{"id":6270,"date":"2016-09-10T06:00:19","date_gmt":"2016-09-10T06:00:19","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6270"},"modified":"2016-09-08T20:31:28","modified_gmt":"2016-09-08T20:31:28","slug":"a-metafora-plastica-os-obxectos-de-picasso","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6270","title":{"rendered":"A met\u00e1fora pl\u00e1stica: os obxectos de Picasso"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/picasso1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6271\" alt=\"picasso1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/picasso1-222x300.jpg\" width=\"222\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/picasso1-222x300.jpg 222w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/picasso1.jpg 288w\" sizes=\"(max-width: 222px) 100vw, 222px\" \/><\/a>Fidel Vidal.\u00a0<\/strong><\/em>Hai libros dos que un garda un bo recordo tanto polo contido como pola coidada edici\u00f3n. De cativos, ag\u00e1s os tebeos, gustabamos m\u00e1is dos que vi\u00f1an acompa\u00f1ados de \u201csantos\u201d, \u00e9 dicir, dos ilustrados. Un dos escollidos, e talvez pola querenza aos libros de \u201csantos\u201d, \u00e9 este <i>Picasso e os seus obxectos,<\/i> de Edward Quinn, editado por H. Klickkowski, 2002, do que un bota man de vez en cando para follealo con gozo e parsimonia. Tr\u00e1tase dun pequeno volume dunhas oitenta p\u00e1xinas de agradable tacto e trato.\u00a0\u00a0\u00a0<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Edward Quinn \u00e9 o fot\u00f3grafo que acompa\u00f1ou a Picasso at\u00e9 os \u00faltimos anos da s\u00faa vida. Grazas \u00e1 amizade entrambos, foi quen de tirar fotos do artista roldando os noventa e traballando nun gravado a punta seca. O libro \u2013di Quinn- non pretende de ningunha maneira tratar de forma exhaustiva a inmensa obra de Picasso, sen\u00f3n s\u00f3 presentar unha selecci\u00f3n do que se deu en chamar de forma bastante difusa, os obxectos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed \u00e9. O repaso polos obxectos de Picasso resulta extraordinariamente satisfactoria. Unha colecci\u00f3n de fotos nas que, ademais dalgunhas nas que observamos a Picasso en plena faena, achamos ensamblaxes, m\u00e1scaras, cer\u00e1micas, cart\u00f3ns dobrados, recortables de papel ou de metal fino, formando unha diversidade de formas e figuras: guitarras, caras, caretas, mandolinas, cabezas de muller, frautistas, etc\u00e9tera.Todas elas sacadas da recollida de restos de entullos, como caldeiros vellos, cachos de ferro, tellas, tixolas. Un asento e un guiador de bicicleta deu lugar \u00e1 <i>Cabeza de touro<\/i> de tanta sona: \u201c\u00e9 o don da metamorfose\u201d. Picasso desbotaba os obxectos completos porque, segundo dic\u00eda, \u201cpodo alcanzar a realidade por medio da met\u00e1fora. As mi\u00f1as esculturas son met\u00e1foras pl\u00e1sticas.\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/picasso2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6272\" alt=\"picasso2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/picasso2-300x235.jpg\" width=\"300\" height=\"235\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/picasso2-300x235.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/picasso2.jpg 400w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u201cCando nos pu\u00f1amos a elaborar este tipo de construci\u00f3ns \u2013com\u00e9ntalle Picasso a Sabart\u00e8s-, produciamos o que eu chamar\u00eda a verdade en estado puro\u201d. \u201cEntregab\u00e1monos ao traballo en corpo e alma, estabamos entusiasmados. O que creabamos estaba moi lonxe dos estilos e correntes da \u00e9poca, polo que pensabamos que non tom\u00e1ramos en conta criterios comerciais\u201d. Un cacho de cart\u00f3n, dous ollos, un nariz e unha boca e o tema arranca. Encant\u00e1balle xogar cos nenos, e desa produci\u00f3n tam\u00e9n sa\u00edan xoguetes para a s\u00faa filla Paloma.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Eu no busco, dic\u00eda Picasso, eu encontro: \u201cNon podemos ter ideas preconcibidas na arte\u201d. Pero el, vaites se as atopaba! Nos rebos do taller de Madoura, nas obras dos grandes cl\u00e1sicos (como exemplo, lembremos a c\u00e9lebre serie das Meninas), ou mesmo nos seus veci\u00f1os. Hai obras que podemos contemplar en paralelo sen apenas distinguir un autor do outro: po\u00f1amos Matisse\/ Picasso ou Braque\/ Picasso. Foi precisamente Apollinaire quen lle presentou a Braque, e este meteu a Picasso no mundo do collage e no cubismo, e xa sabemos o que pasou despois.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hai unanimidade sobre a condici\u00f3n de Picasso de se amosar sempre aberto ao traballo doutros artistas, non para copialos ou como un plaxiario de obras sen\u00f3n como un creador capaz de retorcerlle o pescozo a cada unha delas coa intenci\u00f3n de ir m\u00e1is al\u00e1 do xa feito e, sobre todo \u2013como subli\u00f1a Edward Quinn-, deixar a s\u00faa pegada persoal. En relaci\u00f3n a isto Jean Cocteau comenta: \u201cEn Par\u00eds, cando nos advert\u00edan de que Picasso estaba a piques de nos visitar, xa fose a min ou a outros artistas, a toda pr\u00e9sa cerrabamos con chave a porta do cuarto onde gardabamos as creaci\u00f3ns que ti\u00f1amos entre mans\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fidel Vidal.\u00a0Hai libros dos que un garda un bo recordo tanto polo contido como pola coidada edici\u00f3n. De cativos, ag\u00e1s os tebeos, gustabamos m\u00e1is dos que vi\u00f1an acompa\u00f1ados de \u201csantos\u201d, \u00e9 dicir, dos ilustrados. Un dos escollidos, e talvez pola querenza aos libros de \u201csantos\u201d, \u00e9 este Picasso e os seus obxectos, de Edward Quinn, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6270\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A met\u00e1fora pl\u00e1stica: os obxectos de Picasso<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[4,7,65],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6270"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6270"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6270\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6273,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6270\/revisions\/6273"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6270"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6270"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6270"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}