{"id":5304,"date":"2016-03-16T06:00:37","date_gmt":"2016-03-16T06:00:37","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5304"},"modified":"2016-03-11T12:42:54","modified_gmt":"2016-03-11T12:42:54","slug":"liquidacion-de-existencias-de-ramon-caride","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5304","title":{"rendered":"Liquidaci\u00f3n de existencias, de Ram\u00f3n Caride."},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5306\" alt=\"liquidaci\u00f3n\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n-197x300.jpg\" width=\"197\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n-197x300.jpg 197w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n-675x1024.jpg 675w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n-900x1365.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 197px) 100vw, 197px\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>Andr\u00e9s e mais Cesar, o Cesari\u00f1o, dous mozos estudantes e vividores en Compostela, planifican a execuci\u00f3n dun secuestro expr\u00e9s mentres transitan pola noite santiaguesa. Andr\u00e9s, que narra en primeira persoa, ao primeiro consid\u00e9rao coma unha idea desatinada, m\u00e1is finalmente d\u00e9ixase convencer e acom\u00e9teno. O apreixamento ter\u00e1 lugar no solar illado dun pol\u00edgono industrial, entre Padr\u00f3n e a r\u00eda de Arousa. As v\u00edtimas, o construtor Tom\u00e1s del Monte e mais o seu fillo, pagan cunha facilidade tal que descoloca as previsi\u00f3ns de C\u00e9sar e Andr\u00e9s, e fai que se conf\u00eden, comezando a gastar o bot\u00edn no bordel Ophalus <!--more-->(un dos humor\u00edsticos xogos fon\u00e9ticos cos que Caride condimenta o relato, como tam\u00e9n o t\u00edtulo -e mesmo o dese\u00f1o da imaxe da capa- \u00e9 outro sutil xogo de ideas alusivo ao tema), iniciando un episodio de velocidade e estrada que remata en accidente. Morre o Cesari\u00f1o e sobre Andr\u00e9s, tras sa\u00edr do hospital, non caen responsabilidades porque sucede algo que xa me van conceder omitir, por ser parte do desenlace da novela.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Coido que a idea central \u00e9 a dunha situaci\u00f3n posible. Unha situaci\u00f3n non tan pouco habitual (ch\u00e1mese secuestro, desfalco, mordida, tr\u00e1fico, extorsi\u00f3n, roubo, fraude ou corrupci\u00f3n) hoxe en d\u00eda, e dada na novela cos seus riscos literarios de acci\u00f3n, urxencia, precipitaci\u00f3n, marxinalidade e tensi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Digo na novela porque esa peza curta dos <i>Dous de copas<\/i> \u00e9 a cerna do libro. O propio Caride fai esa apreciaci\u00f3n cando o cualifica coma unha novela fragmentaria. Os outros oito relatos, dispostos en peite entre as catro partes do principal, fanlle un coro ambiental que reforza un dos aspectos aos que lle dedica m\u00e1is esforzo: o da sensaci\u00f3n de agobio, desleixamento e decadencia. E tam\u00e9n da sensaci\u00f3n de urxencia, da prema pola que a sociedade d\u00e1 en parecer estar decote ao bordo de algo, ao l\u00edmite de algo, o que por asociaci\u00f3n de ideas nos leva, outra volta, ao marxinal, o desencaixado, o socialmente dislocado. Ram\u00f3n Caride escolle intres, coutos, retrincos ou angueiras ca\u00eddas do sistema, vidas ou intres en abocamentos, subversi\u00f3ns, confusi\u00f3ns, evasi\u00f3ns que \u00e1s veces raian nun gangsterismo coloquial, coma no conto introdutorio, <i>Terapia ocupacional<\/i>, cuxo t\u00edtulo prop\u00f3n xa unha certa xocosidade no emprego da idea literaria, nun marco urbano e un clima de baixo fondo a trav\u00e9s de d\u00faas situaci\u00f3ns moi reco\u00f1ecibles, onde nos