{"id":6972,"date":"2017-02-06T06:00:50","date_gmt":"2017-02-06T06:00:50","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6972"},"modified":"2017-02-02T10:55:09","modified_gmt":"2017-02-02T10:55:09","slug":"tic-tac-en-urxencias","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6972","title":{"rendered":"Tic tac en urxencias"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/urxencias1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-6980\" alt=\"urxencias1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/urxencias1.jpg\" width=\"259\" height=\"194\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Paso un domingo, como familiar dun paciente, en Urxencias do Hospital Cl\u00ednico de Santiago. Hai moito tempo que non estaba e sorpr\u00e9ndeme a liberdade coa que podo moverme. Por unha porta de apertura autom\u00e1tica que pon <i>Paso restrinxido<\/i>, e que s\u00f3 abre desde dentro, entro e saio en moitas ocasi\u00f3ns, durante m\u00e1is de dez horas, sen ning\u00fan problema. <!--more-->Non te\u00f1o remorsos porque me din que \u00e9 o habitual, mesmo hai outra alternativa m\u00e1is directa: unha porta permanentemente aberta nunha das salas de espera. Se opto pola v\u00eda complicada, a da porta pechada, \u00e9 porque o meu familiar xa est\u00e1 acompa\u00f1ado, e podendo escoller, sempre opto pola alternativa que me educa a paciencia, tan necesaria nunha sociedade excesivamente ansiosa como a nosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nada m\u00e1is entrar en Observaci\u00f3n, tras atravesar un corredor onde varias persoas, sobre todo maiores, agardan diagn\u00f3stico sentadas nunha cadeira de rodas, recordo que hai moito tempo unha amiga enfermeira d\u00edxome que as conversas m\u00e1is c\u00f3micas da s\u00faa vida o\u00edras en Urxencias, mesmo en situaci\u00f3ns de estrema gravidade, como se os m\u00e9dicos necesitasen utilizar o humor para relativizar os dramas que viven a cot\u00edo. Sempre me pareceu comprensible pero agora, aqu\u00ed, vendo as expresi\u00f3ns de dor de tantas persoas enfermas, separadas s\u00f3 por unha leve cortina, estrem\u00e9ceme esa pulsi\u00f3n autoprotectora dos m\u00e9dicos, como se o feito de que se protexesen psicoloxicamente a si mesmos reducise a protecci\u00f3n m\u00e9dica que deben prestarlle aos pacientes. \u00c9 unha sensaci\u00f3n inxusta e non acorde cos feitos, pero tam\u00e9n l\u00f3xica. Eu non estou habituado a este ambiente, e necesito protexerme compadec\u00e9ndome dos enfermos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/obser.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6981\" alt=\"obser\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/obser-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/obser-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/obser.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>De feito, acabo pensando que ser\u00eda marabilloso que, en vez de rodeados de m\u00e9dicos e enfermeiros, nos desped\u00edsemos do mundo, como S\u00f3crates, rodeados de amigos e familiares, falando dos temas que nos apaixonan, como se a morte fose o mesmo que quedar durmido enriba da mesa tras unha cea con sobremesa. De s\u00fapeto, coa imaxe de S\u00f3crates a\u00ednda na cabeza, chega a enfermeira e ponlle a cu\u00f1a a un paciente para que poida cagar. Ent\u00f3n v\u00e9nme \u00e1 cabeza unha estra\u00f1a pregunta que fixera Plat\u00f3n, o disc\u00edpulo de S\u00f3crates. No mundo puro das Ideas, existe a idea de merda? Por se non estades familiarizados coa filosof\u00eda grega, traducireina a linguaxe cristi\u00e1: Cagan os homes no para\u00edso? Ou: \u00c9 compatible algo tan puro como a eternidade con algo tan impuro como a merda? Fico pensando a resposta mentres vexo como a enfermeira retira a cu\u00f1a e a leva para poder analizar o contido e decidir se o paciente queda esa noite no hospital ou pode ir para a casa, xustamente o mesmo que agarda o meu familiar. Mentres o miro, penso que, por moito que nas casas haxa v\u00e1teres e condutos de augas fecais e lavadoras para limpar os calz\u00f3ns sucios, o meu familiar non pensa no mundo puro das ideas nin no ceo cristi\u00e1n. Pensa que o \u00fanico para\u00edso que existe \u00e9 a casa familiar. Un para\u00edso, penso para animarme, do que oxal\u00e1 s\u00f3 o separe a paciencia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Paso un domingo, como familiar dun paciente, en Urxencias do Hospital Cl\u00ednico de Santiago. Hai moito tempo que non estaba e sorpr\u00e9ndeme a liberdade coa que podo moverme. Por unha porta de apertura autom\u00e1tica que pon Paso restrinxido, e que s\u00f3 abre desde dentro, entro e saio en moitas ocasi\u00f3ns, durante m\u00e1is de &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6972\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Tic tac en urxencias<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6972"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6972"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6972\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6982,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6972\/revisions\/6982"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6972"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6972"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6972"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}