{"id":5962,"date":"2016-07-16T06:00:23","date_gmt":"2016-07-16T06:00:23","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5962"},"modified":"2016-07-13T08:58:55","modified_gmt":"2016-07-13T08:58:55","slug":"ao-acabar-de-ler-tira-da-cadea","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5962","title":{"rendered":"Ao acabar de ler, tira da cadea"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/copro1.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-5968\" alt=\"copro1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/copro1.png\" width=\"200\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/copro1.png 200w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/copro1-150x150.png 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/copro1-144x144.png 144w\" sizes=\"(max-width: 200px) 100vw, 200px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Cando o m\u00e9dico me dixo que eu necesitaba un coprocultivo, a mi\u00f1a cultivada mente aledouse de entender que significaba aquela palabra, pois a\u00ednda que nunca a o\u00edra, sab\u00eda que significaban os seus compo\u00f1entes. E non se conformou con iso. Supo\u00f1o que por un burgu\u00e9s culturalismo, pensou no marqu\u00e9s de Sade e a s\u00faa famosa coprofilia, mesmo na escena dunha pel\u00edcula na que se v\u00eda como o depravado marqu\u00e9s, a quen lle ti\u00f1an prohibido papel e pluma, escrib\u00eda nas paredes do c\u00e1rcere cos seus propios excrementos. <!--more-->\u00c9 o que te\u00f1en as palabras, como <i>copro <\/i>(excrementos), de etimolox\u00eda grega. Por moi porco que sexa o significado, ev\u00f3cancho edulcorado de visi\u00f3ns art\u00edsticas e filos\u00f3ficas m\u00e1is ou menos edificantes. Non evoca o mesmo o\u00edr que o marqu\u00e9s de Sade era un comemerdas que o\u00edr que era un copr\u00f3filo. A un alumno actual, educado sen cultura cl\u00e1sica, nunca se lle ocorrer\u00eda unha evocaci\u00f3n tan culta como a mi\u00f1a, capaz de converter algo bastante porco, nun acto sublime. Para ese alumno a merda sempre ser\u00e1 merda, c\u00e1guea unha vaca para a converter en bosta ou c\u00e1guea un marqu\u00e9s para a transformar en alta literatura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Pero o problema de verdade xurdiume cando, ao sa\u00edr da consulta, me decatei que para facer un coprocultivo, necesitaba, como o marqu\u00e9s de Sade, caca. Nin feces, nin materia fecal, nin merda. Cando falo dos meus propios excrementos, s\u00f3 me parece apropiada a palabra caca. \u00c1s nais dos demais ch\u00e1molles nais, a mi\u00f1a nai ch\u00e1molle mam\u00e1. \u00c1s merdas dos demais ch\u00e1molles merdas, \u00e1 mi\u00f1a propia merda ch\u00e1molle caca. Cal \u00e9 a diferenza? Moi simple. Eu estiven dentro de mam\u00e1, a mi\u00f1a caca estivo dentro de min. Se por unha intimidade uterina te\u00f1o unha relaci\u00f3n especial con mam\u00e1, tam\u00e9n debo tela, por intimidade intestinal, coa caca. Direi m\u00e1is. Estou convencido que a mi\u00f1a alma est\u00e1 formada por todo aquilo ao que esa caca renunciou nesa dura viaxe da boca ao intestino. Os meus excrementos son como os restos que Miguel Anxo sacou do bloque de m\u00e1rmore no que descubriu que David estaba escondido. Sen o sacrificio deses restos, David seguir\u00eda secuestrado per secula seculorum. Sen o sacrificio da mi\u00f1a caca, eu nunca liberar\u00eda a mi\u00f1a alma. Credes que esaxero? Pois dicide a verdade. En que pensades cando dicides dunha comida <i>Sabe que alimenta, <\/i>no corpo ou na alma? E m\u00e1is evidente a\u00ednda: Non sentides a alma liberada cando conseguides cagar tras un longo retraemento?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/copro2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-5969\" alt=\"copro2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/copro2.jpg\" width=\"237\" height=\"296\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0 Pero o tema non era ese, sen\u00f3n que ti\u00f1a que recoller por primeira vez na vida a mi\u00f1a propia caca. Non vos contarei agora (prometo outro artigo) os pormenores dese delicado proceso. Si, si, delicado. Aquela\u00a0 mi\u00f1a caca era para presentar en sociedade, pois ser\u00eda analizada nun laboratorio de cidade, tal e como son analizadas nun casino de cidade as mozas da alta sociedade cando ingresan na maior\u00eda de idade: pastosas ou l\u00edquidas, graxentas ou lixeiras, consistentes ou inconsistentes, morenas ou brancas, perfumadas ou suorentas. Ti\u00f1a que demostrarlle a aqueles analistas que a mi\u00f1a caca era algo m\u00e1is que o que di o dicionario: residuos de alimento que elimina o corpo despois da dixesti\u00f3n. Non, se\u00f1or. As mi\u00f1as cacas son residuos de alimentos que elimina a alma, e a aqueles analistas non deb\u00eda quedarlles ning\u00fan tipo de d\u00fabida. As\u00ed que decid\u00edn comer delicatessens o d\u00eda anterior, tal e como as mozas da alta sociedade se maquillan antes do baile. Pero rexeiteino. Non lle far\u00eda \u00e1 caca o que me fixeran a min na primeira comu\u00f1\u00f3n disfraz\u00e1ndome de <i>marinerito. <\/i>Pas\u00e1rao fatal, aquel non era eu. Xa que logo, mandei a caca tal cal me sa\u00edu do cu, e s\u00f3 me cagarei nela, quero dicir, s\u00f3 a considerarei merda que non \u00e9 mais que merda, se o coprocultivo descobre eses parasitos que o internista busca. Despois de todo o que a levo defendido, ser\u00eda, pola s\u00faa parte, un detalle bastante merdento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Cando o m\u00e9dico me dixo que eu necesitaba un coprocultivo, a mi\u00f1a cultivada mente aledouse de entender que significaba aquela palabra, pois a\u00ednda que nunca a o\u00edra, sab\u00eda que significaban os seus compo\u00f1entes. E non se conformou con iso. Supo\u00f1o que por un burgu\u00e9s culturalismo, pensou no marqu\u00e9s de Sade e a s\u00faa &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5962\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Ao acabar de ler, tira da cadea<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5962"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5962"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5962\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5970,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5962\/revisions\/5970"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5962"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5962"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5962"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}