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5227"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5227\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5296,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5227\/revisions\/5296"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5227"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5227"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5227"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}