{"id":5956,"date":"2016-07-13T06:00:18","date_gmt":"2016-07-13T06:00:18","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5956"},"modified":"2016-07-10T22:16:42","modified_gmt":"2016-07-10T22:16:42","slug":"o-espello-do-mundo-de-ramon-nicolas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5956","title":{"rendered":"O espello do mundo, de Ram\u00f3n Nicol\u00e1s"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5957\" alt=\"espello\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello-198x300.jpg\" width=\"198\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello-198x300.jpg 198w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello.jpg 200w\" sizes=\"(max-width: 198px) 100vw, 198px\" \/><\/a><em><strong>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>Ram\u00f3n Nicol\u00e1s, autor da man do que nos temos achegado tanto e tan ben ao co\u00f1ecemento da literatura galega contempor\u00e1nea, pon un p\u00e9, c\u2019<i>O espello do mundo<\/i>, nesa outra beira da escrita: a da pr\u00e1ctica narrativa. Ve\u00f1o de rematar a lectura do libro e dec\u00e1tome de que o fai con indubidable firmeza. Non sei se nalg\u00fan momento lle preguntar\u00e1n iso do entrar noutra etapa, nin o que el, de ser o caso, responder\u00e1, mais o que si que me parece \u00e9 que se engadiu un robusto puntal para o edificio literario galego. El mesmo, con ese -perm\u00edtaseme a licenza- pseudocameo escrito do cuarto cap\u00edtulo, parece insinu\u00e1rnolo cando di: \u201c\u2026 <i>poder escribir, rescatar os rudimentos m\u00e1is b\u00e1sicos desta nobre arte que me permite deixar aqu\u00ed os meus pensamentos<\/i>\u2026\u201d (Pax. 24).<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Marti\u00f1o, un historiador que traballa coma docente e vive en Vigo, recibe un feixe de pergameos do s\u00e9culo XII que, malia estaren escritos en lat\u00edn, semellan dun contido epistolar. Entre os textos sobresae un nome: o de Hildegarda von Bingen, abadesa do convento de Disimbodemberg (personaxe hist\u00f3rico real sobre o que vai po\u00f1er Ram\u00f3n Nicol\u00e1s un dos focos da novela), que lle escribe a ona Guiomar, abadesa pola s\u00faa banda do convento de Ramir\u00e1s <i>(\u201c\u2026a denominaci\u00f3n de ona para as abadesas \u00e9 pouco com\u00fan \u2026 te\u00f1o entendido que \u00e9 exclusiva das abadesas de Ramir\u00e1s\u2026\u201d (Pax. 154). <\/i>Estas cartas son as que Ram\u00f3n Nicol\u00e1s vai distribu\u00edndo estratexicamente intercaladas no texto, polas que nos imos familiarizando coa natureza desa relaci\u00f3n entre as d\u00faas monxas, e tam\u00e9n ser\u00e1n as que fagan de chave para nos abrir unha porta \u00e1 sociedade daquel tempo, prop\u00f3sito que Ram\u00f3n explicita ao principio do cap\u00edtulo quince -\u201c\u2026<i>preg\u00fantase desacougado que tipo de Historia \u00e9 a que a el lle ensinaron. Como era posible que desco\u00f1ecese todo sobre Hildegarda e case todo sobre as circunstancias do seu tempo?&#8230;\u201d (Pax. 89)-,<\/i> a trav\u00e9s do xogo co abraio de Marti\u00f1o diante dos recantos e enigmas que a\u00ednda agocha a Historia, mesturando unha parte en clave estritamente novelesca cunhas certas pingas de adubo historiogr\u00e1fico, da que ben nos pode servir de exemplo todo o cap\u00edtulo dezasete.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O argumento, as\u00ed, vai progresando ata nos situar nun dos intres \u00e1lxidos, cap\u00edtulos 23 e 24, no que ten lugar o grave acontecemento no que se ve envolto unha das irm\u00e1s do convento de Ramir\u00e1s, o cal non desvelarei para non lle restar interese \u00e1 lectura da novela.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello2.