presenta, cun polic\u00eda xen\u00f3fobo o paradoxo \u00e9tico de Occidente nun ser que non ten m\u00e1is ca en si mesmo a referencia das cousas, de como son ou como deben ser, na s\u00faa mentalidade irredutible e -seguro que acerto co termo- alienada. Ou coma nese argumento principal do secuestro, aparentemente arquet\u00edpico pero decontado tra\u00eddo \u00e1 condici\u00f3n de alameda galega, da que non atopo mellor expresi\u00f3n ca a do propio autor, cando a\u00ed, situ\u00e1ndonos no paseo do Espol\u00f3n, nos da con facil\u00edsima axilidade esa frase entre retranca e x\u00e9nero negro <i>\u201c\u2026non quitara os ollos da fileira de \u00e1rbores, non sei se casti\u00f1eiros de indias ou plataneiros de sombra, porque a bot\u00e1nica nunca foi o meu\u2026\u201d <\/i>(Pax. 64), parte dunha pasaxe da que sobresaen o ritmo, a tensi\u00f3n psicol\u00f3xica dos personaxes e m\u00e1is a propia iron\u00eda coa que o t\u00edtulo &#8211;<i>Dous de copas- <\/i>fai o retrato sumar\u00edsimo dos dous protagonistas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-5307\" alt=\"liquidaci\u00f3n2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n2.jpg\" width=\"286\" height=\"176\" \/><\/a>Os demais relatos, <i>Marca Espa\u00f1a<\/i>, constru\u00eddo a trav\u00e9s do interrogatorio dun xu\u00edz c\u00f3mplice de corrupci\u00f3n; <i>Drag\u00f3n imperial. Restaurante<\/i>, onde entra no conflito de conciencia dun vello e contraditorio comunista homenaxeado polo sistema capitalista; <i>A incerteza dos mariscos<\/i>; <i>La Boca Ribera. Inmobiliarias<\/i>; <i>Veteranos das guerras ps\u00edquicas;<\/i> e <i>Motel Melod\u00eda Encantada<\/i>, duro punch literario a prol dunha muller desafiuzada e abocada \u00e1 vinganza por pura supervivencia emocional, troux\u00e9ronme dous pensamentos complementarios: un, o da ubicuidade do delito, a s\u00faa inherencia ao modelo de sociedade; e o outro o retrouso do \u00faltimo disco de Rosendo \u201c\u2026 <i>venga el tiroliro y toma traca y daca y luego yo no he sido, claro<\/i> \u2026\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Malia o peso do tema, a linguaxe literaria de Caride \u00e9 \u00e1xil, c\u00f3moda, de ritmo curto e de discurso neto, limpo, directo, incluso duro, cunha forza que lle v\u00e9n do contexto e das intelixentes notas aleg\u00f3ricas, finamente ir\u00f3nicas, xocosas ou, polo menos, adobiadas dun humor de sorriso contido, entre chispa, retranca e pensamento autocr\u00edtico, coma no caso da idea familiar, \u201c\u2026<i>reconstruiramos un precario equilibrio familiar, tan est\u00e1bel coma a paz no L\u00edbano polo menos<\/i>\u2026\u201d (Pax. 25)- ou dunha opini\u00f3n sobre un libro, \u201c\u2026<i>Non estaba nada mal, a\u00ednda que, como dir\u00eda o Cesari\u00f1o, f\u00e1ltalle algo de sexo<\/i>\u2026\u201d (Pax. 26), ou mesmo de aberta gargallada, coma no episodio do piso das mozas universitarias e a s\u00faa resoluci\u00f3n (Paxs. 23 e 24), sobresa\u00edndo tam\u00e9n a presenza de intertextualidades e referencias -\u201d\u2026<i>o so\u00f1o da raz\u00f3n produce apnea<\/i>\u2026\u201d (Pax. 71) en forma de variaci\u00f3ns ou transmutaci\u00f3ns moi aca\u00eddas ao texto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Caride manexa moi ben as claves do x\u00e9nero negro. M\u00f3veas coa comodidade de quen est\u00e1 coma peixe na s\u00faa auga literaria. Sobre todo a atmosfera e o ritmo. Recordemos que nos atopamos no \u00e1mbito rural, non no urbano, e moito menos no arrabalde urbano ou na \u201cgran avenida\u201d central, e que, con todo, temos a impresi\u00f3n de percibir en gris, respirar, ler, estar en gris, en ar de baixo fondo, en esquina sombr\u00eda, en local de alterne, en noite, en bisbo e en cerellada criminal.