{"id":8140,"date":"2017-09-23T06:00:25","date_gmt":"2017-09-23T06:00:25","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8140"},"modified":"2017-09-13T15:27:38","modified_gmt":"2017-09-13T15:27:38","slug":"tres-ou-catro-obras-e-un-complexo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8140","title":{"rendered":"Tres (ou catro) obras e un complexo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/edipo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-8141\" alt=\"edipo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/edipo-300x176.jpg\" width=\"300\" height=\"176\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/edipo-300x176.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/edipo.jpg 800w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Fidel Videl.\u00a0<\/strong><\/em>O interese desta achega pretende non tanto entender <i>o<\/i> Edipo como <i>complexo<\/i> sen\u00f3n\u00a0 comprender <i>a<\/i> Edipo como home, e as\u00ed acadar un mellor entendemento e, se cabe, m\u00e1is claridade sobre o co\u00f1ecido complexo. Estaba ben lonxe S\u00f3focles da que lle \u00eda armar Freud ao pobre Edipo co seu complicado n\u00f3 arredor do falo<!--more-->, base de estrutura do desenvolvemento psicol\u00f3xico do ser humano. Desde ent\u00f3n Edipo est\u00e1 ligado ao <i>complexo<\/i> que leva o seu nome.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como definici\u00f3n, ad\u00f3itase aplicar \u00e1 atracci\u00f3n do neno polo proxenitor do sexo oposto, acompa\u00f1ada de sentimentos de agresividade ao do mesmo sexo. Na s\u00faa orixe, o termo atribu\u00edase unicamente ao var\u00f3n. Foi Jung quen desenvolveu, en paralelo para a muller, o mal chamado complexo de Electra, entend\u00e9ndoo como a \u201catracci\u00f3n sexual inconsciente que sente a nena polo seu pai\u201d. Freud non acepta este modelo por non se axustar \u00e1 realidade, e prefire falar, -idea aceptada por Lacan-, de \u201cEdipo feminino\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O xu\u00edzo xeral respecto do complexo de Edipo res\u00famese dicindo que o neno ama a s\u00faa nai e odia o seu pai, desex\u00e1ndolle a este a morte. Ent\u00e9ndese ademais a morte do pai como un desexo contra o rival, e inherente \u00e1 evoluci\u00f3n da condici\u00f3n humana. As\u00ed de sinxelo. Unha s\u00edntese tan b\u00e1sica, tan limitada aos tres elementos que o compo\u00f1en -o famoso tri\u00e1ngulo amoroso- non pode responder a unha realidade establecida encol do \u201ccomplexo\u201d como concepto. Porque se \u00e9 complexo non pode ser simple. A reduci\u00f3n chega ao extremo de facer da frase \u201cmatar o pai\u201d como un equivalente a \u201cser adulto\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Despois do <i>Edipo<\/i> de S\u00f3focles, o <i>Hamlet<\/i> de Shakespeare aparece para Freud como segunda lectura capital. \u201cUnha idea cruzoume pola mente, a de que o conflito ed\u00edpico posto en escena no <i>Oedipus Rex<\/i> de S\u00f3focles poder\u00eda estar tam\u00e9n no coraz\u00f3n de Hamlet. Non creo nunha intenci\u00f3n consciente de Shakespeare sen\u00f3n m\u00e1is ben que un acontecemento real impulsou o poeta a escribir ese drama, e que o seu propio inconsciente permitiulle comprender o inconsciente do seu heroe\u201d (Freud, nunha carta a Fliess). O tr\u00edptico compl\u00e9tase c\u00b4<i>Os irm\u00e1ns Karam\u00e1zov<\/i> de Dostoievski.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/1174381873Don_Hamlet_teatro.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-8142\" alt=\"1174381873Don_Hamlet_teatro\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/1174381873Don_Hamlet_teatro-300x157.jpg\" width=\"300\" height=\"157\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/1174381873Don_Hamlet_teatro-300x157.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/1174381873Don_Hamlet_teatro.jpg 390w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> \u201cPolo que ao escritor se refire \u2013di Freud\u2013 non hai lugar a d\u00fabidas, ten o seu posto un pouco detr\u00e1s de Shakespeare. <i>Os irm\u00e1ns Karam\u00e1zov<\/i> \u00e9 a novela m\u00e1is acabada que xamais se escribiu\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Se no <i>Edipo, Rei<\/i> descobre o universal do inconsciente disfrazado de destino e en <i>Hamlet<\/i> a inhibici\u00f3n culpable, \u00e9 n\u00b4<i>Os irm\u00e1ns Karam\u00e1zov<\/i> onde reside o desexo parricida. Dificilmente se deba ao azar que as tres obras mestras da literatura de todos os tempos xiren sobre o mesmo tema: o parricidio. Tr\u00e1tase de lle retorcer o pescozo ao pai <i>e<\/i> deitarse coa nai, e non de lle retorcer o pescozo ao pai <i>para<\/i> se deitar coa nai. Hai relaci\u00f3n de coordinaci\u00f3n, afirma Jean Bergeret, e non de subordinaci\u00f3n. Freud insiste na irreversibilidade da idea da morte: a do pai ou a morte de un mesmo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mais, para coroar o discurso cunha axeitada conclusi\u00f3n, falta unha cuarta obra: o <i>Don Hamlet<\/i> de Cunqueiro. Esta resume a tese de Freud sobre o Edipo que encerra o Hamlet ao facer do t\u00edo asasino o seu propio pai. Don Hamlet ao decatarse desa verdade, cando o sabe, as\u00f3mbrase, e <i>non quere saber<\/i>. Despois de remoer os miolos na traxedia de Shakespeare, \u201cdei na teima \u2013explica Cunqueiro- de que hab\u00eda algo no m\u00e1is fondo do conto que non ti\u00f1a sido usado polo dramaturgo ingl\u00e9s. Rogo que se acepte que estas li\u00f1as est\u00e1n escritas cunha humildade sen reservas. E un d\u00eda veume, coma un l\u00f3strego, a revelaci\u00f3n. O Usurpador, era o verdadeiro pai de Hamlet. Ent\u00f3n, todo cadraba mellor\u201d. Estamos, pois, de volta ao Edipo e a unha forma da \u201cm\u00e1is famosa das lendas que predican do home, que contan do home que para selo matou a seu pai e casou con s\u00faa nai.\u201d<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fidel Videl.\u00a0O interese desta achega pretende non tanto entender o Edipo como complexo sen\u00f3n\u00a0 comprender a Edipo como home, e as\u00ed acadar un mellor entendemento e, se cabe, m\u00e1is claridade sobre o co\u00f1ecido complexo. Estaba ben lonxe S\u00f3focles da que lle \u00eda armar Freud ao pobre Edipo co seu complicado n\u00f3 arredor do falo<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,65,11],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8140"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8140"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8140\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8143,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8140\/revisions\/8143"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8140"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8140"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8140"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}