{"id":6662,"date":"2016-11-29T06:00:43","date_gmt":"2016-11-29T06:00:43","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6662"},"modified":"2016-11-28T23:32:30","modified_gmt":"2016-11-28T23:32:30","slug":"riveiro-coello-ferido-polo-vento","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6662","title":{"rendered":"Riveiro Coello, ferido polo vento"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/cuberta-Ant\u00f3n-copia.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6664\" alt=\"cuberta Ant\u00f3n copia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/cuberta-Ant\u00f3n-copia-197x300.jpg\" width=\"197\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/cuberta-Ant\u00f3n-copia-197x300.jpg 197w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/cuberta-Ant\u00f3n-copia.jpg 549w\" sizes=\"(max-width: 197px) 100vw, 197px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong>NOTA PREVIA. Este texto foi lido polo autor na presentaci\u00f3n do libro <\/em>A ferida do vento<em>, de Ant\u00f3n Riveiro Coello. Est\u00e1 escrito como se fose o informe que a editorial lle pedira para saber se o libro deb\u00eda ser publicado.\u00a0<\/em>Comezarei polo m\u00e1is elemental. ARC escribe esta novela porque ten unha historia que contar. A historia de como, a finais dos anos setenta, en Xinzo de Limia, con quince anos, descobre a verdadeira cara do mundo: amor, sexo, amizade, familia, educaci\u00f3n, m\u00fasica, literatura. Iso que alg\u00fans cr\u00edticos simplificar\u00edan como novela de formaci\u00f3n. Pero ser\u00eda simplificar demasiado. A li\u00f1a argumental que sost\u00e9n a historia \u00e9 o amor do protagonista por Gabriela, a s\u00faa primeira moza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><!--more-->Pero Gabriela, que se vai sen avisar da vida do autor, acaba convert\u00e9ndose m\u00e1is nunha ilusi\u00f3n perceptiva (case me atrever\u00eda a dicir nunha alucinaci\u00f3n) que nunha realidade tanxible. Gran acerto do autor. O motor da historia, a pesar de todo, un personaxe literariamente viv\u00edsimo, \u00e9 un desexo incumprido. E incumprido, para que os verdadeiros personaxes, os tolos de Xinzo, ocupen o centro do escenario. Novela de formaci\u00f3n, xa que logo? Para nada. Que eu saiba o autor nunca visitou como paciente un manicomio, e ten fama de ser, como dixo o seu paisano Carlos Casares, un home \u201ccun enorme sentido com\u00fan, o cal sempre se agradece, como se agradece igualmente a ausencia de pedanter\u00eda, nada estudada\u201d. Non. Esta non \u00e9 unha novela de formaci\u00f3n. Ou si. Pero de formaci\u00f3n dun escritor, non dun ser humano adulto. Outro dos acertos do libro. ARC conta todas as claves da s\u00faa literatura, desde a m\u00fasica ata a Odisea, pasando por Garc\u00eda M\u00e1rquez e o cine Maricel, sen usar palabras como metaliteratura ou autoficci\u00f3n.<\/p>\n<figure id=\"attachment_6667\" aria-describedby=\"caption-attachment-6667\" style=\"width: 320px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Xinzo-Plaza-Mayor-A04-Espol\u00f3n.bmp\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-6667\" alt=\"Xinzo Plaza Mayor A04 Espol\u00f3n\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Xinzo-Plaza-Mayor-A04-Espol\u00f3n.bmp\" width=\"320\" height=\"204\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-6667\" class=\"wp-caption-text\">Praza Maior de Xinzo<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero ARC non ten s\u00f3 unha historia que contar. Sabe contala. Ant\u00f3n conta a s\u00faa propia historia sen interferila nin subli\u00f1ala. Nada novo no que \u00e9, ao meu entender, o mellor narrador\/narradora da literatura galega e un dos seus mellores novelistas. Non