{"id":6430,"date":"2016-10-09T06:00:37","date_gmt":"2016-10-09T06:00:37","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6430"},"modified":"2016-10-04T19:11:37","modified_gmt":"2016-10-04T19:11:37","slug":"nick-cave-levanta-unha-obra-de-arte-coas-cinzas-do-seu-fillo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6430","title":{"rendered":"Nick Cave levanta unha obra de arte coas cinzas do seu fillo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6431\" alt=\"cave1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave1-209x300.jpg\" width=\"209\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave1-209x300.jpg 209w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave1.jpg 528w\" sizes=\"(max-width: 209px) 100vw, 209px\" \/><\/a><em><strong>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Con motivo dunha tr\u00e1xica noticia, no ver\u00e1n do 2015 citei por vez primeira nesta p\u00e1xina web a Nick Cave. Ent\u00f3n, relataba que, pese a que ti\u00f1a unha ferida de morte no coraz\u00f3n, levoume da man ata a cabana de Karen Dalton, unha muller por cuxas veas corr\u00eda sangue cheroqu\u00ed, e que posu\u00eda unha das voces m\u00e1is tristes da d\u00e9cada dos sesenta. A segunda vez que o nomeei foi a conto de falar de \u201cMai e fillo\u201d, o filme de Sok\u00farov que o australiano contemplara nun cinema do Soho londiniense, onde chorou dende o principio at\u00e9 o final. Pois ben, agora vou escribir de novo sobre o autor do fabuloso \u201cThe Boatman\u2019s Call\u201d (1997), o \u00e1lbum que me v\u00e9n sempre \u00e1 cabeza cando paso por diante do Brompton Oratory, en Londres, onde, se mal non recordo, compuxo <i>Into My Arms<\/i>.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nun encontro recente cos vellos amigos, un deles preguntou se sab\u00edamos algo sobre Nick Cave. Se ti\u00f1amos noticias de como lle ti\u00f1a afectado a perda dun dos seus fillos. Os outros dous nada sab\u00edamos. S\u00f3 nos lembramos da \u00fanica vez que o miramos en directo. Evocamos aquela figura enxoita toda vestida de loito na noite que pechaba o cartel do festival de Paredes de Coura, naquela brillante edici\u00f3n de hai once, doce ou m\u00e1is anos. Pero hai unhas tres semanas informeime de que vira a luz unha dobre testemu\u00f1a do vivido e creado por parte do australiano dende o 2015 ata o 2016: un documento discogr\u00e1fico, \u201cSkeleton Tree\u201d, e outro cinematogr\u00e1fico, \u201cOne More Time With Feeling\u201d, un documental dirixido por Andrew Dominik. Ambos traballos gravitan sobre a morte dun dos fillos xemelos que Cave tivo con Susie Bick, Arthur, que, con 15 anos, morreu o 14 de xullo do 2015 logo de despenarse por un acantilado na costa de Brighton (Inglaterra). A\u00ednda que non se percibe, ao fondo do cadro, alb\u00edscase a silueta do sempre fiel Warren Ellis, o amigo tras os bastidores que todo o sost\u00e9n en p\u00e9.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6432\" alt=\"cave2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave2-300x300.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave2-300x300.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave2-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave2-144x144.jpg 144w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave2.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>No documental de 112 minutos n\u00e1rrase a xestaci\u00f3n das oito canci\u00f3ns que compo\u00f1en \u201cSkeleton Tree\u201d, un disco que un dos amigos me definiu coma unha pregaria, un rezo, que arranca con estas palabras: <i>ca\u00edches do ceo e estrel\u00e1cheste nun campo xunto ao r\u00edo Adur<\/i>. A min, par\u00e9ceme m\u00e1is unha misa cantada, sobre todo a partir da entrada da soprano danesa Else Torp en <i>Distant Sky<\/i> para dar a r\u00e9plica a Cave nun remanso bals\u00e1mico que prepara o cami\u00f1o para entrar no remate final, no tema que da t\u00edtulo a un repertorio marcado por pianos concisos, lentos vibr\u00e1fonos, tensas cordas, sintetizadores e unha voz tan intensa que case fire.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mais aqu\u00ed, que ningu\u00e9n se po\u00f1a a contar as \u00e1rbores, porque se esquecer\u00e1 de respirar o aire do bosque. Si. Que ningu\u00e9n busque nestes dous documentos unha pinga de morbosidade. Aqu\u00ed tampouco atopar\u00e1n ao Cave dos espasmos el\u00e9ctricos, nin ao que alenta melancol\u00eda colgado nas teclas dun piano, nin ao pillab\u00e1n conquistador e fornicador que se agocha na clandestinidade desa c\u00e9lula demente chamada Grimderman. E nin sequera ao <i>crooner<\/i> silvestre de \u201cDig, Lazarus, Dig!!!\u201d Pero tampouco a un Cave chor\u00f3n e auto compasivo. Non.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nestes dous traballos est\u00e1 o Nick do rumoreo ronco: o que recita o l\u00e9xico do amor e o desamor, o que escribe coa gram\u00e1tica da dor, do sufrimento. Estes documentos dan testemu\u00f1a do Nick que manexa a \u00e1lxebra do misterio, da morte, da violencia, de Deus\u2026 Pero tam\u00e9n do Nick que proclama a temperanza, que invita a seguir adiante, que empu\u00f1a o tem\u00f3n da coraxe para seguir navegando con pulso firme no tumultuoso e proceloso mar da existencia.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave-3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6433\" alt=\"cave 3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave-3-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave-3-300x199.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/cave-3.jpg 636w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> Este \u00e9 un dos Caves posibles. Pero \u00e9 Cave con todos os seus espectros, coas s\u00faas pantasmas de sempre, pero que agora cambiaron de castelo. \u00c9 o Nick falando dos grandes temas de sempre, pero a trav\u00e9s doutro formato.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que reside dende hai moitos anos no barrio aristocr\u00e1tico do rock, Nick Cave nunca deixou de ser un artista, un creador. Aqu\u00ed dem\u00f3stranos que o seu talento a\u00ednda non se esgotou. Como? Levantando un vi\u00f1edo sobre o ermo terreo que lle legou a morte dun fillo que vive no disco e no filme a\u00ednda que apenas se nomea. Levantando un monumento para o seu fillo perdido e devolv\u00e9ndonos a n\u00f3s a beleza dunha obra mestra modelada coas s\u00faas mans sobre a materia prima do seu inmenso sufrimento e as cinzas do seu <i>little blue eyed boy<\/i>. O \u00e1lbum remata coa reiterativa lada\u00ed\u00f1a <i>e agora todo est\u00e1 ben<\/i>, <i>e agora todo est\u00e1 ben<\/i>\u2026 Am\u00e9n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Con motivo dunha tr\u00e1xica noticia, no ver\u00e1n do 2015 citei por vez primeira nesta p\u00e1xina web a Nick Cave. Ent\u00f3n, relataba que, pese a que ti\u00f1a unha ferida de morte no coraz\u00f3n, levoume da man ata a cabana de Karen Dalton, unha muller por cuxas veas corr\u00eda sangue cheroqu\u00ed, e que posu\u00eda unha das &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6430\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Nick Cave levanta unha obra de arte coas cinzas do seu fillo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[6,18,8],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6430"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6430"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6430\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6434,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6430\/revisions\/6434"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6430"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6430"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6430"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}