{"id":707,"date":"2014-03-20T07:57:57","date_gmt":"2014-03-20T07:57:57","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=707"},"modified":"2014-03-20T07:57:57","modified_gmt":"2014-03-20T07:57:57","slug":"aprendendo-a-mirar-paisaxes","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=707","title":{"rendered":"Aprendendo a mirar paisaxes"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/pedro.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-708 alignleft\" alt=\"pedro\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/pedro-300x218.jpg\" width=\"300\" height=\"218\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/pedro-300x218.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/pedro.jpg 465w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pedro Garc\u00eda Vidal.<\/strong><\/em>\u00a0Contemplo de vagar estas aldeas rianxeiras. Remontando o val, no linde entre o monte e as terras de cultivo, representan o froito dunha longa e teimuda loita do ser humano e a natureza que nos regala esta paisaxe. Toda esa paciencia que tivo o tempo e a paisaxe para ir fac\u00e9ndose coa finalidade de perdurar, aparece ante a nosa mirada.<!--more--> A totalidade do contemplado foi debuxado, en efecto, por ese lapis do tempo que alcanza ser a auga mesma e a man humana transformadora do escenario natural. A mirada atenta a este reducido microcosmos m\u00f3strame unha porci\u00f3n fundamental do que tam\u00e9n somos, pois nestes lugares a\u00ednda pode enxergarse a esencia da nosa cultura e das nosas tradici\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A mirada, antes de ser palabra, acaricia a paisaxe. A vista \u00e9 o sentido por excelencia co que un se aproxima ao co\u00f1ecemento do mundo. \u00c9 a mirada interesada de quen contempla quen saca do anonimato anacos de territorio para convertelos en paisaxe. A paisaxe \u00e9, polo tanto, unha construci\u00f3n da vista e, sobre todo da mirada, porque \u00e9 a cultura a que nos permite apreciar certos feitos e procesos froito da milenaria relaci\u00f3n dos seres humanos co seu medio. Por iso dicimos que a paisaxe \u00e9 unha construci\u00f3n cultural. Agora ben, se a paisaxe depende da mirada, podemos afirmar que existen tantas paisaxes posibles como miradas se dirixen cara \u00e1 contorna.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cada persoa percibe a paisaxe dun xeito diferente en funci\u00f3n das s\u00faas experiencias, co\u00f1ecementos ou intereses, e as\u00ed falamos de paisaxes fermosas ou paisaxes que nos conmoven, e outras cualific\u00e1molas como faltas de atractivo. A paisaxe que o individuo ve \u00e9, polo tanto, unha paisaxe particular.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O arquivo que garda a nosa memoria paisaxista est\u00e1 constitu\u00eddo pola suma das cousas \u00e1s que decidimos estar atentos. O que non vemos non existe. Ser\u00e1n para n\u00f3s as paisaxes invisibles. Descifralas require de claves que as fagan sa\u00edr desa invisibilidade. Deste xeito, a cultura vai contribu\u00edr na atribuci\u00f3n de significados a unha paisaxe e aumentar o grao de satisfacci\u00f3n ao contemplala.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A paisaxe cont\u00e9mplase, deb\u00faxase, fotogr\u00e1fase, descr\u00edbese e pode chegar a interpretarse e comprenderse. Contemplar unha paisaxe correctamente precisa de concentraci\u00f3n e calma, de a\u00ed que sexa preciso deterse na mirada como se fai diante dun cadro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mirar \u00e9 un acto, pero non un acto inocente. Mirar sup\u00f3n unha actividade ben activa. Se queremos pasar da simple contemplaci\u00f3n da paisaxe \u00e1 s\u00faa interpretaci\u00f3n necesitamos establecer outras estratexias. Mirar para ver obriga a descifrar a linguaxe co que se expresa a terra. Precisamos interpretar a lingua secreta na que se expresa a natureza: comprender a paisaxe que vemos, internarnos na s\u00faa esencia, descifrar a s\u00faa linguaxe, co\u00f1ecela por dentro para valorar a s\u00faa riqueza e conservar a s\u00faa identidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda reco\u00f1ecendo que a mirar ens\u00ednase e apr\u00e9ndese e que a aprendizaxe da mirada \u00e9 complexa, por\u00e9n podemos aprender a mirar unicamente vendo e observando de vagar. As xeograf\u00edas pr\u00f3ximas est\u00e1n cheas de territorios agardando ser mirados. Saiamos a descubrilos, acudamos \u00e1 escola da contemplaci\u00f3n a aprender a mirar paisaxes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Estas aldeas representan o froito dunha longa loita do ser humano e a natureza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pedro Garc\u00eda Vidal.\u00a0Contemplo de vagar estas aldeas rianxeiras. Remontando o val, no linde entre o monte e as terras de cultivo, representan o froito dunha longa e teimuda loita do ser humano e a natureza que nos regala esta paisaxe. Toda esa paciencia que tivo o tempo e a paisaxe para ir fac\u00e9ndose coa finalidade &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=707\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Aprendendo a mirar paisaxes<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,7,34],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/707"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=707"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/707\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":835,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/707\/revisions\/835"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=707"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=707"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=707"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}