direi m\u00e1is sobre a coci\u00f1a do autor. Na editorial ben sabemos que \u00e9 3 estrelas Michelin. De feito, nas primeiras li\u00f1as do limiar xa nos mete con moita habilidade no mundo limiao dos tolos: \u201cNo\u00a0 pasado\u201d, escribe, \u201dhab\u00eda nas vilas seres que eran recordados por algo senlleiro que os fac\u00eda diferentes e inesquencibles, persoas que adoitaban figurar no cadro distintivo do \u201ctolo com\u00fan\u201d e que, nos m\u00e1is dos casos, hoxe pasar\u00edan desapercibidos cunha medicaci\u00f3n axeitada\u201d. Un mundo, por certo, co que calquera pode identificarse, pero, sobre todo, quen vivira nunha vila galega de entre cinco e vinte mil habitantes. Eu mesmo descubr\u00edn neste libro clons de tolos que co\u00f1ec\u00edn en Rianxo, como ese tipo que med\u00eda os peidos ou esoutro que cr\u00eda que as palabras son lugares para vivir. E o m\u00e1is curioso. Ao principio, cando todos eses marabillosos personaxes comezan a despregarse, envexei os lectores de Xinzo, pois poder\u00e1n reco\u00f1ecelos na s\u00faa propia experiencia. Pero a medida que o libro avanzaba decateime de que esa circunstancia pod\u00eda ser contraproducente. Os veci\u00f1os de Xinzo ga\u00f1ar\u00e1n en morbo o que perder\u00e1n en catarse. Non ter\u00e1n esa marabillosa experiencia de descubrir o tolo que todos levamos dentro.<\/p>\n<figure id=\"attachment_6683\" aria-describedby=\"caption-attachment-6683\" style=\"width: 197px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-JB-e-Manolo-Marta-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-6683 \" alt=\"O JB e Manolo Marta (2)\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-JB-e-Manolo-Marta-2-197x300.jpg\" width=\"197\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-JB-e-Manolo-Marta-2-197x300.jpg 197w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-JB-e-Manolo-Marta-2.jpg 583w\" sizes=\"(max-width: 197px) 100vw, 197px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-6683\" class=\"wp-caption-text\">O JB e Manolo Marta<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed \u00e9. A clave desta novela son os personaxes. Os tolos. Hainos de todo tipo e condici\u00f3n. Pero o decisivo non \u00e9 qu\u00e9 fan sen\u00f3n como os trata o autor. ARC consegue distanciarse tanto do ton psiqui\u00e1trico como do ton paternalista. Mostra os tolos tal e como son en toda a s\u00faa humanidade, \u00e9 dicir, en toda a s\u00faa normalidade, e convive con eles como escritor tal e como conviviu con eles como persoa. O mesmi\u00f1o que ARC fai coas s\u00faas propias peripecias de personaxe, tam\u00e9n, por suposto, tolo. Non esquezamos que ten 15 anos, e a esa idade o normal, sobre todo no ver\u00e1n, o tempo de acci\u00f3n da novela, \u00e9 estar tolo. Ant\u00f3n estao, desde logo, e a\u00ednda que non o reco\u00f1ece, tampouco ten a inxenuidade de ocultalo, pois sabe moi ben, como dic\u00eda Ortega, que estar namorado \u00e9 un estado de imbecilidade transitorio. Pero iso s\u00e1beo agora, como escritor. No tempo da novela, naqueles seus quince anos, a\u00ednda pensaba que ese estado de imbecilidade, aquel primeiro amor por Gabriela, ser\u00eda definitivo. Dito dunha forma m\u00e1is clara. Calquera lector minimamente atento comprobar\u00e1 que ARC \u00e9 o tipo m\u00e1is tolo da novela. Non me credes? Escoitade o que di del Gabriela, a namorada<i>: \u201c<\/i>Ped\u00edn varias veces que me bicase ou me collese da man. E nada, deume unha lecci\u00f3n sobre a caza das ras\u201d.<\/p>\n<figure id=\"attachment_6669\" aria-describedby=\"caption-attachment-6669\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/foto6.