{"id":5298,"date":"2016-03-13T06:00:21","date_gmt":"2016-03-13T06:00:21","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5298"},"modified":"2016-03-09T08:12:54","modified_gmt":"2016-03-09T08:12:54","slug":"pessoa-o-suxeito-como-obra-de-arte","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5298","title":{"rendered":"Pessoa: O suxeito como obra de arte"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><i><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5300\" alt=\"pessoa1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa1-300x211.jpg\" width=\"300\" height=\"211\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa1-300x211.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa1.jpg 800w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Fidel Vidal.\u00a0<\/strong>(Oh, non creades na unidade do home!<\/i>\u00a0Dostoiewski).\u00a0Fernando Pessoa \u00e9 unha das evidencias onde un especial tipo de alienaci\u00f3n tr\u00f3case xerme de liberdade: da liberdade do home en horas libres. Porque nas outras horas, nas horas chamadas de traballo ao servizo doutros, o autor non \u00e9 libre: vive alienado nun labor alleo ao seu proxecto, alienado na rutina social do traballo. <!--more-->O mesmo Flaubert, cunha vida bastante m\u00e1is doada c\u00e1 de Pessoa, con todo o tempo para el, ambicionou e orientouse cara a unha \u201cespecie de misticismo est\u00e9tico\u201d, queix\u00e1ndose de que o mundo exterior era \u201cnoxento, abafante, depravado e brutal\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Se o quefacer laboral e oficial polo que Pessoa cobraba un salario resultaba alienante, era precisamente durante as <i>horas libres<\/i> cando el se sent\u00eda libre. Nunca mellor usadas as palabras <i>horas libres<\/i>, tan temidas hoxe en d\u00eda por tantas persoas necesitadas dun programa ou dalgunha asociaci\u00f3n de recreo onde se ocupar. Libre para a creaci\u00f3n, para a creaci\u00f3n po\u00e9tica, esa actividade debido \u00e1 que, segundo o propio Pessoa, mesmo precisou dunha avaliaci\u00f3n psiqui\u00e1trica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O feito de padecer unha hepatite ou a desgraza da perda do pai, non converte a ningu\u00e9n en nada de interese, ag\u00e1s vivir a desgraza da enfermidade ou da perda. Ningu\u00e9n se fai autor polos traumas infant\u00eds padecidos. Ningu\u00e9n se converte en poeta ou m\u00fasico ou\u00a0 mec\u00e1nico por mor dun fracaso escolar ou das reprimendas do pai ou polo nacemento dun irm\u00e1n, mais pode establecer un <i>xeito de facer<\/i>, dar unha cor distinta \u00e1 percepci\u00f3n da existencia. Algo semellante puido acontecer en Pessoa. Determinados poemas, tan estreitamente ligados a estampas vitais na biograf\u00eda do poeta, non se \u00a0xustifican como meras coincidencias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-5301\" alt=\"pessoa2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa2.jpg\" width=\"297\" height=\"170\" \/><\/a>Segundo Luciano Rodr\u00edguez, no dicir pessoano Poes\u00eda e Filosof\u00eda confl\u00faen nunha expresi\u00f3n po\u00e9tica abondo singular que ter\u00eda \u201ca s\u00faa orixe na crise do co\u00f1ecemento que se produce a finais do s\u00e9culo XIX e nos comezos e prolongaci\u00f3n do s\u00e9culo XX\u201d. Ao igual que outros dos seus coet\u00e1neos \u2013T.S. Eliot, W.B. Yeats, Paul Val\u00e9ry, James Joyce ou Ezra Pound-, \u201cfoi un obseso investigador da realidade do Co\u00f1ecemento\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pessoa \u00e9 quen, ao final e ao principio, de nos dicir sempre a \u00faltima palabra. Palabra <i>pessoana<\/i> emitida desde o finximento, a maneira m\u00e1is veraz de a dicir, porque el \u00e9 o seu dono e a palabra dona del. Pois \u00e9 de finximento de que vai a cousa. Finximentos de identidades a nos remitir a cada pouco \u00e1 mesma orixe: a si mesmo. \u00a0\u201cA identidade non \u00e9 unha relaci\u00f3n inofensiva consigo mesmo, sen\u00f3n, un estar encadeado a si mesmo. O comezo est\u00e1 cargado de si mesmo. \u00c9 un