{"id":5284,"date":"2016-03-15T06:00:36","date_gmt":"2016-03-15T06:00:36","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5284"},"modified":"2016-03-06T20:16:06","modified_gmt":"2016-03-06T20:16:06","slug":"de-nobres-e-burgueses","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5284","title":{"rendered":"De nobres e burgueses"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/lospazosdeulloa-serie.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5285\" alt=\"lospazosdeulloa-serie\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/lospazosdeulloa-serie-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/lospazosdeulloa-serie-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/lospazosdeulloa-serie.jpg 720w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>A Xulio e Xoana Salgueiro \u00faneos unha vella amizade desde os tempos en que xog\u00e1bamos \u00e1 queda e se agachaban debaixo dunha dorna deitada quilla arriba, onde, sen que ningu\u00e9n os molestase pasaban as horas falando das s\u00faas cousas, esquecidos do xogo e dos amigos ata que nos aburr\u00edamos e os deix\u00e1bamos por imposibles.<!--more--><\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Lectora precoz, ela foi quen nos recomendou\u00a0<em>La Casa verde<\/em>\u00a0e\u00a0<em>Cien a\u00f1os de soledad<\/em>,\u00a0<em>Las ratas<\/em>\u00a0ou\u00a0<em>La tesis de Nancy<\/em>, recit\u00e1ndonos par\u00e1grafos enteiros que nos seduc\u00edan e abriron os ollos a todo un mundo de realismo puro e duro, a\u00ednda que alg\u00fans queiran ver nel non sei que de m\u00e1xico e fantasioso. Xulio a\u00ednda lembra unha daquelas verbenas de ver\u00e1n en que volv\u00edamos \u00e1 casa competindo por ver quen m\u00e1is bailes botara, e na que eles pasaron toda a noite discutindo non sei que sobre Xoguetes para un tempo prohibido, de Carlos Casares, cando ning\u00fan dos dous cumprira a\u00ednda os vinte anos. Por iso, reco\u00f1ece Xulio, cando ten algunha d\u00fabida ou necesita algunha lectura acude a ela, quen sempre o sorprende coas s\u00faas opini\u00f3ns e recomendaci\u00f3ns. \u00c1s veces discuten por cousas tales como se o presente \u00e9 un elo entre o pasado e o futuro ou se se poden dese\u00f1ar novas metas rompendo coa inercia que arrastramos coma quen xira a chave do arranque para mover un coche parado.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Estoutro d\u00eda, cando el andaba preparando algo sobre a Revoluci\u00f3n Industrial e a burgues\u00eda sa\u00edda do rescaldo que deixou o Antigo R\u00e9xime, ela, que \u00e9 unha apaixonada da novela espa\u00f1ola do XIX, faloulle da grande diferencia que atopa na descrici\u00f3n da sociedade daqueles anos entre escritores como a Pardo Baz\u00e1n e Blasco Ib\u00e1\u00f1ez, cando os vellos costumes foron golpeados polos ventos do modernismo, e o feudalismo que sobreviv\u00eda criando unha sociedade ociosa \u00e1 conta do semi-escravismo da maior\u00eda, sentiu o sopro das novas propostas; e mentres a nobreza galega de\u00a0<em>Los pazos del Ulloa<\/em>\u00a0ou das\u00a0<em>Comedias B\u00e1rbaras<\/em>\u00a0nunca luxaban as mans nin para arrincar unha maz\u00e1 da maceira, na de Blasco Ib\u00e1\u00f1ez de\u00a0<em>Los muertos mandan<\/em>, o nobre reconv\u00e9rtese en burgu\u00e9s que non dubida en deixar \u00f3 lado o que dir\u00e1n para casar por amor e non por conveniencia, as\u00ed como empregar cartos e mans en novas fontes de ingresos, no comercio e na industria sobre todo, mentres os se\u00f1ores feudais da nosa contorna prefer\u00edan ter o campo a monte, para poder cazar e folgar antes ca converterse en vulgares comerciantes.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Xoana a\u00ednda vai m\u00e1is al\u00f3 e faille ver en que veu dar aquilo que os escritores naturalistas mostraban, \u00a0m\u00e1is de cen anos despois da introduci\u00f3n da m\u00e1quina de vapor en f\u00e1bricas e \u00a0teares, e como mentres n\u00f3s s\u00f3 podemos presumir (de momento) dun emporio t\u00e9xtil en Arteixo e dun mont\u00f3n de chatarra que ningu\u00e9n quere \u00f3 lado do mar de Ferrol e de Vigo, moitas outras empresas que supo\u00f1\u00edamos punteiras e nos fac\u00edan ter esperanzas de futuro, foron vendidas a matrices for\u00e1neas, e as poucas que quedan sempre est\u00e1n na prensa con anuncios de precariedade e propostas de peche inminente. Por non ter,\u00a0di ela, xa non temos nin se\u00f1ores feudais a quen culpar de converter a Galicia nunha sucursal de todo e propietaria de nada, nin unha Pardo Baz\u00e1n que nos conte e nos preve\u00f1a contra o peche de tantos pequenos talleres de costura como hab\u00eda en Sab\u00f3n antes de perder o auspicio de Inditex; ou por que a Aluminios lle poden facer unha rebaixa no recibo da luz, mentres os salarios non dan para pagar a calefacci\u00f3n nin mercar camisetas de baixo coste.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0A Xulio e Xoana Salgueiro \u00faneos unha vella amizade desde os tempos en que xog\u00e1bamos \u00e1 queda e se agachaban debaixo dunha dorna deitada quilla arriba, onde, sen que ningu\u00e9n os molestase pasaban as horas falando das s\u00faas cousas, esquecidos do xogo e dos amigos ata que nos aburr\u00edamos e os deix\u00e1bamos &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5284\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">De nobres e burgueses<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5284"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5284"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5284\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5286,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5284\/revisions\/5286"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5284"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5284"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5284"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}