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-6669  \" alt=\"foto6\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/foto6-300x156.jpg\" width=\"300\" height=\"156\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/foto6-300x156.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/foto6-1024x533.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/foto6-900x468.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-6669\" class=\"wp-caption-text\">Ant\u00f3n &#8220;O Botita&#8221;<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por suposto nun libro de ARC non hai ningunha tese. Pero, precisamente por iso, hai moitas ideas que emerxen das an\u00e9cdotas e das diferentes historias que narra. E neste, a principal, ao meu entender, \u00e9 que os tolos son tolos, non enfermos psiqui\u00e1tricos. Chamarlles enfermos psiqui\u00e1tricos \u00e9 rebaixalos, \u00e9 supo\u00f1er que necesitan ser domesticados. Nunha sociedade na que \u00e9 normal que un millonario lle pida a un Deus Xusto que faga todo o posible para que o seu equipo ga\u00f1e e el meta moitos goles, ese Demetrio tolo que cada vez que nace un neno na vila sementa unha \u00e1rbore ata o punto de que o propio sanatorio lle manda recado dos nacementos, \u00e9 unha esperanza para a humanidade. Nunha sociedade na que \u00e9 normal sacarlle a luz a unha vella en pleno inverno, ese Agust\u00edn <em>o Vicentito<\/em> que aparca un tr\u00e1iler imaxinario, \u00e9 outra esperanza para a humanidade. E que dicir dese Marcelino que a finais dos anos setenta se pasea dando as \u00faltimas noticias: Hitler ocupa Par\u00eds! Hitler invade Austria! \u00c9 menos fiel aos feitos, acaso, que as trolas desas redes sociais nas que agora debate a xente normal? Recordoume aquela vella adivi\u00f1anza. Que \u00e9 mellor, un reloxo que non funciona ou un reloxo que atrasa un minuto? Os normais, obsesionados co tempo obxectivo, dir\u00e1n un reloxo que atrasa un minuto. Pero equivocaranse. A resposta correcta s\u00f3 pode darse coa l\u00f3xica borrosa dos tolos. \u00c9 m\u00e1is exacto o reloxo que non funciona, xa que d\u00e1 a hora real d\u00faas veces ao d\u00eda, que o que atrasa s\u00f3 un minuto, pois este nunca d\u00e1 a hora exacta. Do mesmo xeito, o que contaba Marcelino pasara hab\u00eda moitos anos, pero pasara, e el nunca dixo que pasara ese mesmo d\u00eda. Eran os normais, os escravos do tempo obxectivo, quen supu\u00f1an tal cousa. O que se conta hoxe nas redes sociais (miles de mexicanos apoiando a Trump na campa\u00f1a electoral, por exemplo), non pasou nin onte nin hoxe nin pasar\u00e1 ma\u00f1\u00e1. Invent\u00e1rono os normais e triunfadores asesores de Trump cun programa inform\u00e1tico implantado nas redes sociais. Pura normalidade democr\u00e1tica.<\/p>\n<figure id=\"attachment_6670\" aria-describedby=\"caption-attachment-6670\" style=\"width: 200px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/fotoxinzo8.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-6670\" alt=\"fotoxinzo8\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/fotoxinzo8-200x300.jpg\" width=\"200\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/fotoxinzo8-200x300.jpg 200w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/fotoxinzo8.jpg 640w\" sizes=\"(max-width: 200px) 100vw, 200px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-6670\" class=\"wp-caption-text\">Agust\u00edn, &#8220;O Vicentito&#8221;<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">ARC \u00e9, como os tolos, un amante dos reloxos parados que funcionan ben, e do tempo subxectivo. Como os tolos, acabo de dicir. Acaso, xa que\u00a0 logo, un escritor \u00e9 como un tolo? Non. E ARC s\u00e1beo. Un escritor non \u00e9 como un tolo. \u00c9 un tolo. E esa \u00e9 a historia que conta esta