{"id":5995,"date":"2016-07-24T06:00:00","date_gmt":"2016-07-24T06:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5995"},"modified":"2016-07-20T09:04:15","modified_gmt":"2016-07-20T09:04:15","slug":"un-laxante-filosofico","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5995","title":{"rendered":"Un laxante filos\u00f3fico"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/freud.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5998\" alt=\"freud\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/freud-300x172.jpg\" width=\"300\" height=\"172\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/freud-300x172.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/freud-900x516.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/freud.jpg 924w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Promet\u00edn nun artigo anterior escribir sobre os problemas que tiven ao recoller caca para un coprocultivo, e vouno cumprir. Recordade a historia: Un internista dime que necesito facer unha an\u00e1lise de feces e ao chegar \u00e1 casa dec\u00e1tome que sabendo que, ao acabar, terei que coller unha mostra,<!--more--> cagarei condicionado, e cagar condicionado provocarame un retraemento, tal e como me pasara un d\u00eda caloros\u00edsimo de xullo en Arcos de la Frontera.\u00a0Atopei un bar e entrei a tomar un refresco. Ao rematalo, con moitas ganas de evacuar desde hab\u00eda horas, fun ao ba\u00f1o. Nunca tal vira nin vin despois. O ba\u00f1o era un cub\u00edculo inmundo tipo oeste americano, sen teito, e mexando de p\u00e9 os clientes v\u00edanche a cabeza. Como cada pa\u00eds ten os seus costumes, e meu av\u00f3 sempre me aconsellara que \u201call\u00ed donde fueres, haz lo que vieres\u201d, p\u00faxenme de crequenas convencido de que ser\u00eda quen de culminar a operaci\u00f3n con \u00e9xito. Inxenuo de min. Compr\u00e1zome de ser bastante ruidoso e oloroso nesas circunstancias, tal e como esixe mam\u00e1 Natureza, pero cagar pensando na <i>guasa<\/i> andaluza coa que me recibir\u00edan os clientes do bar cando sa\u00edse, provocoume iso que os copropsic\u00f3logos chaman fobia social das feces.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 S\u00f3 consegu\u00edn culminar a operaci\u00f3n con \u00e9xito recorrendo ao doutor Freud. Entre os dous e os tres anos, di, os nenos descobren que as feces son s\u00faas, e gozan ret\u00e9ndoas. Como os pais os obrigan a expulsalas, \u00e9 crucial para a s\u00faa personalidade futura como o fagan. Se os obrigan con ameazas, o neno acabar\u00e1 sendo un tipo ego\u00edsta e avaro, e sufrir\u00e1 cada vez que te\u00f1a que dar algo. Se os obrigan d\u00e1ndolles un pracer maior (aplausos, regalos) que o pracer retentivo, ser\u00e1n uns adultos solidarios e xenerosos. Eu levaba anos sendo un tipo xeneroso (grazas, mam\u00e1), e co control de esf\u00ednteres tan ben automatizado que, ao mesmo tempo que obraba, l\u00eda libros de filosof\u00eda que \u00e1 maior\u00eda da xente lle producen un forte retraemento. As\u00ed que aquel d\u00eda, en Arcos de la Frontera, vendo que os meus esf\u00ednteres regresaban \u00e1 primeira infancia para gozar retendo a caca, decid\u00edn seguir o consello de Freud, e p\u00faxenme a aplaudir para animalos a evacuar. Inutilmente, porque a caca s\u00f3 comezou a brotar cando os clientes do bar me acompa\u00f1aron, crendo que (no f\u00edo musical cantaba Camar\u00f3n), estaba dando palmas. Supo\u00f1o que \u00e1 caca, por consideralo interesado, non lle val\u00eda o meu propio reco\u00f1ecemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/lendo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5999\" alt=\"lendo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/lendo-225x300.jpg\" width=\"225\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/lendo-225x300.jpg 225w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/lendo.jpg 375w\" sizes=\"(max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0 Cagar sabendo que despois ter\u00eda que recoller os excrementos tam\u00e9n ser\u00eda cagar condicionado e provocoume un retraemento similar, pero non por unha causa f\u00edsica ou psicol\u00f3xica, sen\u00f3n por algo moito peor: unha causa filos\u00f3fica. Por primeira vez na mi\u00f1a vida \u00eda cagar unha caca que non era un fin en si mesmo, sen\u00f3n un medio para saber se eu ti\u00f1a unha enfermidade. Recordaba constantemente a oposici\u00f3n da igrexa cat\u00f3lica a que os pais te\u00f1an un fillo para aproveitar as c\u00e9lulas do seu cord\u00f3n umbilical e facerlle un transplante a un irm\u00e1n maior. Como se sentir\u00e1 ese neno, pregunt\u00e1base a xerarqu\u00eda eclesi\u00e1stica, cando saiba que foi concibido como un medio e non como un fin? Como se sentir\u00e1 a mi\u00f1a caca, pensaba eu, cando saiba que foi concibida como un medio e non como un fin? Coincidiredes comigo en que nin o mesm\u00edsimo Freud se atopou nunca cun caso as\u00ed. Un profesor de filosof\u00eda incapaz de evacuar porque atentar\u00eda contra un dos principios deontol\u00f3xicos b\u00e1sicos (Kant, s\u00e9culo XVIII) da s\u00faa profesi\u00f3n: tratar todos os seres como fins en si mesmos, nunca como medios. A\u00ednda as\u00ed o retraemento tivo un final feliz ao decatarme de que, de neno, mi\u00f1a nai observaba e ul\u00eda a mi\u00f1a caca para saber se estaba enfermo, e diso non se pod\u00eda deducir que eu a cagara (x\u00farocho, mam\u00e1) coa finalidade de que ela a analizara. Neste caso que nos ocupa eu tampouco cagar\u00eda para que me fixesen unha anal\u00edtica, cagar\u00eda porque ti\u00f1a que cagar, e despois o analista analizar\u00eda o que ti\u00f1a que analizar. Para el, a cagada era un medio; para min (uf), un fin.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Promet\u00edn nun artigo anterior escribir sobre os problemas que tiven ao recoller caca para un coprocultivo, e vouno cumprir. Recordade a historia: Un internista dime que necesito facer unha an\u00e1lise de feces e ao chegar \u00e1 casa dec\u00e1tome que sabendo que, ao acabar, terei que coller unha mostra,<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5995"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5995"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5995\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6000,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5995\/revisions\/6000"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5995"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5995"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5995"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}