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5958\" alt=\"espello2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello2-300x168.jpeg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello2-300x168.jpeg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello2-900x505.jpeg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello2.jpeg 980w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>A ra\u00edz dese acontecemento, coma se fose un espello do propio mundo, sobre a comunidade relixiosa caen todas as d\u00fabidas, preocupaci\u00f3ns, indecisi\u00f3ns, desvelos, ata verse impelida a tomar unha decisi\u00f3n que a afecta por enteiro. Deixando tam\u00e9n sen descubrir o desenlace do episodio direi que, a partir de a\u00ed, tanto a trav\u00e9s do eixe dialogal (o do intercambio epistolar) coma no do avance das pescudas de Marti\u00f1o, o texto desenv\u00f3lvese nesa tensi\u00f3n solapada pola que imos albiscando as d\u00faas cousas: a natureza da relaci\u00f3n e a da propia relaci\u00f3n coa \u00e9poca. Ao propio Ram\u00f3n Nicol\u00e1s llo te\u00f1o lido nalgunha parte, ao dicir que esas cartas quedan ao servizo da explicaci\u00f3n dunha \u00e9poca que, como dixemos enriba, moitas veces adoece de bastantes calixes documentais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A descrici\u00f3n do universo mon\u00e1stico, pasado pola peneira do seu tempo, cons\u00e9guese mesmo polo ton da escrita. Xa dende o segundo cap\u00edtulo, sobre o que recae en gran parte esta ambientaci\u00f3n, Ram\u00f3n pres\u00e9ntanos o cadro de personaxes convertendo a propia presentaci\u00f3n en escena, en atmosfera, en marco e en acci\u00f3n, xa que non s\u00f3 nolos describe, sen\u00f3n que aparecen mergullados no caldo das expresi\u00f3ns e da rutina das s\u00faas ocupaci\u00f3ns por medio da estudada escolla dictiva \u00e1 que lle hai que asignar outro dos logros da novela. Por exemplo: o par de matices habilmente seleccionados cos que se nos d\u00e1 idea de quen \u00e9 cada quen, do seu car\u00e1cter, angueiras, teimas e debilidades.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5959\" alt=\"espello3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello3-218x300.jpg\" width=\"218\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello3-218x300.jpg 218w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello3-746x1024.jpg 746w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello3-900x1235.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello3.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 218px) 100vw, 218px\" \/><\/a>A opresi\u00f3n institucional, mesmo machista, das comunidades regulares nunha \u00e9poca na que semellaba impensable sequera cuestionalas -\u201c\u2026<i>o abade do convento de Disibodemberg respondeu cunha rotunda negativa \u00e1 mi\u00f1a solicitude de marchar coas mi\u00f1as irm\u00e1s a fundar un convento feminino \u00e1 beira do Rhin<\/i>\u2026\u201d (Pax. 51)-, \u00e9 outro dos asuntos, un que por veces tinxe Ram\u00f3n Nicol\u00e1s acaidamente, coma a sa\u00edda instintiva do amor f\u00edsico, a busca do propio cami\u00f1o, o co\u00f1ecemento da natureza, a pr\u00e1ctica da medicina a trav\u00e9s do emprego das herbas, o co\u00f1ecemento do corpo, o co\u00f1ecemento do ser, e o co\u00f1ecemento de Deus, que acompa\u00f1an o lector coas s\u00faas, dir\u00edamos, voces naturais, porque coido que neste caso non se tratar\u00eda tanto de voces recreadas, sen\u00f3n de \u201cvoces primeir\u00edsimas\u201d, polo ton acadado e polo profuso da documentaci\u00f3n usada para logralo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha cousa que percibir\u00e1 o lector da dicci\u00f3n de Ram\u00f3n Nicol\u00e1s \u00e9 a s\u00faa elegancia: unha maneira de tratar os aspectos dunha \u00e9poca tan dif\u00edcil que, lonxe de complicar, lic\u00faa e fornece tanto a lectura coma a s\u00faa percepci\u00f3n pl\u00e1stica. Unha dicci\u00f3n cunha subordinaci\u00f3n longa pero limpa, tan necesaria \u00e1s veces ao car\u00e1cter compilativo dalgunhas pasaxes, como \u00e9 no caso da explicaci\u00f3n dos remedios polas plantas (Paxs. 56 a 60), coma aca\u00edda ao cariz da \u00e9poca.