{"id":7106,"date":"2017-03-17T06:00:31","date_gmt":"2017-03-17T06:00:31","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7106"},"modified":"2017-03-12T18:00:47","modified_gmt":"2017-03-12T18:00:47","slug":"a-comida-non-se-tira","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7106","title":{"rendered":"A comida non se tira"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/comida.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-7107\" alt=\"comida\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/comida-300x174.jpg\" width=\"300\" height=\"174\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/comida-300x174.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/comida.jpg 512w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Francisco Ant. Vidal Blanco. <\/strong><\/em>Vaise don Carnal e quedamos con dona Coresma. Vaise a festa e ve\u00f1en as privaci\u00f3ns. Adeus cocho, adeus vitela lamentaban noutro tempo, pero agora, ata os m\u00e1is intransixentes seguidores da norma prohibitiva o toman con benevolencia. <!--more-->Onde van aquelas bulas que poucos pod\u00edan pagar, cando o \u00e1cido \u00farico era a enfermidade do benestar mentres o resto dos mortais, precisamente neste mes das cacholadas, padec\u00eda de pulmon\u00eda, tise e cousas polo estilo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Coresma vi\u00f1a sendo algo as\u00ed como un castigo imposto por andar de troula, coma cando de cativos chegabamos tarde da festa e \u00f3 d\u00eda seguinte estabamos castigados por desobedientes. Hogano as cacholadas non te\u00f1en d\u00eda, pero antano o cl\u00e1sico era que o martes marcase o l\u00edmite das fartanzas, bot\u00e1base toda a carne \u00f3 pote e a comida convert\u00edase na figa contra a escaseza, a\u00ednda que o ba\u00f1o quedase baleiro. Aquela comida era o s\u00edmbolo apotropaico da fartura, na medida do que cada quen puidese. Era un xantar de esconxuro. M\u00e1is ca unha cuesti\u00f3n de encherola, era de invocaci\u00f3n do ben e de compartir. Cada m\u00e1scara que aparec\u00eda pola casa recib\u00eda o seu aguinaldo de orellas, filloas ou melindres, e non darllo era mal agoiro. Non s\u00f3 hab\u00eda que encher o pote, se non tam\u00e9n facer os doces de forte poder cal\u00f3rico, tanto para vencer \u00f3 fr\u00edo propio do mes, como para resistir un longo d\u00eda de troula. Porque tras a comida hai que correr o Entroido.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda quedan lugares nos que esta celebraci\u00f3n, cada vez m\u00e1is desfigurada co engadido de motivos for\u00e1neos, celebra precisamente esa invocaci\u00f3n da fartura. Os Volantes ribeiraos han de pisar os campos sementados tras a misa do domingo pois se non non nace o froito, d\u00edxome un deles despois de executar esas danzas de primaveral colorido, os Peliqueiros sa\u00fadan \u00f3s seus finados no camposanto, golpeando coas pelicas sobre a campa, e tam\u00e9n \u00f3 finalizar a misa, cando a xente sae da igrexa recibe deles un ritual golpe, \u00f3 modo daqueles sacerdotes das Lupercais romanas, que tam\u00e9n neste mes de febreiro golpeaban coas s\u00faas correas de coiro para invocar a fertilidade. Acaba pois este tempo que v\u00e9n sendo como un invitatorio da fartura para sumirnos (desde a norma da Igrexa), nun tempo de xax\u00fan e escaseza. \u00c1s veces discutimos entre os amigos se a ra\u00edz desta imposici\u00f3n v\u00e9n de que tras o Entroido se esgotaban as despensas, ou se se esgotaban as despensas porque logo hab\u00eda que facer xax\u00fan. Como queira que sexa, o certo \u00e9 que despois destes d\u00edas tampouco hai froito nos campos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E a\u00ednda que sobre comida, e sexa obrigado gardar os venres de vixilia nada \u00e9 tan estrito hoxe en d\u00eda. A\u00ednda esta semana, despois de ter xantado na casa de mi t\u00eda o martes de Entroido, un abundante cocido que nos fixo para agasallar a todos os sobri\u00f1os, visiteina o venres, na hora do xantar e ti\u00f1a diante de si unha cunca de caldo, cos fermosos e avermellados ollos graxentos tal illas gorentosas. F\u00edxenlle ver, a ela, tan amiga de gardar os preceptos, que agora non se lembraba do venres de vixilia, cando de nenos non nos daba o bocata de salchich\u00f3n de merenda en tales d\u00edas, se quedabamos \u00f3 seu coidado; e sen apartar a cunca, entre cullerada e cullerada, deixoume claro o que ela entend\u00eda como a hipocris\u00eda de tal prohibici\u00f3n, que mentres a fame asola \u00e1s tres cuartas partes do mundo, non \u00eda ela tirar co caldo que quedou e que ga\u00f1a en sabor con cada fervura, pois sempre foi pecado tirar coa comida.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco. Vaise don Carnal e quedamos con dona Coresma. Vaise a festa e ve\u00f1en as privaci\u00f3ns. Adeus cocho, adeus vitela lamentaban noutro tempo, pero agora, ata os m\u00e1is intransixentes seguidores da norma prohibitiva o toman con benevolencia.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7106"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7106"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7106\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7108,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7106\/revisions\/7108"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7106"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7106"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7106"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}