novela. Como un tolo namorado se converte nun tolo escritor. Hai unha escena extraordinaria na que ARC co\u00f1ece a Carlos Casares. Un Casares comunista e melenudo, que acaba de escribir <i>Vento Ferido, <\/i>vai \u00e1 casa de Ant\u00f3n porque sabe que o av\u00f3 de Ant\u00f3n ten un caderno coas historias de todos os tolos da bisbarra. O propio Ant\u00f3n acaba intervindo na conversa e c\u00f3ntalle a Casares historias dos seus tolos preferidos. A escena \u00e9 fant\u00e1stica porque queda ben claro que os m\u00e1is tolos de todos aqueles tolos son Casares e ARC. Preoc\u00fapanse polos delirios alleos mal vistos pola sociedade para convertelos en delirios propios ben vistos por esa mesma sociedade. Non sei na vosa. Pero na mi\u00f1a terra de quen as\u00ed se comporta dise que est\u00e1 como unha cabuxa. E, por riba, nin se decatan que est\u00e1n sendo manipulados. Non \u00e9 que Casares e ARC, pobres incautos, usen os tolos para escribir un libro. Son os tolos os que usan a Casares e a ARC para perdurar nun libro. ARC adoita dicir que non sabe por que ten tanto im\u00e1n cos tolos. A\u00ed ten a explicaci\u00f3n. Non \u00e9 el o que atrae os tolos. Son os tolos os que o atraen a el. A\u00ednda as\u00ed, di moito da s\u00faa competencia como escritor que se limite a escribir ao ditado do av\u00f3, outro tolo marabilloso que, como os veci\u00f1os dic\u00edan que curara, ti\u00f1a un caderno onde recompilaba a historia dos tolos para deixar ben claro de que bando estaba.<\/p>\n<figure id=\"attachment_6671\" aria-describedby=\"caption-attachment-6671\" style=\"width: 213px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-6671\" alt=\"espolon xavier3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier3-213x300.jpg\" width=\"213\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier3-213x300.jpg 213w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier3.jpg 684w\" sizes=\"(max-width: 213px) 100vw, 213px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-6671\" class=\"wp-caption-text\">O Espol\u00f3n<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 E esa \u00e9 tam\u00e9n a explicaci\u00f3n de algo que sempre me intrigou. Por que Ant\u00f3n non ten pose de escritor? Mishima dic\u00eda que hab\u00eda dous tipos de escritores. Aqueles que por f\u00f3ra son un volc\u00e1n e por dentro un remanso, e aqueles que por f\u00f3ra son un remanso e por dentro un volc\u00e1n. Ant\u00f3n \u00e9 destes \u00faltimos, e lendo esta novela descubr\u00edn a causa biogr\u00e1fica diso que Casares chama <i>ausencia de pedanter\u00eda nada estudada. <\/i>Cando no colexio salesiano de Le\u00f3n no que estudou lle fixeron un test de coeficiente intelectual agoir\u00e1ronlle que ser\u00eda m\u00e9dico, avogado, profesor ou artista. El, a pesar de que os veci\u00f1os lle chamaban doutor Ant\u00f3n para condicionalo nesa elecci\u00f3n, quer\u00eda ser artista. Estou seguro que hai alg\u00fan momento daqueles anos adolescentes nos que ARC se prometeu a si mesmo honrar a memoria daqueles tolos aos que tanto deb\u00eda, sendo el mesmo un artista tolo. Di moito da intelixencia que detectou aquel primeiro test salesiano que se decatase de que ser un artista exc\u00e9ntrico \u00e9 o m\u00e1is normal do mundo. Se quer\u00eda ser un artista tolo ti\u00f1a que pasar desapercibido e comportarse con sentido com\u00fan. Escribindo <i>A ferida do vento <\/i>ARC consegue o m\u00e1is dif\u00edcil. Escribir un libro que parece un remanso pero que \u00e9 un volc\u00e1n en erupci\u00f3n. Xustamente o que fai a mellor literatura. Xustamente o que fan os escritores dos que eu m\u00e1is me f\u00edo, literaria e persoalmente. \u00c9 moi f\u00e1cil amar a Deus, a Patria ou a Humanidade. O dif\u00edcil \u00e9 amar ao Xograr de Villal\u00f3n ou m\u00e1is dif\u00edcil a\u00ednda, amar de verdade, m\u00e1is al\u00e1 da biolox\u00eda, a un familiar.