{"id":5767,"date":"2016-06-14T06:00:30","date_gmt":"2016-06-14T06:00:30","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5767"},"modified":"2016-06-08T20:51:42","modified_gmt":"2016-06-08T20:51:42","slug":"tres-paisaxes-na-area","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5767","title":{"rendered":"Tres paisaxes na area"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_5768\" aria-describedby=\"caption-attachment-5768\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/paisaxe.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5768 \" alt=\"paisaxe\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/paisaxe-300x179.jpg\" width=\"300\" height=\"179\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/paisaxe-300x179.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/paisaxe-900x538.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/paisaxe.jpg 980w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-5768\" class=\"wp-caption-text\">Contemplar a silueta de area do Banco da Misela permite admirar a fermosura inestable desta forma de equilibrio hidrodin\u00e1mico mari\u00f1o<\/figcaption><\/figure>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong>Pedro Garc\u00eda Vidal.\u00a0<\/strong><\/em>No azul das augas e no verde continental predominantes, as areas tapizan en tonalidades douradas fondos e bordos litorais das nosas r\u00edas. Esas formas amarelas proclaman a diferenza. Seguramente nesa particularidade reside o seu poder de atracci\u00f3n. As areas certifican a transformaci\u00f3n da materia: de magma incandescente primixenio a s\u00f3lidas formaci\u00f3ns rochosas<!--more-->, rilladas logo polo eterno lamber das augas ou os ventos, para converterse en finos grans resistentes, maiormente de s\u00edlice en forma de cuarzo. Praias, formaci\u00f3ns dunares, xunto con barras e frechas litorais compo\u00f1en paisaxes onde as areas son especialmente protagonistas. A xeomorfolox\u00eda conv\u00e9rtese nunha ciencia emocionante contemplando con ollada interesada estas formas de acumulaci\u00f3n.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Salientamos unha tripla funcionalidade dos espazos areentos: a funci\u00f3n l\u00fadica, festiva, de ocio; a funci\u00f3n de monumento natural, fr\u00e1xil, atraente pola s\u00faa rareza; e, por \u00faltimo, a funci\u00f3n de berce, de colo onde acouga o berberecho que d\u00e1 traballo e fornece de futuro a centos de persoas cada outono.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Areais para o ocio. A praia, o grande saco de min\u00fasculos grans, un conxunto de part\u00edculas de rochas disgregadas, unha humilde acumulaci\u00f3n de pedras e sedimentos, pos\u00fae unha fermosura real. Cada praia ten o seu colo que a abriga. Sempre unha corrente de auga doce ten aqu\u00ed o seu esteiro e \u00e9 en parte responsable da s\u00faa formaci\u00f3n.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><strong>Movementos no fondo<\/strong><\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Na praia a area nunca est\u00e1 queda. Hai movementos no fondo cuberto de auga e na superficie. Todo nela est\u00e1 en permanente cambio debido \u00e1 acci\u00f3n das ondas, os eventos clim\u00e1ticos e tam\u00e9n pola acci\u00f3n do home. Abundantes e multiformes areais festonan o litoral do Barbanza. Solitarios na invern\u00eda, un balbordo de xentes colonizan as s\u00faas areas na estaci\u00f3n estival, cumprindo unha funci\u00f3n maiormente l\u00fadica, festiva, de ocio.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Areais para a contemplaci\u00f3n. Auga, vento e terra son \u00e1s veces tam\u00e9n aliados na x\u00e9nese de paisaxes dunha monumentalidade solemne. As\u00ed sucede por exemplo na zona de Corrubedo. A espectacular duna m\u00f3bil que singulariza esta paisaxe non ser\u00eda posible sen esa alianza. Abundancia de materiais finos producidos polas augas, frecuencia de ventos de direcci\u00f3n favorable, e topograf\u00eda de monta\u00f1as como aliada, dan lugar \u00e1 presenza de tan espectacular monte de area vivo, sentinela natural que atesoura unha beleza salvaxe. O mont\u00edculo de area percorre o parque natural como unha engurra inmensa. Produce unha tensa quietude contemplar esa torre caprichosa, esa catedral natural que alimenta o esp\u00edrito.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Hai, por \u00faltimo, areais que son regazos de vida. Neles acougan os prol\u00edficos bancos marisqueiros. O co\u00f1ecido como Banco da Misela, ou vulgarmente como O Lombo de Testal na r\u00eda de Muros-Noia, \u00e9 un magn\u00edfico exemplo de berce para o berberecho. Tr\u00e1tase dunha forma de equilibrio hidrodin\u00e1mico mari\u00f1o, moi inestable, unha acumulaci\u00f3n de area en augas pouco profundas, unida por un extremo ao continente. O seu extremo libre aparece curvado, en forma de gancho, estend\u00e9ndose en li\u00f1a recta paralelo \u00e1 costa, s\u00f3 modificado cando hai grandes mareas. A s\u00faa formaci\u00f3n est\u00e1 en relaci\u00f3n directa coa desembocadura do r\u00edo Tambre e coas correntes orixinadas polo devir das mareas.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><strong>Leira de area<\/strong><\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Sobre as augas, en pequenas e inestables embarcaci\u00f3ns, os homes tiran do rastro, que agocha somerxido o tri\u00e1ngulo de ferro en afiados dentes labrando os fondos areentos da Misela \u00e1 procura do prezado tesouro. Na seca, un ex\u00e9rcito de mulleres colonizan o lombo areento. Humidade e silencio nesta leira atl\u00e1ntica de area. O espazo apenas enxoito, onde nacen e renacen os berberechos, o tesouro de cuncha que mata tantas necesidades.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pedro Garc\u00eda Vidal.\u00a0No azul das augas e no verde continental predominantes, as areas tapizan en tonalidades douradas fondos e bordos litorais das nosas r\u00edas. Esas formas amarelas proclaman a diferenza. Seguramente nesa particularidade reside o seu poder de atracci\u00f3n. As areas certifican a transformaci\u00f3n da materia: de magma incandescente primixenio a s\u00f3lidas formaci\u00f3ns rochosas<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,7,34],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5767"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5767"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5767\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5824,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5767\/revisions\/5824"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5767"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5767"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5767"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}