{"id":5254,"date":"2016-03-21T06:00:34","date_gmt":"2016-03-21T06:00:34","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5254"},"modified":"2016-02-29T12:45:01","modified_gmt":"2016-02-29T12:45:01","slug":"tralos-pasos-de-alexander-von-humboldt-ii","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5254","title":{"rendered":"Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (II)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-2a.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5256\" alt=\"Humboldt 2a\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-2a-300x240.jpg\" width=\"300\" height=\"240\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-2a-300x240.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-2a.jpg 598w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Alberto Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>Xantamos a car\u00f3n do mar, nun posto de empanadas no que eliximos as de caz\u00f3n ou quenlla vitam\u00ednica, que Lore e mais eu regamos con zume de parchita e meus cu\u00f1ados con papel\u00f3n. Ao rematar, puxemos rumbo a Cariaco, coa intenci\u00f3n de facer unha parada vespertina nas Augas de Mois\u00e9s, un balneario que conta cun pequeno zool\u00f3xico, \u00e1reas para facer grella, case unha ducia de piscinas ou estanques de considerables dimensi\u00f3ns, agradables zonas de xard\u00edns e palmas e mesmo un hip\u00f3dromo. <!--more-->Entre a decoraci\u00f3n das instalaci\u00f3ns resaltaba o eclecticismo das representaci\u00f3ns a tama\u00f1o natural de diversos animais: un <i>tyrannosaurus rex<\/i>, un elefante, un rinoceronte, unha xirafa e unha balea forca enfrontada a un oso polar. A car\u00f3n do lagarto tirano, varias avestruces reais pitucaban no chan, nunha escena digna dun filme de ciencia ficci\u00f3n que xogase \u00e1s imposibles viaxes ao pasado (pois ben sabemos que as viaxes ao futuro son moito m\u00e1is factibles). Logo de darlles de comer no peteiro a aquelas modernas versi\u00f3ns dos dinosaurios, decid\u00edmonos mergullar nas augas esbrancuxadas das piscinas, case todas bautizadas cun nome b\u00edblico ou mitol\u00f3xico, segundo o momento de inspiraci\u00f3n do propietario. Estre as diversas posibilidades, optei para o meu primeiro ba\u00f1o a piscina Afrodita, \u00e1 que continuaron Eros, Selene, a Cascada de Mois\u00e9s e a nomeada Isla Palma Sola, deixando para unha arelada vindeira ocasi\u00f3n o ba\u00f1o na Cascada Abraham, que verte o seu caudal nun estanque con praia de area e c\u00e9spede cuberto de cocoteiros. E cr\u00e9anme que al\u00ed con gusto ter\u00eda quedado a durmir, de non ser porque non era un servizo que ofrecese o balneario, cando menos ese d\u00eda, de xeito que medio embarrados e purificados polas augas de Mois\u00e9s, retomamos o cami\u00f1o de regreso a Cariaco para, a trav\u00e9s dunha v\u00eda secundaria e sen necesidade de volver a Cuman\u00e1, pasar Cumanacoa antes do solpor. De novo estabamos na ruta de Alexander von Humboldt, quen, coma n\u00f3s, continuara por San Antonio de Capayacuar ata chegar a Caripe, onde puxemos p\u00e9 ben entrada a noite.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non me pregunten por que, pero o ar en Caripe arrecende \u00e1 Curota, ao Coto da Moureira ou Iroite, mais non hai ningunha aldea na serra do Barbanza que se asemelle ao casar\u00edo do norte do estado Monagas; doutra volta, nin A Gra\u00f1a, Lid\u00f3n, Balteiro, Noceda, Sabuceda e A Figueira xuntas acadar\u00edan a d\u00e9cima parte do tama\u00f1o de Caripe, centro tur\u00edstico de monta\u00f1a e parada obrigada para os que desexen visitar a Cova do Gu\u00e1charo, a mesma que Humboldt percorreu no seu treito inicial o 18 de setembro do ano 1799, faza\u00f1a mencionada por Xulio Verne nunha das s\u00faas obras m\u00e1is co\u00f1ecidas, <i>Voyage au centre de la Terre<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero a visita \u00e1 caverna non ter\u00eda lugar ata a vindeira xornada. Polo de agora o que urx\u00eda era atopar pousada, hotel ou calquera outra variante de hospedaxe, e amainar a fame cunha cea copiosa, pois xa hab\u00eda case tres horas que anoitecera no \u201cxard\u00edn do oriente venezolano\u201d e s\u00f3 com\u00e9ramos un chisco de casabe con crema de queixo que a\u00ednda non sei como fomos quen de maridar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ap\u00f3s preguntar en van en varios establecementos, demos cun humilde hotel que dispu\u00f1a de prazas libres. Foi o meu cu\u00f1ado colombiano, Giovanni, o que negociou co dono o prezo de d\u00faas habitaci\u00f3ns, nas que nos repartiriamos como puid\u00e9semos. Tras cinco minutos de amigable di\u00e1logo, Giovanni anunciounos o custe:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Pide 400 bol\u00edvares por unha e 300 pola outra, ningunha con aire acondicionado, e as d\u00faas cunha soa cama. D\u00edxome que a esta hora non atoparemos nada mellor\u2026 Non imos quedar aqu\u00ed, non me f\u00edo del, \u00e9 colombiano.