{"id":6507,"date":"2016-11-02T06:00:13","date_gmt":"2016-11-02T06:00:13","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6507"},"modified":"2016-10-27T21:22:43","modified_gmt":"2016-10-27T21:22:43","slug":"defuntos-visita-ao-camposanto","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6507","title":{"rendered":"Defuntos: visita ao camposanto"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/flores1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-6508\" alt=\"flores1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/flores1.jpg\" width=\"183\" height=\"276\" \/><\/a><em><strong>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Gris ma\u00f1\u00e1 de outubro: \u00e9 o tempo das pantasmas de outono. Visitas o cemiterio de Abanqueiro, onde descansan case todos os teus mortos. O repique da camp\u00e1 anuncia un enterro. De repente, comeza a chover miudi\u00f1o. A banda sonora da t\u00faa vida irrompe no teu dial cando te det\u00e9s diante das tumbas dos av\u00f3s: un d\u00eda de setembro de 1949. Contabas sete meses e t\u00faa nai lev\u00e1bate nunha cesta de corres para lavar a roupa no regato que serpea por entre a aldea. Hai olor a figos maduros no aire e na luz do mediod\u00eda. Nesa mesma data, unha moza orfa xud\u00eda inglesa pasaba a xornada nunha praia italiana cunha panda de xente na cal se atopaba un tipo famoso: Orson Wells.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A avoa e as s\u00faas irm\u00e1s contemplan inm\u00f3biles esta escena. Sentado no muro do campo santo, un home con cara de derrota fuma paseni\u00f1o, como ausente. Unha muller vi\u00fava enloitada pasa diante del e cami\u00f1a pouco a pouco cara \u00e1 porta da igrexa no silencio da ma\u00f1\u00e1 que se estende m\u00e1is al\u00f3, sobre o espello mari\u00f1o. Escura coma as l\u00e1pidas, a terra do cemiterio xa est\u00e1 enchoupada de auga. No miolo dese intre, unha pregunta interrompe a calma reinante no escenario: Falar cos mortos \u00e9 unha perda de tempo?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os mortos flotan no turbulento mar dos nosos recordos. E \u00e1s veces tam\u00e9n andan polos cami\u00f1os e polas r\u00faas. E s\u00f3 os vemos cando os necesitamos (lembramos a Santa Acompa\u00f1a?). E logo aprendemos a deixalos ir. As nais, os pais, irm\u00e1s, os nosos parentes e amigos m\u00e1is achegados xiran nas nosas cabezas coa roda ardente das horas, dos d\u00edas e das estaci\u00f3ns. As figuras admiradas e queridas, coma Beckett, Novoneyra ou Joyce, ve\u00f1en con nitidez, pero s\u00f3 algunhas veces. E aparecen tan mudos coma Ezra Pound cando, despois de pasar moitos anos encerrado na casa dos tolos de Washington, paseaba solitario entre os canais de Venecia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Talvez sexa posible que os mortos perdan o sentido da orientaci\u00f3n cando fan de viaxeiros entre n\u00f3s, quizais porque se toman a vida menos en serio ca n\u00f3s. Ata pode que lles falte un chisco de sentido do humor. Neste senso, seguramente no lles faga graza ningunha a presenza do voitre negro bromista. Coma ese que, segundo os xornais, se pousou hai uns d\u00edas en Vigo, confundindo a cidade cunha paisaxe erma e inacces\u00edbel de neve e rochas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/flores2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-6509\" alt=\"flores2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/flores2.jpg\" width=\"275\" height=\"183\" \/><\/a>Sen m\u00e1is compa\u00f1\u00eda c\u00f3 inmenso silencio da tardi\u00f1a que cae antes da noite do D\u00eda dos Mortos, xorde o canto do grilo burl\u00f3n de defuntos e entra na escena o vello ionqui cos seus xutes de cortisona: moito antes de morrer Burroughs pasaba tanto tempo na Terra dos Mortos coma na s\u00faa afastada cabana de Lawrence (Kansas). Segundo o escritor norteamericano, na Terra dos Mortos hab\u00eda concesionarios de comida r\u00e1pida, pero non ti\u00f1an nada para comer. As ariscas camareiras non prestaban ningunha atenci\u00f3n ao vello sabio heroin\u00f3mano enfundado no seu traxe gris. Foi as\u00ed coma descubriu que os mortos morr\u00edan de fame pero non pod\u00edan comer. Octavio Paz di que a morte \u00e9 coma unha gran boca baleira \u00e1 que nada farta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Contemplando absorto aquel misterioso suburbio dos mortos cos seus obeliscos e templos en ru\u00ednas, dec\u00e1taste que non s\u00f3 chov\u00eda, sen\u00f3n que en cada gota de chuvia a t\u00faa vida fracasada choraba na febre das horas da ma\u00f1\u00e1 que discorr\u00eda impercept\u00edbel, pre\u00f1ada de quietude. Choraba por todo o que non pod\u00eda volver ocorrer. Choraba por t\u00faa nai facendo na lareira os bolicos para cear. Choraba por teu pai cando enfadado berraba con todos. Choraba pola carrilana que tiveches de pequeno. Choraba por aquela fermosa primeira mestra \u00e1 que amabas en segredo. Choraba polo teu amor e polos fillos que desexabades e nunca naceron. Choraba polas viaxes malogradas e por aqueles tempos cando nos esquec\u00edamos das datas correntes e tam\u00e9n choraba pola alquimia dos crisantemos negros. E choraches at\u00e9 escoitares unha voz que dixo: sobreponte e bota a andar unha vez m\u00e1is. Iso \u00e9 todo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Gris ma\u00f1\u00e1 de outubro: \u00e9 o tempo das pantasmas de outono. Visitas o cemiterio de Abanqueiro, onde descansan case todos os teus mortos. O repique da camp\u00e1 anuncia un enterro. De repente, comeza a chover miudi\u00f1o. A banda sonora da t\u00faa vida irrompe no teu dial cando te det\u00e9s diante das tumbas dos av\u00f3s: &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6507\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Defuntos: visita ao camposanto<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[18,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6507"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6507"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6507\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6510,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6507\/revisions\/6510"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6507"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6507"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6507"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}