<\/p>\n<figure id=\"attachment_6684\" aria-describedby=\"caption-attachment-6684\" style=\"width: 224px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Marucho-e-Rafael-Cac\u00e1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-6684\" alt=\"Marucho e Rafael Cac\u00e1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Marucho-e-Rafael-Cac\u00e1-224x300.jpg\" width=\"224\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Marucho-e-Rafael-Cac\u00e1-224x300.jpg 224w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Marucho-e-Rafael-Cac\u00e1.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 224px) 100vw, 224px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-6684\" class=\"wp-caption-text\">Marucho e Rafael Cac\u00e1<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda as\u00ed, e reco\u00f1ecendo que a nivel literario <i>A ferida do vento<\/i> \u00e9 unha novela redonda, que calquera persoa poder\u00eda ler con gusto, creo que vai ser un fracaso editorial. O autor escribiu un libro para todos os tempos, pero non pensou en ning\u00fan momento nas peculiaridades do lector actual. Por non pensar, non pensou sequera nos seus veci\u00f1os de Xinzo, onde o libro, por raz\u00f3ns obvias, pod\u00eda ser un \u00e9xito. Pod\u00eda, pero non vai ser. ARC \u00e9 fillo predilecto da vila e un fillo predilecto debera escribir como escriben os cronistas oficiais. Moita mitolox\u00eda barata e moita historia gloriosa, real ou inventada. O caso \u00e9 que a vila te\u00f1a os mellores fogos artificiais da redonda. ARC fai nesta novela xusto o contrario. Xinzo m\u00e1is que unha vila parece un manicomio. Tolos por todas partes. Mesmo chega a dicir que no c\u00f3digo xen\u00e9tico de cada limiao est\u00e1n as ras. E nin sequera ten a precauci\u00f3n de gabar as mulleres da s\u00faa vila. Ao contrario, ins\u00faltaas no m\u00e1is fondo do seu orgullo. Primeiro namora dunha venezolana e despois dunha alem\u00e1, e pasea con elas por Xinzo para envexa das aut\u00f3ctonas. Por certo, no mesmo par\u00e1grafo xa afasta tam\u00e9n o lector nacionalista. Sabedes por que namora da venezolana? Porque a s\u00faa fermosura \u201cnac\u00eda desa voz, doce e melodiosa, que envolv\u00eda as palabras cunha gasa de tenrura e resultaba unha caricia para os sentidos\u201d. Pensade o n\u00famero de lectores e lectoras que poder\u00eda conseguir dicindo o mesmo da voz das veci\u00f1as galegofalantes de Xinzo. Pois nada. Cando menos por omisi\u00f3n, despr\u00e9zaas. Autoodio, quizais?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 unha novela que tam\u00e9n poder\u00eda funcionar moi ben nos institutos. Pero, moi probablemente, os profesores non a van recomendar. Nun sistema que educa para que todos sexamos traballadores, consumidores e contribu\u00edntes, non parece moi recomendable unha novela que ofrece como modelo social o tolitates, e que non coida nin a linguaxe nin o punto de vista que debe asumir un adolescente normal. Porei tres exemplos tomados ao chou. ARC ten a ousad\u00eda de conservarlle o apelido\/alcume a un tipo que nos anos setenta chamaban o Pallas cando o m\u00e1is actual ser\u00eda chamarlle o Autohedonista. O propio autor, escritor comprometido coa esquerda pol\u00edtica, aparece no libro roubando a <em>Odisea<\/em> nunha biblioteca p\u00fablica. Outro caladoiro de lectores, o do 15 M neste caso, perdido. M\u00e1is a\u00ednda. Perm\u00edtelles aos personaxes dicir que as borracheiras dan clarividencia ou que o tabaco \u00e9 unha liberaci\u00f3n. Todo moi edificante, como vedes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6673\" alt=\"espolon xavier2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier2-300x227.jpg\" width=\"300\" height=\"227\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier2-300x227.