{"id":8409,"date":"2017-11-29T06:00:10","date_gmt":"2017-11-29T06:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8409"},"modified":"2017-11-20T12:11:37","modified_gmt":"2017-11-20T12:11:37","slug":"o-boghador","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8409","title":{"rendered":"O boghador"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/As-Letras-da-Arte.-Imaxe2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-8456\" alt=\"As Letras da Arte. Imaxe2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/As-Letras-da-Arte.-Imaxe2-300x268.jpg\" width=\"300\" height=\"268\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/As-Letras-da-Arte.-Imaxe2-300x268.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/As-Letras-da-Arte.-Imaxe2-1024x914.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/As-Letras-da-Arte.-Imaxe2-900x804.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/As-Letras-da-Arte.-Imaxe2.jpg 1258w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>Sen arrefriar de vez a\u00ednda as fa\u00edscas da s\u00faa \u00faltima obra, Che Tembra abre unha nova mostra na sala de exposici\u00f3ns da Sociedade Liceo de Noia. Estiven presente mentres remataban de a montar. Malia as id\u00f3neas dimensi\u00f3ns do espazo, vin como houbo que facer arranxos de \u00faltima hora para poder acoller o prol\u00edfico traballo. Os espazos adoitan sempre quedarlle curtos a este home, dada a apaixonada actividade na que sempre anda.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>Galiza sempre en p\u00e9<\/i> \u00e9 o nome co que desta volta quixo dar a idea com\u00fan dun conxunto de escenas que te\u00f1en que ver con iso: a dignidade de quen se ergue a pesar da situaci\u00f3n, de quen se mant\u00e9n a pesar da contrariedade, de quen pon en vez de opo\u00f1er. Unha denominaci\u00f3n coma extra\u00edda, si, dunha vi\u00f1eta ou dun t\u00edtulo de Castelao. Unha denominaci\u00f3n, ao meu parecer, afortunad\u00edsima por canto v\u00e9n ser ese xogo coas palabras do libro (Sempre en Galiza) para darlle a volta nun \u201cGaliza sempre\u201d ao que s\u00f3 lle restase engadirlle o aberto peche: ese \u201cen p\u00e9\u201d que se nos antolla hibridado de universalismo, berro revolucionario e afouteza social.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non desbota, Che Tembra, nin as boli\u00f1as de escoura. Unha boli\u00f1a de escoura \u00e9 unha b\u00e1goa, ou unha rosada do beizo \u00ad\u2013dic\u00edanos mentres mirabamos un rostro de ferro, na exposici\u00f3n\u2013. O chan do taller teno estrado de anacos, tiras, anll\u00f3s, borros, recortes, l\u00e1minas, cani\u00f1as ou follas de ferro, coma un prado met\u00e1lico ou unha herba do pastar reivindicativo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Castelao fac\u00eda a s\u00faa arte para que se vise o que antes non se quixera ver: a teimos\u00eda da bondade, o hero\u00edsmo do coti\u00e1n, \u00e1s veces a m\u00e1goa; sempre \u00a0\u2013case\u2013 dende unha perspectiva doce e retranqueira. Iso rec\u00f3lleo tam\u00e9n para si Che Tembra. D\u00e1che unha aperta de mans coa s\u00faa man de trencha e camarader\u00eda, e sentes coma se berrase polo resto de \u00f3xido que a\u00ednda leva nela. Sentes a linguaxe do ferro, do traballo, do alentar da forxa e o repenicar do martelo; o son que en Castelao era eixada, mi\u00f3n, panca e fortaleza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>O boghador (as\u00ed, con gheada)<\/i> \u00e9 unha paisaxe e mais unha vi\u00f1eta costumista, homenaxe do Che a Castelao no seu nacemento. Unha \u00edntima conversa-sa\u00fado entre d\u00faas mulleres rianxeiras: se \u00e9 neno, un \u201cboghador\u201d; se sae nena, unha \u201cpateli\u00f1a\u201d. Ambas engaiolantes por mor desa xenu\u00edna combinaci\u00f3n entre o ferro e o episodio veci\u00f1al no que con poucas palabras queda expresada toda unha historia com\u00fan: a \u00e9pica dun pobo, dir\u00eda eu. A\u00ed a escola de Castelao, a po\u00e9tica da s\u00edntese, o car\u00e1cter tan xenuinamente galego da retranca, o dicir tanto co simple sa\u00fado, a frase breve, a palabra \u00edntima ou a conversa recullo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Che Tembra fixo s\u00faa esa idea. Xa o diciamos noutra anterior descrici\u00f3n da s\u00faa obra. Unha soldaxe que nos trae o concepto de persistencia \u00e1 vez que nos sit\u00faa diante do reloxo brando da vida. Magn\u00edfica colecci\u00f3n. Magn\u00edfica interpretaci\u00f3n do mestre, polo magn\u00edfico escultor barbanz\u00e1n do ferro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0Sen arrefriar de vez a\u00ednda as fa\u00edscas da s\u00faa \u00faltima obra, Che Tembra abre unha nova mostra na sala de exposici\u00f3ns da Sociedade Liceo de Noia. Estiven presente mentres remataban de a montar. Malia as id\u00f3neas dimensi\u00f3ns do espazo, vin como houbo que facer arranxos de \u00faltima hora para poder acoller o prol\u00edfico traballo. &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8409\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O boghador<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,4,7],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8409"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8409"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8409\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8457,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8409\/revisions\/8457"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8409"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8409"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8409"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}