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5308\" alt=\"liquidaci\u00f3n3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n3-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n3-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/liquidaci\u00f3n3.jpg 540w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> Recordemos tam\u00e9n que ese mesmo \u00e1mbito est\u00e1 trufado de frase r\u00e1pida, impropia del, m\u00e1is propia da liorta, da urxencia delincuencial, pero sen que Caride perda o control da ruralidade, e tampouco sen que caia na contradici\u00f3n, sen\u00f3n dosificando e coidando que eses dous factores non se anulen entre si. Xa digo: novela negra pola atmosfera, polo ritmo, polo tema, pola construci\u00f3n, pola linguaxe, da que merece ser destacado o emprego desas sentenzas habituais no x\u00e9nero, coma sa\u00eddas da pentalox\u00eda do inspector Callahan ou do <i>Falc\u00f3n Malt\u00e9s<\/i>: \u201c\u2026<i>sonche novo de m\u00e1is para ir ao trullo, e vello de m\u00e1is para que me apliquen a lei de menores<\/i>\u2026\u201d (Pax. 20), ou pola presenza da m\u00fasica (Dire Straits do supermercado, o Simca mil dos Inhumanos, Mick Jagger, os pasodobres do relato do vello comunista, <i>Ch\u00e1malle XY<\/i>, a cita indirecta do glorioso <i>Menea el bullarengue <\/i>dos Siniestro Total, AC\/DC, ou as referencias dos subt\u00edtulos na novela curta: <i>Sweet Jane<\/i>;\u00a0 <i>I`m waiting for my man<\/i>, variaci\u00f3n do t\u00edtulo da Velvet Underground; <i>Goodnight Ladies<\/i>, de Lou Reed; e <i>Sad Song<\/i>, de We the kings) que vai intercalando coma auditivos puntos de encontro ou de sinerx\u00eda con esa atmosfera.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Quixera eu, pola mi\u00f1a parte, rematar dicindo que <i>Liquidaci\u00f3n de existencias <\/i>\u00e9 unha lectura agradecida, agradable, desconxestiva, rica en sabores, chea de complicidades e chiscadelas ao bo ler\/lecer. Hai literaturas de sof\u00e1, literaturas de beiramar e literaturas de c\u00f3bado, mesa e atril. Esta \u00e9 unha novela, no mellor sentido da palabra, de man ou de \u201cpeto\u201d; ent\u00e9ndaseme: de peto superlativo, de compa\u00f1\u00eda, de ir con un, de estar preto dela mentres dure o tempo de lela. De levala -quizais estea mellor dito- nese peto imaxinario da chaqueta lectora no que todos levamos o libro que ten miolo e se le ben.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0Andr\u00e9s e mais Cesar, o Cesari\u00f1o, dous mozos estudantes e vividores en Compostela, planifican a execuci\u00f3n dun secuestro expr\u00e9s mentres transitan pola noite santiaguesa. Andr\u00e9s, que narra en primeira persoa, ao primeiro consid\u00e9rao coma unha idea desatinada, m\u00e1is finalmente d\u00e9ixase convencer e acom\u00e9teno. O apreixamento ter\u00e1 lugar no solar illado dun pol\u00edgono industrial, entre &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5304\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Liquidaci\u00f3n de existencias, de Ram\u00f3n Caride.<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5304"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5304"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5304\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5309,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5304\/revisions\/5309"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5304"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5304"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5304"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}