{"id":5502,"date":"2016-04-25T06:00:31","date_gmt":"2016-04-25T06:00:31","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5502"},"modified":"2016-04-22T20:18:45","modified_gmt":"2016-04-22T20:18:45","slug":"anna-ajmatova-fe-cega-na-poesia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5502","title":{"rendered":"Anna Ajm\u00e1tova: fe cega na poes\u00eda"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5504\" alt=\"anna1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna1-209x300.jpg\" width=\"209\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna1-209x300.jpg 209w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna1.jpg 363w\" sizes=\"(max-width: 209px) 100vw, 209px\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>So\u00f1ei que Rask\u00f3lnikov, o protagonista de <i>Crime e castigo<\/i>, viaxaba coa s\u00faa machada no tren cara a San Petersburgo coa intenci\u00f3n de asasinar a Anna Ajm\u00e1tova (23 de xu\u00f1o, 1889-5 de marzo, 1966). Eu sub\u00eda ao convoi para intentar impedilo. Ateigados de xente e escuros, nos vag\u00f3ns sentinme asfixiado porque non o daba atopado. Perd\u00edn o alento e espertei do pesadelo suando e aliviado. Como puido a mi\u00f1a cabeci\u00f1a ir parar ata semellante escena? No medio da noite, din cunha posible resposta. Levaba d\u00edas remexendo no material acumulado nunha carpeta de apuntamentos referidos ao que fai anos denominei galer\u00eda feminina po\u00e9tica, unha vella aspiraci\u00f3n que nunca coroei.<!--more--> Nestes papeis figuran o nome de varias heterodoxas, rabudas e santas do pasado s\u00e9culo. Sobre d\u00faas, Emily Dickinson e Sylvia Platt, xa falei aqu\u00ed. Logo das d\u00faas americanas, a terceira \u00e9 unha rusa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ajm\u00e1tova, a poeta que formou parte da inquieta e heterox\u00e9nea xuventude de San Petersburgo das primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX, foi tam\u00e9n unha figura sobresa\u00ednte da emblem\u00e1tica xeraci\u00f3n de poetas que conformaron a denominada vangarda rusa, dos cales, Gumiliov, un dos tres maridos que tivo Anna, foi fusilado no 1922 acusado de mon\u00e1rquico; Osip Mandelstham, o seu amigo da alma, pereceu no gulag; Yesenin e MaiaKovski suicid\u00e1ronse. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5505\" alt=\"anna2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna2-213x300.jpg\" width=\"213\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna2-213x300.jpg 213w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna2.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 213px) 100vw, 213px\" \/><\/a>Outros moitos, como Pasternak e a mesma Ajm\u00e1tova, foron perseguidos e obrigados a calar. Os demais abandonaron o seu inh\u00f3spito pa\u00eds para establecerse no estranxeiro. Naqueles tempos, mentres na URSS se levantaban gulags e se practicaban numerosas e indiscriminadas purgas, unha boa parte da intelectualidade occidental loaba as bondades dun r\u00e9xime cruel e desp\u00f3tico. E n\u00f3s -Oh, my sorrow!-, festexabamos a nosa orgullosa adolescencia\u2026 Ent\u00f3n, un represaliado ou un exiliado ruso era considerado un renegado, un opositor ao progreso da humanidade. Manda carallo!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cualificada como a poeta rusa m\u00e1is \u201cgrande\u201d do s\u00e9culo XX, Anna Ajm\u00e1tova, a quen os homes amaron pero talvez nunca comprenderon, pagou moi cara a s\u00faa decisi\u00f3n de seguir o seu cami\u00f1o libre das ataduras de Zhdnanov e o \u201crealismo socialista\u201d. Pola s\u00faa aposta foi perseguida e calumniada. Stalin considerou que ela, corpo delgado e fr\u00e1xil que agochaba unha vontade de ferro e unha fe inmensa e cega na poes\u00eda, representaba unha dobre ameaza: muller e poeta: <i>Yo tomo de la derecha y de la izquierda\u2026Y todo el silencio de la noche<\/i>, escribiu unja vez para recordarlle ao tirano que o coro po\u00e9tico sempre habita <i>en la otra orilla del infierno<\/i>. Logo de ser tachada de \u201cputa\u201d e \u201ccontrarevolucionaria\u201d (1935), a su poes\u00eda foi prohibida. A segunda gran guerra devolveulle popularidade e honores. A s\u00faa voz estivo ao lado do seu pobo na defensa de Leningrado. \u00c9 consagrada. Talvez de m\u00e1is. O poder nunca perdoa a orgullosa sublevaci\u00f3n dos pobres. Na sombra o tirano agardaba para saltar sobre a s\u00faa presa. E trala a contenda, ordena que sexa despoxada da liberdade e da gloria. Sumida na miseria, pasa fame e fr\u00edo. O seu fillo \u00e9 internado nun gulag. Cando regresou no 1956, o amor filial trocouse en rancor. Ning\u00fan dos dous se reco\u00f1eceron.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-5506\" alt=\"anna3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/anna3.jpg\" width=\"180\" height=\"300\" \/><\/a>Un d\u00eda de novembro de 1945 Ajm\u00e1tova recibiu unha visita inesperada e gratamente sorprendente. \u00c1 porta da su humilde casa petou o escritor ingl\u00e9s Isaiah Berlin (<i>\u00bfqu\u00e9 fulgor invisible\/ nos encendi\u00f3 hasta la aurora?<\/i>). Non se volveron a xuntar ata 20 anos m\u00e1is tarde. Foi no 1965 en Oxford, onde a rusa acudiu para recibir o premio <i>Doctor honoris causa<\/i>. Este reco\u00f1ecemento chegoulle logo da morte do tirano (1953). Foi cando as novas autoridades rehabilitaron a milleiros de persoas perseguidas ou encadeadas por motivos pol\u00edticos. No acto, Ajm\u00e1tova luc\u00eda o fular que lle ti\u00f1a regalado vinte anos atr\u00e1s a s\u00faa amiga Marina Tsvet\u00e1ieva (1892-1941), a quen levou ata o suicidio o continuo ostracismo a que foi sometida.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Durante un longo per\u00edodo de tempo Ajm\u00e1tova desapareceu no seu herm\u00e9tico retiro forzoso, apartada do seu traballo e de calquera outro diante do que puidera exhibir algunha inclinaci\u00f3n: privada de todo intercambio ou comunicaci\u00f3n co mundo exterior. E, con todo, e a\u00ednda que este sexa un territorio de areas movedizas, non se pode esquecer que toda a cr\u00f3nica da literatura rusa moderna, dende Pushkin a Brodsky, pasando por Ajm\u00e1tova, \u00e9 a da supervivencia baixo unha represi\u00f3n brutal. De feito, gran parte da mellor poes\u00eda rusa do tempo de Ajm\u00e1tova ten circulado de boca en boca e tense recitado de xeito interior, como lle pasou \u00e1 nosa denodada poeta, cuxa obra ten sido preservada e publicada caladamente e nas edici\u00f3ns da memoria persoal. Ten habido m\u00e1is resistentes loitadoras contra \u201ctodo \u00e1ngel es terrible\u201d (Rilke) que Anna Ajm\u00e1tova? M\u00e1is fortes non o sei, pero na mi\u00f1a galer\u00eda hai outras d\u00faas infatigables combatentes. Tam\u00e9n alg\u00fan d\u00eda falaremos delas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0So\u00f1ei que Rask\u00f3lnikov, o protagonista de Crime e castigo, viaxaba coa s\u00faa machada no tren cara a San Petersburgo coa intenci\u00f3n de asasinar a Anna Ajm\u00e1tova (23 de xu\u00f1o, 1889-5 de marzo, 1966). Eu sub\u00eda ao convoi para intentar impedilo. Ateigados de xente e escuros, nos vag\u00f3ns sentinme asfixiado porque non o daba atopado. &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5502\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Anna Ajm\u00e1tova: fe cega na poes\u00eda<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18,10],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5502"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5502"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5502\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5507,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5502\/revisions\/5507"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5502"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5502"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5502"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}