{"id":6766,"date":"2016-12-20T06:00:41","date_gmt":"2016-12-20T06:00:41","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6766"},"modified":"2016-12-16T08:56:39","modified_gmt":"2016-12-16T08:56:39","slug":"as-penas-e-os-dias","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6766","title":{"rendered":"As penas e os d\u00edas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/traballo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6790\" alt=\"traballo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/traballo-300x289.jpg\" width=\"300\" height=\"289\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/traballo-300x289.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/traballo.jpg 320w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Fidel Vidal.\u00a0<\/strong><\/em>Unha sociedade que promove e enaltece a competencia como rivalidade e presume de caritativa, xamais pode ser xusta nin solidaria. Sexa como for, prima conquistar o primeiro lugar, ocupar o podio do campi\u00f3n. Non se admite un segundo, este p\u00f3dese converter nunha traxedia. Todo o mundo loita por conseguir as mellores notas, por ser dos primeiros da lista para acceder a ese emprego anhelado. Ou se acaso a posibilidade de participar con vantaxes nun sorteo de oposici\u00f3ns para unha praza de funcionario, po\u00f1amos, nun Concello.<!--more--> Coa pr\u00e1ctica destes pasados anos, a frustraci\u00f3n no terreo laboral baixou de importancia como causa de ansiedade para se mudar en algo normal, consubstancial ao sistema, nunha especie de resignaci\u00f3n cristi\u00e1 manifestada con esta desesperanzadora frase: \u201c\u00c9 o que hai\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Resulta de interese escoitar as queixas e sentimentos de culpa dalg\u00fans empresarios ao atenderen as longas listas de petici\u00f3ns de persoas dispostas a pelexaren por unha ocupaci\u00f3n, por un posto de traballo. As\u00f3mbranse dos curr\u00edculos \u00e1 vista -licenciados, doutores, un m\u00e1ster- amosados polos numerosos demandantes dun emprego de moito menor grao para o que est\u00e1n cualificados, cando eles, os patr\u00f3ns, apenas remataron o bacharelato ou non pasaron do graduado escolar. Co\u00f1ecemos alg\u00fan caso de non se atrever, por vergo\u00f1a, a asistir \u00e1s entrevistas e por iso delegaba noutra persoa de confianza. Mais hainos que aproveitan a situaci\u00f3n para humillaren o aspirante: \u201cTantos estudos para vaites porcallada de emprego\u201d. Un dispendio. \u201cO capitalismo estao salvando a clase obreira, incluso dispo\u00f1\u00e9ndose a non ter traballo ou traballando en peores condici\u00f3ns ca un escravo\u201c (Manuel V\u00e1zquez Montalb\u00e1n, <i>A Rosa de Alexandr\u00eda,<\/i> 1984(!).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Esa \u00e9 a forma de entrar, coa cabeza agachada ao que manden. \u00c9 o que hai. Pers\u00edguenos o flaxelo e a abnegaci\u00f3n. Os pais, para manteren os seus fillos e conseguir que poidan estudar unha carreira, non traballan: os pais <i>sacrif\u00edcanse<\/i>. Para que o labor a realizar conserve un chisco de autoridade \u00e9tica, necesitan presentarse e lexitimarse en tanto que son v\u00edtimas da realidade. A filosof\u00eda que corresponde con esta idea -afirma \u017di\u017eek-, \u00e9 a de Rihard Rorty, cuxa definici\u00f3n do ser humano \u00e9 algu\u00e9n que pode sufrir e, dado que somos animais simb\u00f3licos, algu\u00e9n capaz de narrar este sufrimento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/paro.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6791\" alt=\"paro\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/paro-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/paro-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/paro.jpg 643w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Sen contar coas distorsi\u00f3ns persoais derivadas da propia situaci\u00f3n laboral, alienante, son frecuentes as consultas por ansiedade, insomnio, as\u00ed como tendencias de tipo paranoide a consecuencia dunha relaci\u00f3n inadecuada no \u00e1mbito do emprego, sexa este de tipo estresante, coma o sobreesforzo, ou ben de acoso -sexual, psicol\u00f3xico-, ou o temor a ser despedido \u2013\u201cregulado\u201d-, que se acompa\u00f1a dun plus de desacougo, malestar e dor. Este dobre sufrimento incapacita e pode levar o traballador a una <i>baixa<\/i> por enfermidade. Forman parte da clasificaci\u00f3n e da curiosidade cl\u00ednica os chamados <i>trastornos<\/i> <i>de adaptaci\u00f3n<\/i> (\u00e1s condiciones de traballo). Como se o p\u00e9 tivera que adaptarse ao zapato e non o zapato ao p\u00e9.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O traballador, cando enferma, non sae do sistema: adquire outro rol social, o de enfermo, certificado por un facultativo. \u00c9 curioso asistir a determinados pacientes depresivos -abatidos, incluso con risco de morte por ideas de suicidio-, m\u00e1is preocupados pola imaxe que poidan dar que polo propio padecemento: \u201cNon vaian pensar que son un lacaz\u00e1n\u201d. E desexar\u00edan padecer calquera outra patolox\u00eda con tal de que esta fose evidente mediante documento anal\u00edtico ou radiol\u00f3xico: unha fractura, unha hepatite, calquera operaci\u00f3n. Ao evitaren problemas de conciencia, est\u00e1n salvados. Os padecementos psicopatol\u00f3xicos t\u00e9\u00f1eno m\u00e1is dif\u00edcil. Como se botasen de menos o trasnoitado voluntarismo de esix\u00edrense, cando un est\u00e1 san e disposto, que non abonda con traballar sen\u00f3n que \u00e9 preciso \u201ctraballar con alegr\u00eda\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fidel Vidal.\u00a0Unha sociedade que promove e enaltece a competencia como rivalidade e presume de caritativa, xamais pode ser xusta nin solidaria. Sexa como for, prima conquistar o primeiro lugar, ocupar o podio do campi\u00f3n. Non se admite un segundo, este p\u00f3dese converter nunha traxedia. Todo o mundo loita por conseguir as mellores notas, por ser &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6766\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">As penas e os d\u00edas<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,65],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6766"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6766"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6766\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6792,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6766\/revisions\/6792"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6766"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6766"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6766"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}