{"id":5569,"date":"2016-05-14T06:00:41","date_gmt":"2016-05-14T06:00:41","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5569"},"modified":"2016-05-06T09:09:02","modified_gmt":"2016-05-06T09:09:02","slug":"un-asasino-felizmente-casado-de-fidel-vidal-ii","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5569","title":{"rendered":"Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal (II)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5207 alignright\" alt=\"fidelvidal\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal-186x300.jpg\" width=\"186\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal-186x300.jpg 186w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal-635x1024.jpg 635w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal-900x1449.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal.jpg 1034w\" sizes=\"(max-width: 186px) 100vw, 186px\" \/><\/a>Manuel Fern\u00e1ndez Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>O meu amigo Fidel Vidal envioume hai alg\u00fan tempo, por correo electr\u00f3nico, esta novela. Lina dun tir\u00f3n, prendeume e sorprendeume. Pensei: isto \u00e9 literatura. Non o penso sempre que leo unha novela. Agora, xa publicada, volvina a ler para esta presentaci\u00f3n.\u00a0\u00c9 literatura do real, por iso ten momentos inquietantes. A \u00fanica literatura que me interesa \u00e9 a que atravesa os semblantes. Moita literatura, tida por boa, non deixa de participar do estilo pastoral, dun estilo pastoral laico.\u00a0A novela ten dous apartados que recollen o di\u00e1logo interior de Amador e de Marta. Eles dous non tan felizmente casados.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O mon\u00f3logo de Amador, casado m\u00e1is co seu pensamento que con Marta, est\u00e1 gobernado polo odio e a culpa. O mon\u00f3logo de Marta est\u00e1 gobernado polo amor e a culpa. Culpa, no caso de Marta, pola sospeita da insuficiencia do seu amor pola filla morta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Amador, pola s\u00faa parte, est\u00e1 preso do odio ao pai. So\u00f1a coa faza\u00f1a de darlle morte, para logo dedicarse aos desvalidos, \u00e9 dicir, a si mesmo. Pero tam\u00e9n matina na posibilidade do acto definitivo, o \u00fanico acto totalmente logrado\u00a0 -todos os demais son actos falidos-. Matina co suicidio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Amador v\u00edvese como un exiliado da s\u00faa propia familia. Familia composta pola nai vilega e dedicada, pero hist\u00e9rica, o pai brutal, e oito fillos, todos var\u00f3ns. Ese pai primitivo e luxurioso \u00e9 co que a nai baila t\u00f3dalas noites baixo a mirada aterrada dos fillos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Amador non \u00e9 forte, non ten os atributos dun Mosqueira, como o seu pai e os seus irm\u00e1ns, polo que se vive cun menos de virilidade. O seu nacemento \u00e9 un pecado. Amador vive dende a s\u00faa nenez no momento adiantado de facerse forte e matar ao pai. Na espera dese momento, el mesmo est\u00e1 mortificado e a morte pasa a ser o amo do seu pensamento. A morte lle retorna nos temores hipocondr\u00edacos. E vai continuamente aos m\u00e9dicos, aos que inxuria por non certificalo como enfermo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Amador odia e admira ao pai ao mesmo tempo. O seu pai \u00e9 un amo do goce por iso Fidel Vidal lle fai dicir a Amador: \u201cOdio a meu pai pero non quero renunciar ao seu modelo\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fidel consegue reflectir o di\u00e1logo interior de Amador en p\u00e1xinas dunha gran beleza literaria. Temos un dos mellores exemplos no cap\u00edtulo doce (do apartado dedicado a Amador) onde se entrega a unha sorte de asociaci\u00f3n libre, no borde do sentido. \u00c9 cando fala do seu padri\u00f1o (o pai ideal) fronte ao pai real (o pai do goce). Pero ese pai omnipotente e terrible ti\u00f1a medo, era un covarde, ti\u00f1a medo a conducir, ti\u00f1a unha fobia. O momento no que Amador descobre isto, \u00e9 un momento de destituci\u00f3n, de ca\u00edda, tam\u00e9n do propio suxeito. O curm\u00e1n Roi, un sen pai, ocupar\u00e1 un lugar de pai ideal tam\u00e9n. Un pai fornecedor de ideolox\u00eda, de identificaci\u00f3ns, e que, avalando a s\u00faa escrita dun pequeno ensaio sobre Hamlet, sobre a soidade de Hamlet, prom\u00f3veo como autor.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non \u00e9 casual, ao meu entender, a referencia a Hamlet. Hamlet \u00fasase de cot\u00edo como exemplo da neurose obsesiva, a neurose tipicamente masculina. A parte dedicada a Amador de <i>Un asasino felizmente casado<\/i>, pode ser un perfecto exemplo do funcionamento do pensamento obsesivo. Fidel faille pensar a Amador: \u201cPaso a vida s\u00f3, s\u00f3, s\u00f3\u201d. Pensa que m\u00e1is s\u00f3 que Manuel Antonio, sobre o que Fidel Vidal publicou un ensaio. Polo menos Manuel Antonio, pensa Amador, \u201ccontaba co mar, co barco, e coa noite\u201d. El con nada, coa pura soidade, co baleiro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Fidel_Vidal_P\u00e9rez_AELG-5.