{"id":6603,"date":"2016-11-26T06:00:59","date_gmt":"2016-11-26T06:00:59","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6603"},"modified":"2016-11-20T19:45:30","modified_gmt":"2016-11-20T19:45:30","slug":"prohibido-desconectar","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6603","title":{"rendered":"Prohibido desconectar"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/movil-playa-2-500.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6604\" alt=\"movil-playa-2-500\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/movil-playa-2-500-300x180.jpg\" width=\"300\" height=\"180\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/movil-playa-2-500-300x180.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/movil-playa-2-500.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Unha das alegr\u00edas que me trouxeron as novas tecnolox\u00edas \u00e9 a reconciliaci\u00f3n coa palabra <i>desconectar. <\/i>Collinlle man\u00eda hai moitos anos por esa frase tan habitual de <i>Necesito ir de vaca-ci\u00f3ns para desconectar. <\/i>Parec\u00edame que quen a pronunciaba estaba reco\u00f1ecendo, sen decatarse, o fracaso m\u00e1is absoluto da s\u00faa vida. So\u00e1bame a <i>Necesito sa\u00edr de aqu\u00ed sen\u00f3n suic\u00eddome. <!--more--><\/i>Mesmo intentei pensar que era unha forma esaxerada, pero moi torpe, de valorar o que ti\u00f1an por diante, as vacaci\u00f3ns, e non de odiar o que deixaban atr\u00e1s, a s\u00faa vida coti\u00e1. Pero non era quen. <i>Necesito desconectar<\/i> era como o grito dun n\u00e1ufrago a piques de afogar. Un d\u00eda atrevinme a dicirlle a un amigo que mo acababa de dicir, que deber\u00eda facer o contrario. Ir de vacaci\u00f3ns para pensar obsesivamente (conectar) co traballo e a vida que levaba a cot\u00edo. Tomando un martini nunha praia paradis\u00edaca, pois ese era o seu ideal de desconexi\u00f3n, ver\u00eda a s\u00faa vida coti\u00e1 dunha forma menos f\u00fanebre. Como dir\u00eda Plat\u00f3n, d\u00edxenlle, a mellor v\u00eda para desconectar \u00e9 cambiar a forma de mirar os obxectos, non afastarse deles. De feito el \u00edase de vacaci\u00f3ns a un mundo inmaterial e eterno mirando intensamente o mundo material e finito en que viv\u00eda. Pero nin as\u00ed o convenc\u00edn. Aquel amigo regaloume unha mirada tan intimidatoria que a\u00ednda hoxe te\u00f1o traumatizadas as retinas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 As novas tecnolox\u00edas cambiaron totalmente a situaci\u00f3n. Xa a ningu\u00e9n se lle ocorre dicir que quere desconectar. Ser\u00eda absurdo pois hoxe \u00e9 imposible vivir (menos a\u00ednda en vacaci\u00f3ns) sen estar conectado a un aparello electr\u00f3nico. Dicir <i>Necesito desconectar <\/i>ser\u00eda como dicir <i>Necesito deixar o m\u00f3bil na casa, <\/i>e dicir isto ser\u00eda como dicir <i>Quero estar quince d\u00edas sen saber que facer, <\/i>e tal cousa levar\u00edanos de novo ao suicidio. Fix\u00e1devos o que pasa, por exemplo, no Tour de Francia. A xente pode ver a subida ao Tourmalet por televisi\u00f3n, con primeir\u00edsimos planos feitos por especialistas e unha realizaci\u00f3n impecable, pero prefire ir ao cumio da monta\u00f1a a pesar das penalidades que pasar\u00e1 polas restrici\u00f3ns que pon a organizaci\u00f3n. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/yoga.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6605\" alt=\"yoga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/yoga-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/yoga-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/yoga-900x506.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/yoga.jpg 960w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Todo, segundo din, para ver os ciclistas en vivo, pero cando, despois de horas e horas de espera, os ciclistas pasan, non os ven cos ollos que Deus lles deu, sen\u00f3n a trav\u00e9s da c\u00e1mara de v\u00eddeo do m\u00f3bil, \u00e9 dicir, a trav\u00e9s dun televisor peor. En vez de cambiar a mirada, como dir\u00eda Plat\u00f3n, deixan que o m\u00f3bil llela secuestre.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non o tomedes como unha cr\u00edtica. Consid\u00e9roo un avance, e a principal raz\u00f3n de que me reconciliase cos m\u00f3biles. Os amigos que \u00edan antes ver o Tour in situ pod\u00edan dicirme que era moi distinto velo por televisi\u00f3n que no lugar dos feitos. Pero agora&#8230; O mesmo me pasaba cando \u00eda de viaxe. Sempre me criticaban porque estando f\u00f3ra de Rianxo (mesmo no Brasil) non fac\u00eda m\u00e1is que pensar en Rianxo. Desconecta, co\u00f1o, dic\u00edanme, non sexas pail\u00e1n. Agora, por\u00e9n, e grazas aos m\u00f3biles, ese h\u00e1bito tan meu p\u00faxose de moda. Que est\u00e1s en Tombuct\u00fa, a miles de quil\u00f3metros da t\u00faa vida coti\u00e1, pois nada, p\u00eddeslle a un nativo que che faga unha foto rodeado doutros ex\u00f3ticos nativos, e m\u00e1ndaslla \u00e1 familia, aos amigos e aos compa\u00f1eiros de traballo, ma\u00f1\u00e1, tarde e noite. Que est\u00e1s nunha illa paradis\u00edaca de Pernanbuco tomando unhas lagostas cunha caipirinha, pois nada, faslle unha foto aos suculentos manxares, e m\u00e1ndasllela \u00e1 familia, aos amigos e aos compa\u00f1eiros de traballo, ma\u00f1\u00e1, tarde e noite. Que fostes facer meditaci\u00f3n a un mosteiro do Tibet, pois nada, fas un selfie xusto no momento en que acadas o nirvana, e m\u00e1ndasllelo \u00e1 familia, aos amigos e aos compa\u00f1eiros de traballo, ma\u00f1\u00e1, tarde e noite.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Xa digo. Reconcilieime coa palabra desconectar. Agora o \u00fanico que desconecto (ma\u00f1\u00e1, tarde e noite) son eu. Nin internet no m\u00f3bil nin wasap.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Unha das alegr\u00edas que me trouxeron as novas tecnolox\u00edas \u00e9 a reconciliaci\u00f3n coa palabra desconectar. Collinlle man\u00eda hai moitos anos por esa frase tan habitual de Necesito ir de vaca-ci\u00f3ns para desconectar. Parec\u00edame que quen a pronunciaba estaba reco\u00f1ecendo, sen decatarse, o fracaso m\u00e1is absoluto da s\u00faa vida. So\u00e1bame a Necesito sa\u00edr de &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6603\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Prohibido desconectar<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6603"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6603"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6603\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6607,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6603\/revisions\/6607"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6603"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6603"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6603"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}