{"id":8538,"date":"2017-12-13T06:00:26","date_gmt":"2017-12-13T06:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8538"},"modified":"2017-11-28T12:37:01","modified_gmt":"2017-11-28T12:37:01","slug":"lecturas-contra-a-anorexia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8538","title":{"rendered":"Lecturas contra a anorexia"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_8539\" aria-describedby=\"caption-attachment-8539\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/BN25C6F1_21136.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-8539 \" alt=\"Matalobos\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/BN25C6F1_21136-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/BN25C6F1_21136-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/BN25C6F1_21136.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-8539\" class=\"wp-caption-text\">Matalobos<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco. <\/strong><\/em>A lectura de textos feministas pode axudar a combater a anorexia\u00bb. As\u00ed de rotundo \u00e9 o t\u00edtulo dun artigo que lin a semana pasada. A cousa pod\u00eda quedar nunha simple frase sen necesidade de m\u00e1is explicaci\u00f3n ou tam\u00e9n podemos tomala como unha desas frases ditas para provocar. <!--more-->De feito, o inconformismo co corpo de cada un, que lle afecta tanto a homes como a mulleres, pode cambiar tras unha lectura que nos faga ver como non todos os corpos son iguais e que as modas e os manequ\u00edns s\u00f3 son obxectos dirixidos a crear uns intereses comerciais, nos que tan doado \u00e9 caer.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c1 fin, a anorexia \u00e9 un trastorno mental causado pola mesma sociedade. Co\u00f1ezo tendas de roupa en que os vestiarios te\u00f1en espellos levemente convexos para que quen nel se mire se vexa m\u00e1is esgu\u00edzaro, o cal anima a mercar esa roupa que, sen eses vidros por medio, nin alisan a barriga nin nos alargan o metro setenta da media. A\u00ednda estou por dicir que o tal bombardeo sobre a figura ideal \u00e9 unha macabra idea das tendas do\u00a0<em>pr\u00eat-\u00e0-porter,<\/em>\u00a0para que sexan as persoas quen se adapten a unha roupa estandarizada, xa que \u00e9 imposible facer prendas en cadea e \u00e1 medida para cada un de n\u00f3s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00bfPero que ten un texto feminista que non te\u00f1a outro tipo de texto? Pois simplemente a capacidade de concienciar do feito de que ser muller non \u00e9 ser un obxecto, que cada corpo ten a s\u00faa feitura e a beleza non ten que seguir os canons dunha hipot\u00e9tica lei de medidas. A\u00ednda que esa idea de moldear o corpo non se limita ao x\u00e9nero feminino, non hai m\u00e1is que entrar nun ximnasio para ver var\u00f3ns de todas as idades esforz\u00e1ndose por ter a t\u00e1boa da barriga como a dun deportista de vinte anos que adestra dez horas diarias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/anorexia.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-8540 alignleft\" alt=\"anorexia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/anorexia-300x236.jpg\" width=\"300\" height=\"236\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/anorexia-300x236.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/11\/anorexia.jpg 341w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Ese mesmo d\u00eda da lectura do tal artigo cadroume cun amigo que ao paso dunha moza esguivia dixo como falando entre dentes: esa rapaza non est\u00e1 ben. A mesma frase implica unha referencia \u00e1 sa\u00fade. Outros pod\u00edan facer comentarios baseados neses canons con que nos acosan e tanto dano fan, sobre todo nas adolescentes, nesa idade tan vulnerable e perigosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O asunto dese artigo antes foi un estudio de dez semanas de duraci\u00f3n con varias persoas que padec\u00edan deste trastorno, amos\u00e1ndolles lecturas, cadros, anuncios e ata pel\u00edculas de Disney para centrar o tema e axudarlles a entender como nos fan ver o corpo feminino e como se define a feminidade desde a cultura de masas. Tam\u00e9n para facerlles comprender como tras reco\u00f1ecer a ra\u00edz do problema se sent\u00edan menos culpables do seu trastorno e pod\u00edan empezar a superalo, a ver nos mesmos compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras de terapia as caras p\u00e1lidas e a debilidade xeral que antes non quer\u00edan ver.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Conta a autora do artigo como foi, sobre todo, un libro escrito baixo a \u00f3ptica feminista o que lle axudou a rexeitar esa idea equivocada da beleza pola que ela mesma padeceu eses trastornos que empezan por rexeitar as sobremesas e rematan indo ao ba\u00f1o tras cada bocado. F\u00edxolle ver, sobre todo, que o corpo da muller non \u00e9 unha propiedade suxeita a determinadas medidas, que o feito de non ser delgada non era culpa dela e que a anorexia exp\u00falsanos de quen realmente somos. Esa lectura demostroulle, \u00e1 fin, que unha muller non \u00e9 un obxecto de exposici\u00f3n, tomou conciencia da s\u00faa feminidade e puido sa\u00edr dos seus desordes alimenticios e recuperar a sa\u00fade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco. A lectura de textos feministas pode axudar a combater a anorexia\u00bb. As\u00ed de rotundo \u00e9 o t\u00edtulo dun artigo que lin a semana pasada. A cousa pod\u00eda quedar nunha simple frase sen necesidade de m\u00e1is explicaci\u00f3n ou tam\u00e9n podemos tomala como unha desas frases ditas para provocar.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8538"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8538"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8538\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8554,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8538\/revisions\/8554"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8538"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8538"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8538"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}