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright  wp-image-5528\" alt=\"Fidel_Vidal_P\u00e9rez_(AELG)-5\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Fidel_Vidal_P\u00e9rez_AELG-5.jpg\" width=\"331\" height=\"221\" \/><\/a>O Pai brutal r\u00edase dos debuxos, dos relatos, e dos poemas de Amador, que fac\u00eda equivaler a pouca virilidade. Pero, o pai do terror, agacha no pensamento de Amador o goce inconfesable da nai. Cando Amador renuncia a Berta (noiva oficial, bo partido, e aceptada polos pais) para comprometerse con Marta, a nai expresa unha frase inesquecible para Amador: \u201cAc\u00e1base querendo a un can\u201d. Amador pensa: \u201cFalaba por ela\u201d. Aporta aqu\u00ed Fidel con mestr\u00eda que o autenticamente traum\u00e1tico para Amador tal vez non era a brutalidade do pai, sen\u00f3n o feito de que a doncela fina, vilega, de boa familia, gozara co bruto fornicador. Na nai de Amador, pesaba m\u00e1is a muller (que goza dun can) que a nai.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un obsesivo xenial, este Amador, que acaba facendo da noiva oficial a amante luxuriosa a que, na li\u00f1a obsesiva de cagalo todo, despois de encamarse con ela, xa casado, conf\u00e9salle o seu temor a que o contaxie da sida, dada a s\u00faa promiscuidade. As\u00ed, a culpa pola infidelidade, esixe o castigo mortal. Pero a culpa \u00e9 amiga da repetici\u00f3n e sigue fornicando con ela. Realiza as\u00ed a dupla de todo obsesivo que se preza: unha muller idealizada, para o amor, e outra degradada para o goce sexual.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A morte para Amador \u00e9 o obxecto do seu pensamento. \u00c9 o amo do seu pensamento. A morte non o alcanza no real como aos seus irm\u00e1ns (todos fillos do seu pai, respondendo ao seu modelo), que van morrendo, por suicidio, un tr\u00e1s outro. Todos eles entregados ao goce do pai que sorr\u00eda e gozaba golpeando os pitos, contra o canto da mesa, para matalos. Todos, querendo identificarse ao pai, identific\u00e1ronse en realidade ao seu obxecto de goce. Realiz\u00e1ronse como os pitos do pai, entregados a seren obxecto dese goce escuro. A Amador ser a excepci\u00f3n, querer matar o pai por non poder ser como el, salvoulle a vida. Converteu a morte, non nun acto, sen\u00f3n nunha obsesi\u00f3n. A morte, o asasinato do pai e a propia morte, ficou s\u00f3 como obxecto do seu pensamento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao contrario que os seus irm\u00e1ns, non ofreceu a s\u00faa morte no altar do sacrificio para o goce do Outro, do pai. Amador fai da morte, no seu pensamento, o castigo polo seu propio goce culpable. Nunha frase xenial, Fidel faille dicir a Amador: \u201cDesfacerme do meu pai, liquidar esa forza dominadora e intolerante, p\u00f3dese converter para min nunha aut\u00e9ntica amputaci\u00f3n\u201d. Este \u00e9 o drama do obsesivo, que non pode desfacerse do outro sen aniquilarse el mesmo, porque el \u00e9 o outro, e o outro \u00e9 el.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Amador covarde, de novi\u00f1o, dille o pai que, como era carniceiro, por a\u00ed dic\u00edan que era un asasino e que el era \u201co fillo do asasino\u201d. O pai, cun sorriso, e mirando de esguello a nai de Amador, contestoulle: \u201cUn asasino felizmente casado\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un asasino que presume de selo e ademais presume do seu goce coa nai e con outras mulleres. Un amo do goce, fronte o asasino fracasado e ao fornicador clandestino e vergo\u00f1ento de Amador. O neur\u00f3tico \u00e9 un perverso fracasado. Convir\u00edalle escoitar a Amador, ao estilo da proclama sadiana: un esforzo m\u00e1is para chegar a ser un asasino felizmente casado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Todo este prodixio de pensamento pechado sobre si mesmo ten a s\u00faa cume co pai de corpo presente. Momento que Fidel retoma ao final do apartado dedicado a Amador. \u201cAgora tocan mortes. O pr\u00f3ximo en caer serei eu. Nesas andamos, e meu pai de corpo presente\u201d. E, a continuaci\u00f3n, a \u00faltima frase de Amador: \u201cE a mi\u00f1a querida e adorada filla Paula?\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Amador, da morte real e traum\u00e1tica, s\u00f3 nos da unha li\u00f1a.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A morte negada, que en Amador red\u00facese a unha li\u00f1a, ocupa todo o pensamento da s\u00faa muller \u00e1 que Fidel dedica o segundo apartado da novela.