{"id":7019,"date":"2017-02-20T06:00:26","date_gmt":"2017-02-20T06:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7019"},"modified":"2017-02-12T22:47:00","modified_gmt":"2017-02-12T22:47:00","slug":"o-logos-da-chirivichela","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7019","title":{"rendered":"O Logos da Chirivichela"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/merda1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-7020 alignright\" alt=\"merda1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/merda1-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/merda1-300x199.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/merda1.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada. <\/strong><\/em>Escrib\u00edn hai pouco un artigo en Caf\u00e9 Barbantia no que contaba que estando en Urxencias cun familiar, ao po\u00f1erlle a enfermeira a cu\u00f1a a un paciente, recordei unha pregunta que fac\u00eda Plat\u00f3n, se hai excrementos no mundo puro das ideas. Alg\u00fans amigos estr\u00e1\u00f1anse de que, nesas e noutras parecidas circunstancias, a mi\u00f1a mente pense en cuesti\u00f3ns filos\u00f3ficas. <!--more-->Mesmo me dan a entender que son un pedante. Non lles digo nada, pero creo que o problema non \u00e9 que eu queira ir de profundo, sen\u00f3n que eles, por un arraigado e inxusto prexu\u00edzo contra a filosof\u00eda, non se decatan que para min a filosof\u00eda \u00e9 como para un m\u00e9dico a medicina ou para un ciclista os tipos de bicicleta. Se te\u00f1o lido centos de libros de filosof\u00eda, \u00e9 l\u00f3xico que de forma natural a mi\u00f1a mente recorra a eles para analizar os feitos. Supo\u00f1o que un m\u00e9dico ao o\u00edr a palabra excremento, recordar\u00e1 as anal\u00edticas de feces, e un ciclista, eses momentos nos que, apurado, ten que baixar da bici e evacuar de monte. Pois eu, pola mesma raz\u00f3n, ac\u00f3rdome da pregunta de Plat\u00f3n ou dos <i>turullos<\/i> de Di\u00f3genes no medio do \u00e1gora.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A eses cr\u00edticos dos que acabo de falar ch\u00e1molles persoas que voan demasiado baixo. Non son quen de elevarse do m\u00e1is concreto ao m\u00e1is abstracto. Pero hai outro tipo de persoas que tam\u00e9n me critican, a\u00ednda que pola raz\u00f3n contraria. Voan demasiado alto. Recordo que hai uns anos dei unha conferencia nun instituto titulada <i>A filosof\u00eda de Plat\u00f3n no Barbanza. <\/i>Un profesor de Filosof\u00eda d\u00edxome, xusto antes de comezar, que cando vira o t\u00edtulo fartara de rir. Que carallo ter\u00eda que ver Plat\u00f3n co Barbanza? Non ser\u00eda mellor que falase de Rafael Dieste no Barbanza? Quedei abraiado. Un profesor de Filosof\u00eda deber\u00eda saber, primeiro, que a filosof\u00eda de Plat\u00f3n reflexiona sobre seres humanos e, segundo, que no Barbanza viven seres humanos. Que m\u00e1is relaci\u00f3n quer\u00eda? Pero non. El non era quen de ver esa relaci\u00f3n porque para el a filosof\u00eda voa demasiado alto, e trata, m\u00e1is que de seres humanos concretos, de palabras (cuesti\u00f3ns filol\u00f3xicas) ou de seres humanos abstractos (cuesti\u00f3ns ontol\u00f3xicas). A filosof\u00eda de Plat\u00f3n, pensaba el, nada ti\u00f1a que ver cos meus veci\u00f1os Marcial <i>O Lercho<\/i> ou Mar\u00eda <i>A Chirivichela<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/merda2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-7021 alignleft\" alt=\"merda2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/merda2-300x220.jpg\" width=\"300\" height=\"220\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/merda2-300x220.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/merda2.jpg 400w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0 Nin demasiado alto nin demasiado baixo, estou logo dicindo que a filosof\u00eda debe voar a media altura? Si e non. Si porque \u00e9 unha consecuencia l\u00f3xica do que acabo de dicir, e un profesor de Filosof\u00eda non pode renunciar \u00e1 l\u00f3xica. Non porque a media altura non existe. Depende de cada persoa e de cada circunstancia. Para ver a terra como unha esfera, hai quen necesita viaxar \u00e1 Estaci\u00f3n Espacial Internacional e hai a quen lle chega con vela nun documental da Segunda. Para sentirse superior aos demais, hai quen, como Hitler, necesita elevarse ata unha altura que lle permita ver a todo o pobo alem\u00e1n, e hai quen se conforma con elevarse, como Dal\u00ed, ata unha altura que lle permita verse a si mesmo. Para ver se un ten \u00e9xito na vida hai que necesitar elevarse ata un lugar onde poida ver o planeta enteiro, como Amancio Ortega ou Bill Gates, e hai a quen lle chega elevarse ata un lugar onde poida ver a casa dos veci\u00f1os. O mesmo pasa na filosof\u00eda. Hai fil\u00f3sofos que recomendan voar ata o mesm\u00edsimo ceo, como Hegel (a verdade \u00e9 o Esp\u00edrito Absoluto), e outros, como S\u00f3crates, que se conforman con voar (<i>Co\u00f1\u00e9cete a ti mesmo)<\/i> ata o teito do seu propio cerebro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A que lle chamo eu, xa que logo, voar a media altura? Lede a Montaigne, e saber\u00e9delo. S\u00f3 porei un exemplo. Montaigne cr\u00eda que os can\u00edbales eran mellores que moitos homes civilizados pois os can\u00edbales comen as v\u00edtimas cando xa est\u00e1n mortas, en vez de atormentalas vivas como os militares e os europeos. Un pensamento que pode aplicarse a Xulio C\u00e9sar, Hitler ou Donald Trump, pero tam\u00e9n a eses veci\u00f1os meus que maltratan mulleres, persoas hipotecadas ou traballadores das s\u00faas empresas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada. Escrib\u00edn hai pouco un artigo en Caf\u00e9 Barbantia no que contaba que estando en Urxencias cun familiar, ao po\u00f1erlle a enfermeira a cu\u00f1a a un paciente, recordei unha pregunta que fac\u00eda Plat\u00f3n, se hai excrementos no mundo puro das ideas. Alg\u00fans amigos estr\u00e1\u00f1anse de que, nesas e noutras parecidas circunstancias, a mi\u00f1a &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7019\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O Logos da Chirivichela<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7019"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7019"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7019\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7023,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7019\/revisions\/7023"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7019"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7019"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7019"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}