{"id":6072,"date":"2016-08-12T06:00:20","date_gmt":"2016-08-12T06:00:20","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6072"},"modified":"2016-08-09T06:54:57","modified_gmt":"2016-08-09T06:54:57","slug":"a-ovella-negra-dos-pokemon","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6072","title":{"rendered":"A ovella negra dos Pok\u00e9mon"},"content":{"rendered":"<p align=\"right\"><b>\u00a0<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/08\/pokemon2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6073\" alt=\"pokemon2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/08\/pokemon2-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/08\/pokemon2-300x199.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/08\/pokemon2.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Lin con gran interese hai dous meses un artigo de Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Mallo sobre o concepto de <i>infradelgado <\/i>creado polo vangardista Marcel Duchamp. Ref\u00edrese a esas diferenzas entre obxectos ou feitos tan pequenas e sut\u00eds que non poden medirse nin pesarse e que, por\u00e9n, cambian absolutamente o estado desas cousas. <!--more-->Nunca o\u00edra falar del e pareceume de gran beleza e dunha enorme potencia perceptiva e mental. Un exemplo do propio Duchamp ser\u00eda a diferenza entre un asento a temperatura ambiente e ese mesmo asento coa calor dunha persoa que acaba de levantarse. Outro, a diferenza entre d\u00faas esculturas iguais sa\u00eddas do mesmo molde. Fern\u00e1ndez Mallo conta unha experiencia infradelgada propia: est\u00e1s tombado na area, atardece e, de s\u00fapeto, nun instante imposible de determinar (menos dun segundo, como se algu\u00e9n apertase un interruptor), o sol oc\u00faltase tras a li\u00f1a do horizonte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Hai pouco souben da existencia dun xogo, Pok\u00e9mon Go, que est\u00e1 provocando furor (e grandes beneficios econ\u00f3micos \u00e1 compa\u00f1\u00eda) en todo o mundo, e que mesmo foi titular de primeira p\u00e1xina (sic) en case todos os peri\u00f3dicos. Consiste en sa\u00edr \u00e1 r\u00faa e atrapar Pok\u00e9mon salvaxes tras ser avisado por unha vibraci\u00f3n do m\u00f3bil de que hai un a tiro. Apuntas coa pantalla t\u00e1ctil do smartphone e lanzas un Pok\u00e9 Ball para atrapalo. Hai que apuntar ben porque o Pok\u00e9mon pode sa\u00edr fuxindo. Por suposto, non te\u00f1o nada en contra dese xogo (faltar\u00eda m\u00e1is: cada un div\u00edrtese como lle peta), pero debo reco\u00f1ecer que me sinto agraviado pola importancia que se lle d\u00e1 mentres que un xogo ao que eu xogo a cot\u00edo, non s\u00f3 carece da m\u00e1is m\u00ednima atenci\u00f3n, sen\u00f3n que, en canto trato de fomentalo, despr\u00e9zanmo, s\u00f3 polo feito de que o nome ten un prefixo latino e non anglosax\u00f3n. Filosofadas, dinme.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/08\/pokemon.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6074\" alt=\"pokemon\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/08\/pokemon-300x206.jpeg\" width=\"300\" height=\"206\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/08\/pokemon-300x206.jpeg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/08\/pokemon.jpeg 800w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Como xa imaxinariades o xogo ao que me refiro, e ao que xogo desde que lin o artigo de Fern\u00e1ndez Mallo, consiste en buscar <i>infradelgados<\/i>. Paseo e sento en todas as r\u00faas e lugares da mi\u00f1a vila intentando captar sut\u00eds diferenzas entre obxectos ou feitos e cando os capto (seino porque unha parte remota do meu cerebro -esa que xera a inspiraci\u00f3n- vibra), intento cazalos e apresalos nun caderno en branco. Te\u00f1o que afinar moito a punter\u00eda (lanzar bos e intensos momentos de concentraci\u00f3n) pois os infradelgados, como as boas ideas, te\u00f1en tendencia innata a fuxir polos sumidoiros inconscientes da mente. A\u00ednda que, ata agora (son novato), fallei m\u00e1is disparos dos que acertei, levo cazados varios, e hai un do que estou especialmente orgulloso: a diferenza na cara dun amigo meu cando mente e cando di a verdade \u00e9 un lixeiro e case imperceptible micromovemento das cellas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Creo que agora entenderedes por que me sinto agraviado. Ningu\u00e9n vir\u00e1 facerme unha entrevista sobre un xogo coma este. Tan virtual, divertido e colectivo (se se quere), e tan gratu\u00edto como Pok\u00e9mon Go e que, a diferenza deste, non deixa ningunha pegada, ning\u00fan dato persoal, cos que as grandes compa\u00f1\u00edas de internet poidan facer negocio \u00e1 t\u00faa conta. Para m\u00e1is, a diferenza do Pok\u00e9mon ese, axuda a cultivar a mente, tal e como ped\u00edan os cl\u00e1sicos para o ocio, e podes xogar en calquera momento e lugar. No Pok\u00e9mon Go necesitas tel\u00e9fono e bater\u00eda. No CazaInfradelgados non necesitas nada. \u00c9 imposible esquecer a mente na casa, ou deixala sen enerx\u00eda. Ent\u00f3n, preguntaredes, por que non tri\u00fanfa? Moi f\u00e1cil. Porque esixe do usuario un ben escaso: personalidade para aguantar que te chamen anticuado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00a0 X. Ricardo Losada.\u00a0Lin con gran interese hai dous meses un artigo de Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Mallo sobre o concepto de infradelgado creado polo vangardista Marcel Duchamp. Ref\u00edrese a esas diferenzas entre obxectos ou feitos tan pequenas e sut\u00eds que non poden medirse nin pesarse e que, por\u00e9n, cambian absolutamente o estado desas cousas.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6072"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6072"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6072\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6075,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6072\/revisions\/6075"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6072"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6072"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6072"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}