{"id":7930,"date":"2017-08-06T06:00:27","date_gmt":"2017-08-06T06:00:27","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7930"},"modified":"2017-08-05T07:32:42","modified_gmt":"2017-08-05T07:32:42","slug":"carta-de-syd-barret-para-tona","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7930","title":{"rendered":"Carta de Syd Barret para To\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><i><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/sid1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-7931\" alt=\"sid1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/sid1-231x300.jpg\" width=\"231\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/sid1-231x300.jpg 231w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/sid1-789x1024.jpg 789w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/sid1.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 231px) 100vw, 231px\" \/><\/a><strong>Gonzalo Trasbach. <\/strong>Dear<\/i> To\u00f1a. Son Syd Barret. Supo\u00f1o que algunha vez oir\u00edas o meu nome. De ti faloume en varias ocasi\u00f3ns un vello amigo. E \u00e9 por este motivo polo que che quero contar unha pequena historia: durante moitos anos habitei nun terreo l\u00edmbico. Estando al\u00ed, pasaba os d\u00edas mirando para a mesma vent\u00e1: a televisi\u00f3n. Mais, hai xa once, mudeime a un dos vales que hai no Pa\u00eds de Alicia. Aqu\u00ed, vago entre os arboredos coma estrela sen luz, sempre cantando o mesmo retrouso: \u201cDeus sabe que somos almas solitarias. Son unha alma solitaria\u2026\u201d Pero, sabes unha cousa, querida To\u00f1a? Houbo un tempo no que brillei coma unha estrela, unha rutilante supernova, no firmamento s\u00f3nico da psicodelia.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nac\u00edn e crieime en Cambridge. M\u00e1is tarde trasladeime a Londres para estudar arquitectura. Daquela o meu coraz\u00f3n xa estaba ameigado, atrapado nas paisaxes fant\u00e1sticas e alucinadas que descubrira de neno nas p\u00e1xinas do libro <i>The wind in the willows (O vento nos salgueiros<\/i>), de Kenneth Grahame. Na universidade londiniense co\u00f1ec\u00edn a Roger Waters, Rick Wright e Nick Manson. Xuntos fundamos en 1965 unha banda de m\u00fasica: Pink Floyd. Por fortuna ou por desgraza experimentei co LSD. Notei que baixo os efectos desta sustancia o campo da mi\u00f1a percepci\u00f3n ampli\u00e1base desmesuradamente. Encant\u00e1bame ser m\u00fasico, tanto como explorar o m\u00e1xico e marabilloso mundo paralelo de Alicia. Mais agora coido que pasei demasiado tempo colgado do bordo do abismo e, finalmente, esnafrei.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Antes de que se me fose a man coas doses, e de que a \u201cola\u201d me xirase a m\u00e1is voltas do aturable, conviv\u00edn cunha soidade da alma moito m\u00e1is terrible que a que reina neste val de estrelas sen brillo. Ningu\u00e9n ten culpa, a\u00ednda que tampouco ningu\u00e9n me arroupou coa a s\u00faa compa\u00f1\u00eda. Poder\u00eda ter evitado o meu afundimento no precipicio? Non o sei. Antes, non obstante, tiven tempo de concibir un disco, talvez o m\u00e1is fermoso da traxectoria do grupo. E digo isto coa distancia de cincuenta anos, demasiado alongada no tempo por raz\u00f3ns cremat\u00edsticas e non art\u00edsticas. Aquel \u00e1lbum da nosa entrada na escena musical brit\u00e1nica bauticeino coma <i>O frautista \u00e1s portas da alba (The Piper at the Gates of Dawn<\/i>), t\u00edtulo que tomei prestado do cap\u00edtulo que m\u00e1is me gustaba do libro de Grahame.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-7932\" alt=\"syd2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd2-300x267.jpg\" width=\"300\" height=\"267\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd2-300x267.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd2.jpg 512w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Por aquel tempo, a prensa musical p\u00faxome o alcume de Diamante Tolo, talvez para aludir \u00e1 mi\u00f1a desmesurada afecci\u00f3n ao LSD e os psicotr\u00f3picos, e comentaba que isto foi a causa que rebentou o gran talento que, segundo ela mesma dic\u00eda, atesouraba na mi\u00f1a alma. Pode que fose as\u00ed. O que si \u00e9 certo \u00e9 que o LP quedou coma testemu\u00f1a do fabuloso caudal de imaxes, m\u00e1xicas e fant\u00e1sticas, que flu\u00edan pola mi\u00f1a cabeza. A\u00ednda que tam\u00e9n coma amarga confirmaci\u00f3n do meu terrible desvar\u00edo, ou de que a beleza, ademais do lado fabuloso, ten un reverso terror\u00edfico. Pero tampouco ningu\u00e9n mo advertira.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En calquera caso, aquela explosi\u00f3n de luz, cor e son recompilados no disco nunca m\u00e1is se volveu repetir. Foron moitos os que pensaron que na segunda etapa, cando o baixista Roger Waters, secundado polo guitarrista David Gilmour (o meu substituto), tomou o mando, a nave rosa acadou cotas siderais. Non saber\u00eda calibrar estas afirmaci\u00f3ns. Cando me sorprenderon aquelas pasaxes sonoras, a luz que anunciaba a alba era dun azul turquesa tan intenso como o que reflicte \u00e1s veces o mar que se estende ao p\u00e9 das casas de Palmeira, a t\u00faa vila.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-7933\" alt=\"syd3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd3-300x300.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd3-300x300.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd3-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd3-144x144.jpg 144w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/08\/syd3.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Aqu\u00ed, por onde agora cami\u00f1o coa cabeza baixa, co\u00f1ec\u00edn a unha moza e fermosa poeta que rexeitou ser unha <i>star<\/i> do firmamento literario. Ela si me advertiu que estar dotado cunha percepci\u00f3n moi afiada \u00e9 unha vantaxe, pero que asemade agocha un perigo. Contoume que sempre rezaba ped\u00edndolle a Deus que non lles concedera aos seus filli\u00f1os a graza que a levou a abocarse \u00e1 espita do mon\u00f3xido de carb\u00f3n. Ningu\u00e9n antes me ti\u00f1a explicado que a intelixencia \u00e9 unha bendici\u00f3n e \u00e1 vez unha maldici\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sen sabelo, nesa encrucillada andaba cando, cheo de gozo e ledicia, levantei un \u00e1lbum que obtivo unha enorme resonancia en UK e nos deu a co\u00f1ecer en Europa. Mesmo espertou alg\u00fans ecos, a\u00ednda que t\u00edmidos, en USA. Mais isto, querida, xa non importa. Cincuenta anos despois da s\u00faa publicaci\u00f3n, o cinco de agosto do 1967, conv\u00eddote a que o escoites e saborees. Mentres el permanece, eu cons\u00famome na penosa soidade do val das estrelas apagadas. <i>Two Thousand kisses from the other side of the world<\/i>. Atentamente teu, Syd.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach. Dear To\u00f1a. Son Syd Barret. Supo\u00f1o que algunha vez oir\u00edas o meu nome. De ti faloume en varias ocasi\u00f3ns un vello amigo. E \u00e9 por este motivo polo que che quero contar unha pequena historia: durante moitos anos habitei nun terreo l\u00edmbico. Estando al\u00ed, pasaba os d\u00edas mirando para a mesma vent\u00e1: a &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=7930\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Carta de Syd Barret para To\u00f1a<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[18,8,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7930"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7930"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7930\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7934,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7930\/revisions\/7934"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7930"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7930"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7930"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}