{"id":6317,"date":"2016-09-20T06:00:34","date_gmt":"2016-09-20T06:00:34","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6317"},"modified":"2016-09-19T17:45:14","modified_gmt":"2016-09-19T17:45:14","slug":"todo-canto-fomos-ii-de-xose-monteagudo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6317","title":{"rendered":"Todo canto fomos (II), de Xos\u00e9 Monteagudo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\" align=\"right\"><i><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/todo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-5854\" alt=\"todo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/todo.jpg\" width=\"196\" height=\"300\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro<\/strong>.\u00a0<\/i>Do que te\u00f1o lido, e tam\u00e9n das veces que te\u00f1o estado e falado con Xos\u00e9 Monteagudo, sempre saquei o feixe de impresi\u00f3ns que ve\u00f1o de corroborar na s\u00faa nova achega. Unha forte personalidade literaria, unha admirable capacidade de penetraci\u00f3n, un sentido panor\u00e1mico que o distingue particularmente, o mesmo ca a paciencia no proceso compositivo, a narratividade, a envergadura do traballo, a profundidade, a densidade, a precisi\u00f3n, a imbricaci\u00f3n, a potencia, a capacidade de visualizaci\u00f3n, a documentaci\u00f3n e a capacidade de resoluci\u00f3n.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Quen se achegue \u00e1 lectura de <i>Todo canto fomos<\/i> percibir\u00e1 ese mesmo feixe de atributos sen d\u00fabida. Iso \u00e1 parte da beleza da propia historia, da delicadeza coa que est\u00e1 tratada, que case se nos antollar\u00eda o agarimo que se lles pode dispensar \u00e1s persoas vivas e reais que inevitablemente damos en crer que son os personaxes desta novela.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O pai de Sheila \u00e9 escritor, en Londres, onde se atopa nun proceso de achegamento xeracional \u00e1 s\u00faa filla, mentres traballa nunha nova novela, propiciada por un feixe de escritos que herdou da nai, dona dunha antiga librar\u00eda en Pontevedra (expl\u00edcase no cap\u00edtulo 12 da parte 3\u00aa, das seis en que se divide a obra), e coa que quere rachar coa s\u00faa li\u00f1a de autor comercial de novelas policiais. A historia \u00e9 a da saga familiar coa que, ao longo de 523 deliciosas p\u00e1xinas, pasei tam\u00e9n eu este ver\u00e1n de 2016. Amaro Carreira, o patriarca, entre o s. XIX e o s. XX; Carlota e Anxo Daponte, ata 1936;\u00a0 Sara e Arturo, ao longo do s\u00e9culo; Maribel, anos cincuenta, sesenta e setenta; Fernando (menos presente, pero clave na novela, por mor do desenlace que non me toca desvelar aqu\u00ed); Diego; e o propio protagonista condutor, no tempo actual, \u00fanico que narra en primeira persoa (ag\u00e1s no caso dalgunhas p\u00e1xinas do diario de Carlota, das memorias de Amaro e da carta de Maribel) e polo que se int\u00fae que \u00e9 dobremente protagonista. As cinco historias aparecen imbricadas de maneira que os tempos, sendo diferentes, semellan ser o mesmo, quizais a unidade indisoluble coa que Monteagudo os quixo tratar. \u00c9 unha saga na que todo e todos est\u00e1n permanentemente presentes neste outro tempo \u00fanico que \u00e9 o da lectura, e que me parece un recurso, un exercicio e un logro felic\u00edsimos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo2.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6319\" alt=\"monteagudo2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo2-300x168.png\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo2-300x168.png 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo2.png 640w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Te\u00f1o que dicir que cada parte, cada pasaxe, cada enlace ou cada elipse \u00e9 tan fundamental que me custou recensionar (informar brevemente do argumento) sen cometer o tropezo de revelar alg\u00fan dos tensionadores da trama. Malia todo, a\u00ed vai:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Amaro \u00e9 un emigrante galego, traballador no curtidoiro do Gran Dan\u00e9s, August Johannson, na Arxentina, tras cuxa morte lle merca \u00e1 vi\u00fava Gabriela a empresa e a fai prosperar ata que, canso do afastamento da s\u00faa terra, decide retornar coa s\u00faa familia a Pontevedra, onde funda un teatro e unha librar\u00eda en cuxo andar superior, o <i>Silabario<\/i>, crea un parladoiro e patrocina o xornal <i>Pa\u00eds Moderno<\/i>, que o levar\u00e1 a ser detido a el, \u00e1 s\u00faa filla Carlota e mais ao seu xenro, Anxo Daponte, tralos feitos do 36, sendo obxecto de extorsi\u00f3n polas s\u00faas riquezas, mais logrando aprazar calquera desenlace ata ser liberado por Arturo e Sara, a s\u00faa outra filla, intre a partir do que se pon a buscar a persoa que realmente est\u00e1 baixo a identidade da s\u00faa neta Ant\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Carlota, aos 14 anos, inicia un diario cuxos episodios nos van situando no plano sentimental e ideol\u00f3xico (polo menos dunha parte da familia) e nos van dando referencias cronol\u00f3xicas directas. Sendo mestra en Cantelle, \u00e9 delatada polos veci\u00f1os e pais de alumnos, que a acusan de ensinar contidos inapropiados, indicios dun activismo que xa quizais albiscamos unido ao seu destino no c\u00e1rcere de Celanova.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6320\" alt=\"monteagudo3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo3-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo3-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo3.