{"id":7179,"date":"2017-03-31T06:00:53","date_gmt":"2017-03-31T06:00:53","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7179"},"modified":"2017-03-27T15:49:46","modified_gmt":"2017-03-27T15:49:46","slug":"as-perspectivas-da-idade","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7179","title":{"rendered":"As perspectivas da idade"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/persp.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-7180\" alt=\"persp\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/persp-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/persp-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/persp.jpg 480w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Ant\u00f3n Riveiro Coello. <\/strong><\/em>O outro d\u00eda lin unha noticia que lle pechaba as portas \u00e1 inmortalidade. O l\u00edmite natural da vida seica est\u00e1 nos 120 anos. As\u00ed que haber\u00e1 que preparar as maletas e aproveitar o tempo que nos queda. A medicina e a ciencia non van operar o milagre. O que procurar\u00e1n ser\u00e1 estender a sa\u00fade, m\u00e1is que a vida. <!--more-->A lonxevidade g\u00e1rdase da ciencia cos seus misterios e non nos queda outra que nos afacer \u00e1 angustia e ao medo que produce a consciencia da morte. De calquera xeito, esa extensi\u00f3n da idade mudou o concepto da vellez drasticamente nas \u00faltimas d\u00e9cadas. Hoxe a ningu\u00e9n se lle ocorre dicir que con cincuenta anos un \u00e9 vello, a\u00ednda que noutras \u00e9pocas a expectativa de vida non chegase a tanto. Mais d\u00f3enos reco\u00f1ecer que xa non somos mozos. Sempre nos preguntamos por que un d\u00eda, de s\u00fapeto, algu\u00e9n nos chama se\u00f1or ou nos trata de vostede, cargando sobre as nosas costas o peso dunha vellez incipiente para a que nunca cremos estar preparados. Negamos a evidencia. Vemos a xente da nosa mesma idade coma persoas vellas e, inocentemente, pensamos que eles non nos ven a n\u00f3s igual. Pechamos os ollos cando a imaxe que nos devolve o espello xa se parece m\u00e1is \u00e1 dos nosos pais que \u00e1 de n\u00f3s mesmos. Con todo, a nosa relaci\u00f3n coa idade ten diferentes perspectivas. Cando es neno ves vellos por todas as partes, e cando vas para vello esa percepci\u00f3n ad\u00e1ptase ao teu interese. A mi\u00f1a avoa materna, por exemplo, que morreu case centenaria, deixou de ler as necrol\u00f3xicas cando pasou dos oitenta anos porque as noticias xa non lle convi\u00f1an: os m\u00e1is dos mortos que aparec\u00edan nas p\u00e1xinas eran m\u00e1is novos ca ela, que pertenc\u00eda a unha familia lonxeva. Un seu av\u00f3 chegou aos 106, fumando e lendo a prensa. E, dos sete irm\u00e1ns, un contou os cen e os outros estiveron nas portas do s\u00e9culo, ag\u00e1s unha irm\u00e1 que, como dic\u00edan todos eles, lles morrera de nova aos oitenta anos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/tanga.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-7181\" alt=\"tanga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/tanga-225x300.jpg\" width=\"225\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/tanga-225x300.jpg 225w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/tanga-768x1024.jpg 768w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/tanga-900x1200.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/tanga.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a>Non \u00e9 doado aceptar a idade, e esta negaci\u00f3n conv\u00e9rtenos en seres rid\u00edculos cando queremos facer cousas que non se corresponden co noso reloxo biol\u00f3xico. Agora ben, hai perspectivas que \u00e1s veces animan, e moito, como a que me aconteceu a min, hai cousa de dous anos, cando a mi\u00f1a nai estaba ingresada no hospital de Ourense e me mandou a lle mercar unha braga. Na primeira mercer\u00eda que atopei, a dependenta, unha muller duns setenta anos, preguntoume se quer\u00eda un tanga. Fiquei un chisco sorprendido e con ganas de saber que demo vira en min para imaxinar que eu quer\u00eda semellante prenda. Cando lle dixen que a braga era para a mi\u00f1a nai, ela preguntoume se era vella. Non souben que contestar e anuncieille que ti\u00f1a 72 anos. \u201cAh! Daquela a\u00ednda \u00e9 nova!\u201d. A afirmaci\u00f3n desta muller foi tan contundente que sa\u00edn do negocio coa braga e a sensaci\u00f3n de que, malia os cincuenta anos, eu a\u00ednda era un rapaz, iso si, con pinta de vicioso.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ant\u00f3n Riveiro Coello. O outro d\u00eda lin unha noticia que lle pechaba as portas \u00e1 inmortalidade. O l\u00edmite natural da vida seica est\u00e1 nos 120 anos. As\u00ed que haber\u00e1 que preparar as maletas e aproveitar o tempo que nos queda. A medicina e a ciencia non van operar o milagre. O que procurar\u00e1n ser\u00e1 estender &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7179\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">As perspectivas da idade<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[13,7,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7179"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7179"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7179\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7182,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7179\/revisions\/7182"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7179"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7179"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7179"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}