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Marta di que para Amador a morte da filla \u00e9 un tema tab\u00fa. Para ela \u00e9 un tema eternamente actual, algo que non pode pasar ao pasado. Ese \u00e9 precisamente o tempo do trauma: un eterno presente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidal-vidal3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5530\" alt=\"fidal vidal3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidal-vidal3-300x221.jpg\" width=\"300\" height=\"221\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidal-vidal3-300x221.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidal-vidal3.jpg 316w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Marta quere falar cun Amador calado e ausente que non abre a boca. A muller, \u00e9 muller, necesita dialogar, precisa ao outro, pero a Amador b\u00e1stalle o autoerotismo do seu pensamento. Pasan horas un ao lado do outro sen falar. Marta pasara, no pasado, pola mala relaci\u00f3n coa s\u00faa nai, tan feminina, que compensou cos coidados que lle procurou na s\u00faa enfermidade mortal (un cancro cerebral que provocoulle unha afasia).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A experiencia da morte da filla a reconcilia co seu ser de muller, cando ela, de nena, quer\u00eda ser un neno como o seu irm\u00e1n, e un home como o seu pai.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Confrontada a perda m\u00e1is dolorosa (a dun fillo) a soidade conv\u00e9rtese no seu partenaire esencial, ante un Amador ausente no sof\u00e1, ausente como en realidade estivo sempre. Marta pensa que \u201causente\u201d \u00e9 a verba que mellor lle cae. Pero Amador est\u00e1 ausente pensando no seu pai de corpo presente. Mentres, Marta pensa e repasa a s\u00faa vida coa s\u00faa filla, na procura das s\u00faas culpas. Culpas que puideran ter que ver coa enfermidade da s\u00faa filla. Fronte ao sen sentido, a culpa fornece dun posible sentido a expensas do suxeito. Se \u00e9 culpable, \u00e9 que a historia poder\u00eda ter sido diferente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cara o final Fidel aporta un apunte luminoso cando lle fai dicir a Marta: \u201cM\u00e1is \u00e1 s\u00faa morte f\u00e1ltalle sentido. A vida carece de sentido. Se a vida non ten sentido, como non vai carecer de sentido a morte desa vida sen sentido?\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 verdade a vida non ten sentido e os neur\u00f3ticos, todos n\u00f3s, sufrimos porque consideramos que debe telo. Facemos de darlle sentido a vida un deber, unha obriga. Como parvos dicimos: \u201cNon se pode pasar por aqu\u00ed sen m\u00e1is\u201d. E \u00bfporqu\u00e9 non? Sobre todo porque o sentido ven do Outro que tentamos facer consistente a toda costa, as\u00ed sexa -como os irm\u00e1ns de Amador- identific\u00e1ndonos aos pitos mortos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Se a vida non ten sentido, a morte moito menos. Lacan dic\u00eda que a morte \u00e9 insignificante. \u00c9 insignificante porque non se pode significar. A morte, e moito m\u00e1is a morte propia, e irrepresentable. A morte \u00e9 insensata, est\u00e1 fora do sentido. A morte \u00e9 sen o Outro, ningu\u00e9n morre acompa\u00f1ado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Este oco, este baleiro de sentido, s\u00f3 podemos bordealo. Esa \u00e9 a finalidade dos ritos funerarios: rodear con palabras rituais o baleiro da ausencia absoluta de sentido. Est\u00e1n os ritos, pero tam\u00e9n a filosof\u00eda e a literatura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para min, a novela de Fidel Vidal ten como eixo central a morte. \u00c9 unha reflexi\u00f3n sobre a morte e, especialmente, sobre a vivencia neur\u00f3tica (masculina e feminina) sobre a morte. Desde o meu punto de vista, \u00e9 unha reflexi\u00f3n sen velos, que nos aproxima ao real indicible. Ese \u00e9 o seu m\u00e9rito, ademais da s\u00faa beleza literaria.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Felicidades Fidel por entregarnos esta gran novela.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Manuel Fern\u00e1ndez Blanco.\u00a0O meu amigo Fidel Vidal envioume hai alg\u00fan tempo, por correo electr\u00f3nico, esta novela. Lina dun tir\u00f3n, prendeume e sorprendeume. Pensei: isto \u00e9 literatura. Non o penso sempre que leo unha novela. Agora, xa publicada, volvina a ler para esta presentaci\u00f3n.\u00a0\u00c9 literatura do real, por iso ten momentos inquietantes. A \u00fanica literatura que &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5569\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal (II)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,66,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5569"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5569"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5569\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5589,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5569\/revisions\/5589"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5569"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5569"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5569"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}