{"id":5602,"date":"2016-05-18T06:06:28","date_gmt":"2016-05-18T06:06:28","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5602"},"modified":"2016-05-12T07:11:04","modified_gmt":"2016-05-12T07:11:04","slug":"viaxar-a-velocidade-do-puno","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5602","title":{"rendered":"Viaxar \u00e1 velocidade do pu\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Alfa-Centauri.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5605 alignright\" alt=\"Cibermitanios.com.ar\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Alfa-Centauri-300x187.jpg\" width=\"300\" height=\"187\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Alfa-Centauri-300x187.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Alfa-Centauri.jpg 728w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Cando souben, impresionado, que hai un proxecto cient\u00edfico promovido por Stephen Hawking para mandar por primeira vez na historia unha flota de naves espaciais a unha estrela, vi\u00f1\u00e9ronme \u00e1 cabeza tres recordos. De inmediato, \u00a0Tales de Mileto, o primeiro fil\u00f3sofo, famoso por caer nun pozo do seu xard\u00edn cando paseaba mirando de noite as estrelas con af\u00e1n est\u00e9tico e cient\u00edfico. <!--more-->Segundo, a tan recorrida frase de Carl Sagan: <\/span><i style=\"text-align: justify;\">Somos po de estrelas<\/i><span style=\"text-align: justify;\">, tam\u00e9n cient\u00edfica e po\u00e9tica pois a ciencia do s\u00e9culo XX confirmou o que sempre souberon poetas e fil\u00f3sofos: os \u00e1tomos que forman os humanos proceden das estrelas e volver\u00e1n a elas. Terceiro, un curioso xu\u00edzo que houbo en EEUU: consideraron culpable a un estudante por pegarlle de noite a un compa\u00f1eiro un pu\u00f1azo nun ollo. Como non hab\u00eda luz, aceptouse a declaraci\u00f3n da v\u00edtima dicindo que no momento de recibir o golpe form\u00e1ronse diante del pequenas luces (vin as estrelas, dicimos) e puido ver fugazmente a cara do agresor. Os cient\u00edficos testificaron que era posible. \u00a0\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non tiven ningunha d\u00fabida da raz\u00f3n pola que recordei esas tres an\u00e9cdotas. Levo uns anos preocupado cos avances tecnol\u00f3xicos do s\u00e9culo XXI e, por un mecanismo psicol\u00f3xico ancestral moi personalizado en min, intento quitarlle ferro pensando que non somos tan listos como pensamos. Pero c\u00fastame, sobre todo cando leo cousas como as que dic\u00eda ese artigo de Javier Sampedro. O proxecto ch\u00e1mase Breakthrough Starshot e sup\u00f3n o lanzamento dunha flota de nanonaves, cada unha do tama\u00f1o da unlla dun polgar, cara a estrela Alfa Centauri, a m\u00e1is visible da constelaci\u00f3n de Centauro, co fin de tomar datos. Tardar\u00e1n en chegar 20 anos viaxando a 200 mill\u00f3ns de quil\u00f3metros por hora empuxadas por un punteiro l\u00e1ser que usar\u00e1 como bater\u00eda unha central nuclear enteira e, a\u00ednda as\u00ed, ter\u00e1n que ir equipadas cun nanomotor de plutonio. Pero a raz\u00f3n real do proxecto, esa pola que vai ser financiado por un magnate ruso e o creador de Facebook, ten menos que ver coa curiosidade cient\u00edfica que co instinto de supervivencia. Importantes f\u00edsicos actuais calculan que as posibilidades humanas de colonizar outros mundos antes de que destr\u00faamos a Terra \u00e9 s\u00f3 do 50%.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/estrelas2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-full wp-image-5606 alignleft\" alt=\"estrelas2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/estrelas2.jpg\" width=\"254\" height=\"199\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Palabras maiores. Pero tendo en conta que moita xente rexeita as viaxes espaciais porque son in\u00fatiles e moi caras, non ser\u00e1 esa a raz\u00f3n de que os cient\u00edficos invoquen cada vez m\u00e1is o argumento de que temos que abandonar a Terra ou a especie humana desaparecer\u00e1? Pode. Pero non hai ningunha d\u00fabida, \u00e9 as\u00ed. E tam\u00e9n que desaparecer\u00e1 o pr\u00f3ximo lugar (planeta ou estrela) ao que vaiamos. E o seguinte, e o seguinte&#8230;. e o universo enteiro. Schopenhauer ti\u00f1a un sentido tr\u00e1xico da existencia porque dic\u00eda que a natureza prima a especie sobre o individuo. Quedou curto. A natureza non prima nin a propia natureza pois non \u00e9 m\u00e1is que un continuo constru\u00edrse e destru\u00edrse a si mesma. Os nosos antepasados, aqueles hom\u00ednidos que descubriron o sentimento relixioso, souberon desde o principio que a \u00fanica forma de evitar ese ciclo de destruci\u00f3n e construci\u00f3n \u00e9 que exista outro mundo, o mundo dos esp\u00edritos. O resto \u00e9 correr, como aquel lobo que persegu\u00eda a <i>Correcami\u00f1os<\/i> movendo as patas a toda velocidade sobre o abismo, para acabar caendo. Hai quen dir\u00e1 que son pesimista. Non \u00e9 certo: se razoo as\u00ed, \u00e9 porque eu xa viaxei \u00e1s estrelas. Lendo poemas, facendo o amor ou balance\u00e1ndome nas ondas unha noite estrelada de calma chicha na r\u00eda de Arousa. E, coma min, pode facelo calquera. E se non pode por ter unha mentalidade m\u00e1is cient\u00edfica que po\u00e9tica, que non se preocupe. Estimulando certas zonas cerebrais de proxecci\u00f3n visual, os cient\u00edficos son quen de conseguir que calquera ser humano viaxe \u00e1s estrelas sen necesidade de que lle dean un pu\u00f1azo no ollo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Cando souben, impresionado, que hai un proxecto cient\u00edfico promovido por Stephen Hawking para mandar por primeira vez na historia unha flota de naves espaciais a unha estrela, vi\u00f1\u00e9ronme \u00e1 cabeza tres recordos. De inmediato, \u00a0Tales de Mileto, o primeiro fil\u00f3sofo, famoso por caer nun pozo do seu xard\u00edn cando paseaba mirando de noite &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5602\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Viaxar \u00e1 velocidade do pu\u00f1o<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5602"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5602"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5602\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5613,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5602\/revisions\/5613"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5602"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5602"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5602"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}