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En relaci\u00f3n con iso, e polo que respecta \u00e1 impresi\u00f3n lectora, dir\u00eda eu que por momentos at\u00f3pase un coma lendo dentro dunha nave rom\u00e1nica, quero dicir: nunha lectura sosegada, case que espiritualizada, doce, engaiolante e moi evocadora, que o primeiro que deixa \u00e9 a sensaci\u00f3n certa de sentirse un transportado. Coido que ese \u00e9 un dos grandes poderes da boa literatura, e un dos atributos m\u00e1is salientables da novela de Ram\u00f3n Nicol\u00e1s. Belidas incursi\u00f3ns narrativas coma a da m\u00edstica (\u201c\u2026<i>A alma b\u00edcaa Deus nas s\u00faas rexi\u00f3ns m\u00e1is \u00edntimas<\/i>\u2026\u201d, na p\u00e1x. 91), as da fitoterapia (\u201c\u2026<i>quen perda a memoria e o xu\u00edzo, debe p\u00f3r a semente do fieito na s\u00faa man e a memoria e m\u00e1is o entendemento volver\u00e1n<\/i>\u2026\u201d, na pax. 41), tanto org\u00e1nica coma psicoespiritual, as da xemoterapia ou as da m\u00fasica.<\/p>\n<figure id=\"attachment_5960\" aria-describedby=\"caption-attachment-5960\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5960\" alt=\"Foto: La voz de Galicia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello4-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello4-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello4-900x505.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/espello4.jpg 980w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-5960\" class=\"wp-caption-text\">Foto: La voz de Galicia<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n no sentido do anterior, quixera non esquecer a oportunidade de destacar o \u00e9xito de Ram\u00f3n ao facerse cargo dun cesto de contidos tan complexos e sa\u00edr airoso da s\u00faa escolla, convertendo as dificultades en materia asequible, por medio dunha moi preparada forma de o expo\u00f1er. Atr\u00e9vome a dicir que a\u00ed radica a capacidade da novela de nos ilustrar-iluminar, facendo unha asociaci\u00f3n coas imaxes que iluminan os c\u00f3dices manuscritos da \u00e9poca, sobre o tempo hist\u00f3rico e sombrizo no que transcorren os feitos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Recomendable lectura a todas luces, <i>O espello do mundo<\/i>. Magn\u00edfica s\u00edntese dunha \u00e9poca nun interesant\u00edsimo episodio. Lograda mestura de tempos. Bo ritmo. Sabia, moi dotada, equilibrada e luminosa escolla do modo narrativo por parte de Ram\u00f3n Nicol\u00e1s, neste seu primeiro escenario literario, m\u00e1is que lexible, -xa digo- coma nun acubillo interior de nave rom\u00e1nica, habitable ou vivible.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0Ram\u00f3n Nicol\u00e1s, autor da man do que nos temos achegado tanto e tan ben ao co\u00f1ecemento da literatura galega contempor\u00e1nea, pon un p\u00e9, c\u2019O espello do mundo, nesa outra beira da escrita: a da pr\u00e1ctica narrativa. Ve\u00f1o de rematar a lectura do libro e dec\u00e1tome de que o fai con indubidable firmeza. Non sei &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5956\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O espello do mundo, de Ram\u00f3n Nicol\u00e1s<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5956"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5956"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5956\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5961,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5956\/revisions\/5961"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5956"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5956"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5956"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}