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Anxo Daponte, profesor, recorda vivamente certos episodios da vida, dende rapaz, no Porto Meloxo, onde o seu futuro aparentaba ser o do mari\u00f1eiro do xeito, nunha gamela, pero ao que na convalecencia do xaramp\u00f3n se lle presentou a oportunidade de ir estudar bacharelato e unha carreira a Santiago. Nun deses intres recordados, el -al\u00e1 polo 1917 ou 18- est\u00e1 compartindo mesa nun faladoiro con Castelao, compa\u00f1eiro seu na docencia, cando o colle a proclamaci\u00f3n da II Rep\u00fablica e totalmente implicado na acci\u00f3n pol\u00edtica, acontece o seu namoramento de Carlota, coa que andar\u00e1 un destino conxunto que os ha levar aos dous ao mesmo final.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E Maribel rexenta a librar\u00eda onde namorar\u00e1 un dos clientes habituais, Fernando, cuxa relaci\u00f3n se inicia cunha peculiar complicidade na maneira de lle emprestar os libros. Unha tarde, en Santiago, onde el est\u00e1 a estudar, rev\u00e9lalle que participa dos movementos pol\u00edticos clandestinos de oposici\u00f3n \u00e1 ditadura. Os dous levan o seu noivado en secreto e, ao ser descubertos polo pai adoptivo, Arturo, nunha tarde na que foran verse na pensi\u00f3n de Santiago, ela \u00e9 reprendida e, pese a que a relaci\u00f3n continuar\u00e1 un tempo, finalmente esmorecer\u00e1, cando Fernando a dea por conclu\u00edda por medio dunha repentina carta de despedida, cuxos motivos son tam\u00e9n clave dunha das partes non desvelables da novela, o mesmo ca a identidade do fillo que xa Maribel leva no seu ventre, que a obriga a aceptar a oferta de casamento de Diego, un antigo pretendente, en xullo de 1959.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Esta multifocalidade queda perfectamente tramada pola facilidade coa que Xos\u00e9 Monteagudo vai facendo naturais, case imperceptibles, os elos entre os protagonistas, os lugares, os sucesos cos que elabora o retrato dun intre, dunha \u00e9poca, dun s\u00e9culo ou dun modo de vida -xa se dixo que a novela v\u00e9n sendo un persoal\u00edsimo percorrido polo \u00faltimo tempo galego-, e tam\u00e9n a naturalidade coa que se nos enf\u00edan na lectura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-6321\" alt=\"monteagudo4\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/monteagudo4.jpg\" width=\"300\" height=\"233\" \/><\/a>A t\u00e9cnica empregada nesta ocasi\u00f3n por Monteagudo \u00e9 a das li\u00f1as confluentes, ao primeiro semellando m\u00e1is ben paralelas, cando as historias dos protagonistas aparentan discorrer por cadans\u00faa verea, pero que inevitablemente viran -non me decatei do intre no que o fixeron, e quizais iso sexa tam\u00e9n adrede- e avanzan polo acontecer cara ao seu punto com\u00fan, que decontado percibimos no proceso novel\u00edstico do protagonista narrador. Hai quen opina que \u00e9 unha t\u00e9cnica arriscada polo risco de que os relatos parezan distintos ou alleos \u00e1 historia que os concita, ou que a lectura pareza tan crebada polos cambios de situaci\u00f3n que conleve un certo risco de desorientaci\u00f3n. Dende logo non \u00e9 este o caso. Hai unha maquinaria oculta e capaz que nos devolve no intre preciso a onde debemos estar para non perder o f\u00edo. Poida que sexa certo o risco da t\u00e9cnica confluente, mais o simple feito de decidirse a abordala di moito tam\u00e9n da intenci\u00f3n do autor e da obra: diferenza, procura da calidade literaria, decisi\u00f3n na proposta construtiva, estrutura e orixinalidade son aspectos que non se lle poden furtar ao prop\u00f3sito de Monteagudo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Iso e mais o feito de que a novela estea tam\u00e9n chea de retrincos metaliterarios, polos que o escritor, que se fai visible constantemente coma un v\u00ednculo esencial entre a realidade ocorrida e as realidades experimentadas polos personaxes, vai trazando o proceso de construci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Delicada coma un tecido, precisa coma as s\u00faas febras, c\u00e1lida, pr\u00f3xima, tranquila no ler, con algo de lareira e outono, xa falou algu\u00e9n da sutileza coa que est\u00e1 tratada, e que eu dir\u00eda elegancia, imperceptible mudanza dos personaxes que, coma a vida mesma, vai cambiando con lentitude ata que un d\u00eda (ou un intre do relato de Monteagudo) nos sorprende na s\u00faa muda radical, e \u00e9 por ela que comprendemos todo canto aconteceu, \u00e9 dicir: Amaro, Carlota, Anxo, Maribel, Sara, Arturo, est\u00e1n a\u00ed para nos desvelar ese periplo do s\u00e9culo, da sociedade na que son, porque a novela \u00e9 tam\u00e9n unha concatenaci\u00f3n de revelaci\u00f3ns, de pequenas sa\u00eddas da sombra e das clandestinidades persoais que me d\u00e1 que ve\u00f1en simbolizar a lenta apertura dunha sociedade que permanec\u00eda agochada ou calada, e que os protagonistas non son eles sen\u00f3n -a\u00ed o acertado t\u00edtulo- todo canto foi.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0Do que te\u00f1o lido, e tam\u00e9n das veces que te\u00f1o estado e falado con Xos\u00e9 Monteagudo, sempre saquei o feixe de impresi\u00f3ns que ve\u00f1o de corroborar na s\u00faa nova achega. Unha forte personalidade literaria, unha admirable capacidade de penetraci\u00f3n, un sentido panor\u00e1mico que o distingue particularmente, o mesmo ca a paciencia no proceso compositivo, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6317\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Todo canto fomos (II), de Xos\u00e9 Monteagudo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6317"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6317"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6317\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6322,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6317\/revisions\/6322"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6317"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6317"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6317"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}