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-2b.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5257\" alt=\"Humboldt 2b\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-2b-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-2b-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-2b.jpg 640w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>As\u00ed que subimos ao autom\u00f3bil e, con poucas esperanzas, emprendemos unha \u00faltima procura, coa alternativa de durmir no coche ga\u00f1ando enteiros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por segunda vez paramos enfrente dun conxunto de cabanas ou casi\u00f1as de monta\u00f1a deleitosas chamado La Fortaleza; pero, se na primeira ocasi\u00f3n resolvemos non preguntar sequera, debido ao bo estado das instalaci\u00f3ns, o que nos fixo sospeitar que estar\u00eda todo completo, desta volta Lore baixou e dirixiuse ao vixiante a trav\u00e9s das reixas do portal branco de ferro:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Desculpe, te\u00f1en prazas libres?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Queda unha cabana baleira \u2013contestou el.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-E o prezo?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-600 bol\u00edvares. Non importa cantos sexan \u2013asegurou o vixiante.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Aquelas palabras eran m\u00fasica para os nosos o\u00eddos: por cen bol\u00edvares menos ti\u00f1amos unha casa enteira, con espazo de sobra para todos, ao p\u00e9 dunha monta\u00f1a, cun fermoso patio e m\u00e1is casi\u00f1as tur\u00edsticas igual de xeitosas no interior do complexo. Sen demor\u00e1rmonos baixamos a equipaxe, celebramos cun brinde de whisky o noso descubrimento, pechamos a porta e sa\u00edmos na procura dun restaurante.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Logo de preguntar a un viandante, dirix\u00edmonos a unha pizzer\u00eda recomendada por el que ficaba uns centos de metros m\u00e1is adiante. Recibiunos directamente o coci\u00f1eiro, cousa pouco habitual, que escolleu para n\u00f3s unha das mellores mesas e nos entregou a carta de pizzas. Despois de pedirmos, comentounos nun italiano acriollado ou nun criollo italianizado que el era natural de N\u00e1poles, as\u00ed que no seu restaurante s\u00f3 se serv\u00eda aut\u00e9ntica pizza elaborada por un chef napolitano. Nese intre tam\u00e9n nos decatamos de que, ademais do coci\u00f1eiro, era o dono e, polo visto, un agudo responsable do departamento de <i>marketing<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Aproveitamos das pizzas ata a \u00faltima podalla de perexil, e, de seguro m\u00e1is pola fame e pola presentaci\u00f3n do dono que polo propio sabor da cea, dix\u00e9monos que aquelas si eran aut\u00e9nticas pizzas napolitanas, e que volveriamos ao mesmo local para xantar ao d\u00eda seguinte, cousa que non hab\u00eda ocorrer.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Alberto Pi\u00f1eiro.\u00a0Xantamos a car\u00f3n do mar, nun posto de empanadas no que eliximos as de caz\u00f3n ou quenlla vitam\u00ednica, que Lore e mais eu regamos con zume de parchita e meus cu\u00f1ados con papel\u00f3n. Ao rematar, puxemos rumbo a Cariaco, coa intenci\u00f3n de facer unha parada vespertina nas Augas de Mois\u00e9s, un balneario que conta &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5254\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (II)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[56,9,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5254"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5254"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5254\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5258,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5254\/revisions\/5258"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5254"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5254"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5254"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}