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier2-1024x776.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier2-900x682.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/espolon-xavier2.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Descartados os lectores e lectoras, compro-metidos ou hedonistas, e os adolescentes, o autor pod\u00eda ter a precauci\u00f3n de escribir para os nenos. O tema prest\u00e1base para escribir unha obra para todos os p\u00fablicos, e ARC ten capacidade para facelo. Co que lles gusta aos nenos rir dos tolitates, s\u00f3 ter\u00eda que contar o mesmo pero en clave de humor chocalleiro. Pois tampouco. Usa un humor destilado, fin\u00edsimo, de alto nivel literario, pero incapaz de competir cos v\u00eddeos de <i>youtub<\/i>e que hoxe son <i>trending topic<\/i>. Acaso rir\u00eda un neno ou un adolescente actual por esta frase que a min me fixo tanta graza: <i>L\u00e9volle (a mi\u00f1a\u00a0 irm\u00e1) sete anos, igual que o meu pai \u00e1 mi\u00f1a nai, e os av\u00f3s a cadans\u00faa avoa. \u00c9 unha predestinaci\u00f3n familiar ou un costume. <\/i><\/p>\n<figure id=\"attachment_6685\" aria-describedby=\"caption-attachment-6685\" style=\"width: 230px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-popular-Qunito-e-Carlos-Casares-diante-da-farmacia-Pel\u00e1ez.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-6685 \" alt=\"O popular Qunito e Carlos Casares\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-popular-Qunito-e-Carlos-Casares-diante-da-farmacia-Pel\u00e1ez-230x300.jpg\" width=\"230\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-popular-Qunito-e-Carlos-Casares-diante-da-farmacia-Pel\u00e1ez-230x300.jpg 230w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-popular-Qunito-e-Carlos-Casares-diante-da-farmacia-Pel\u00e1ez-786x1024.jpg 786w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-popular-Qunito-e-Carlos-Casares-diante-da-farmacia-Pel\u00e1ez-900x1171.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/O-popular-Qunito-e-Carlos-Casares-diante-da-farmacia-Pel\u00e1ez.jpg 1314w\" sizes=\"(max-width: 230px) 100vw, 230px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-6685\" class=\"wp-caption-text\">O popular Quinito e Carlos Casares<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por non ler, nin a familia do autor vai ler o libro. A familia de Xinzo por raz\u00f3ns obvias. Queda fatal. Fan vivir a ARC nun c\u00e1rcere. O av\u00f3 Mauro l\u00e9valle \u00e1 casa a todos os tolos da bisbarra, e a nai s\u00e9ntallos a comer na mesa. A avoa Felisa d\u00e1lle cartos a esgalla e sen control. A avoa Pepa malcr\u00edao porque \u00e9 o \u00fanico da familia que pode conservar no futuro o apelido Riveiro. O pai, que por riba ten dobre personalidade (municipal e fontaneiro), esconde armas na casa que ARC, como un adolescente norteamericano calquera, chega a acariciar. E a familia nuclear, a\u00ednda peor. Mari, a muller, vaille tirar o libro \u00e1 cabeza cando lea este comentario pornogr\u00e1fico sobre a venezolana Gabriela que ARC disfraza con ese contido e aca\u00eddo lirismo que o libro zumega: \u201c\u201dEsta presenza in\u00e9dita chamou a atenci\u00f3n de todos e espertou alg\u00fans comentarios sobre o seu f\u00edsico. Lembro con nitidez que ela levaba uns pantal\u00f3ns de pana marr\u00f3n e un abrigo amarelo no que se fund\u00eda a s\u00faa melena lisa. Na man dereita descansaba un libro e na esquerda esmagaba unha pelota de goma, desas que traen os zapatos Gorila, obxectos estra\u00f1os para unhas mans que vi\u00f1an da igrexa\u201d. Gorila, vaille dicir a muller, vouche dar eu a ti Gorila.