presente de ser, non de so\u00f1o. A s\u00faa liberdade est\u00e1 limitada inmediatamente pola responsabilidade. Niso reside o seu enorme paradoxo: un ser libre que xa non \u00e9 libre porque \u00e9 respons\u00e1bel de si mesmo\u201d (Levinas),<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pessoa non \u00e9 outro que os seus versos. O home substitu\u00eddo polo poeta, como di Jos\u00e9 de Almada Negreiros, pero poeta que fai home a Pessoa: \u201cN\u00e3o conheci exemplo igual ao de Fernando Pessoa: o do home substituido pelo poeta (&#8230;) Mas ele tinha posto efectivamente toda sua vida na Poesia; ele \u00e9 exactamente o poeta dos seus versos.\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5302\" alt=\"pessoa3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa3-184x300.jpg\" width=\"184\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa3-184x300.jpg 184w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/pessoa3.jpg 236w\" sizes=\"(max-width: 184px) 100vw, 184px\" \/><\/a>Existen xenios, segundo H. Kohut, capaces de mudar totalmente de personalidade en etapas avanzadas das s\u00faas vidas. Nun artista un cambio total de estilo equivale a un cambio de identidade. \u201cAo pasar dunha fase a outra, moitos dos m\u00e1is grandes artistas revelan que neles desenv\u00f3lvese unha loita por acadar formas sempre novas de identidade\u201d. \u00a0Sen creaci\u00f3n, afirma Winnicott, non hai m\u00e1is que supervivencia. Pretender que o pensamento sexa igual a un <i>proceso de subxectivaci\u00f3n<\/i> resulta tan pouco frut\u00edfero e est\u00fapido como intentar ver niso \u201cun retorno ao suxeito\u201d. Tr\u00e1tase da constituci\u00f3n de modos de existencia ou de posibilidades vitais. Non a existencia como suxeito, sen\u00f3n como obra de arte; e, nesta \u00faltima fase, o pensamento \u00e9 un pensamento-artista.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nietzsche devolve ao suxeito o seu papel de protagonista como artista; pero esta vez <i>a todos os suxeitos<\/i>, e non soamente ao \u201cxenio\u201d. A delicada \u00a0posici\u00f3n das artes na teor\u00eda rom\u00e1ntica foi aproveitada por Hegel para renovar a teor\u00eda plat\u00f3nica (a arte de ofrecer mentiras ou \u201cnecidades\u201d), e rematar dese xeito coa arte, facendo das obras de arte meros documentos hist\u00f3ricos dunha verdade social ou nacional (F. de Az\u00faa). A m\u00e1scara da arte ofrecida como a mentira que anuncia a verdade profunda do ser que quere ser en aquel que se oculta, e polo tanto no agocho aparecer\u00e1 tal como \u00e9: a pluralidade do ser:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <i>Deus n\u00e2o tem unidade<\/i><b>, <\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><b>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/b><i>Como a terei eu?<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u00a0 (F. Pessoa)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fidel Vidal.\u00a0(Oh, non creades na unidade do home!\u00a0Dostoiewski).\u00a0Fernando Pessoa \u00e9 unha das evidencias onde un especial tipo de alienaci\u00f3n tr\u00f3case xerme de liberdade: da liberdade do home en horas libres. Porque nas outras horas, nas horas chamadas de traballo ao servizo doutros, o autor non \u00e9 libre: vive alienado nun labor alleo ao seu proxecto, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5298\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Pessoa: O suxeito como obra de arte<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,65,10],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5298"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5298"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5298\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5303,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5298\/revisions\/5303"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5298"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5298"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5298"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}