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Restados homes, mulleres, adolescentes e nenos, gloriosos habitantes de Xinzo e a propia familia, s\u00f3 poder\u00edan ler o libro os intelectuais. \u00c9 certo que coa cantidade deles que hai en Galicia, a edici\u00f3n poder\u00eda ser rendible.<\/p>\n<figure id=\"attachment_6686\" aria-describedby=\"caption-attachment-6686\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Foto-de-Xos\u00e9-A.-Carrera.-O-Cac\u00e1-\u00e9-o-3\u00ba-pola-esquerda.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-6686 \" alt=\"Os Bombeiros Toureiros\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Foto-de-Xos\u00e9-A.-Carrera.-O-Cac\u00e1-\u00e9-o-3\u00ba-pola-esquerda-300x202.jpg\" width=\"300\" height=\"202\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Foto-de-Xos\u00e9-A.-Carrera.-O-Cac\u00e1-\u00e9-o-3\u00ba-pola-esquerda-300x202.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Foto-de-Xos\u00e9-A.-Carrera.-O-Cac\u00e1-\u00e9-o-3\u00ba-pola-esquerda-900x608.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/Foto-de-Xos\u00e9-A.-Carrera.-O-Cac\u00e1-\u00e9-o-3\u00ba-pola-esquerda.jpg 960w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-6686\" class=\"wp-caption-text\">Os Bombeiros Toureiros<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero tampouco \u00e9 o caso. Polo tema e a extensi\u00f3n vai ser considerado, por suposto sen lelo, un libro menor na traxectoria de ARC. Vai ser definido como unha pequena igrexa rom\u00e1nica comparada coa grandeza de catedral g\u00f3tica de <i>Laura no deserto<\/i>. Eu non estou, por suposto, de acordo. Comparar eses dous libros \u00e9 absurdo. Ser\u00eda como preguntarse quen \u00e9 mellor, o campi\u00f3n ol\u00edmpico de 100 metros ou o campi\u00f3n ol\u00edmpico de marat\u00f3n. As d\u00faas son, ao meu entender, obras extraordinarias. <i>Laura no deserto, <\/i>un universo que percorrer. <i>A ferida do vento, <\/i>unha casa \u00e1 que sempre volver.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Conclu\u00edndo. Un toli\u00f1o da mi\u00f1a vila emocional, Federico o Superhome, d\u00edxome un d\u00eda unha gran verdade: \u201cOs monos son demasiado bos para que o home poida descender deles\u201d. <i>A ferida do vento <\/i>d\u00edxome outra gran verdade: Os tolos son demasiado intelixentes para que os homes normais poidan comprendelos\u201d. D\u00faas grandes verdades, sen d\u00fabida, pero&#8230; venden?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0NOTA PREVIA. Este texto foi lido polo autor na presentaci\u00f3n do libro A ferida do vento, de Ant\u00f3n Riveiro Coello. Est\u00e1 escrito como se fose o informe que a editorial lle pedira para saber se o libro deb\u00eda ser publicado.\u00a0Comezarei polo m\u00e1is elemental. ARC escribe esta novela porque ten unha historia que contar. &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6662\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Riveiro Coello, ferido polo vento<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6662"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6662"}],"version-history":[{"count":10,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6662\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6691,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6662\/revisions\/6691"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6662"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6662"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6662"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}