{"id":8641,"date":"2017-12-16T06:00:52","date_gmt":"2017-12-16T06:00:52","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8641"},"modified":"2017-12-13T18:57:49","modified_gmt":"2017-12-13T18:57:49","slug":"limiar-do-anuario-de-estudos-do-barbanza-2017","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8641","title":{"rendered":"Limiar do Anuario de Estudos do Barbanza 2017"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/12\/anuario.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-8642\" alt=\"anuario\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/12\/anuario-241x300.jpg\" width=\"241\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/12\/anuario-241x300.jpg 241w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/12\/anuario.jpg 723w\" sizes=\"(max-width: 241px) 100vw, 241px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Leo nun artigo de Ignacio Echevarr\u00eda: \u201cNuestra \u00e9poca, s\u00ed, parece plantear la disyuntiva entre la especializaci\u00f3n exclusivista, que abonan los circuitos acad\u00e9micos y las din\u00e1micas cient\u00edficas, y el fr\u00edvolo picoteo del intelectual medi\u00e1tico, solicitado por y para todo tipo de asuntos, fiado de su ingenio, en efecto, y entregado a su voluptuosidad\u201d. Ao pouco m\u00e1ndame un correo electr\u00f3nico o imprescindible Manuel Cartea, e rec\u00f3rdame que te\u00f1o que escribir o limiar para o anuario deste ano. A pesar de que escrib\u00edn todos os limiares dos anuarios publicados, a mi\u00f1a primeira reacci\u00f3n \u00e9 volver sentirme un intruso. <!--more-->Sei por que. O obxectivo dun anuario \u00e9 a especializaci\u00f3n e os meus limiares son fr\u00edvolos <i>picoteos <\/i>dun tipo fiado do seu enxe\u00f1o e entregado \u00e1 s\u00faa voluptuosidade. Como xa lle te\u00f1o dito varias veces a Cartea, sen ning\u00fan \u00e9xito, que estar\u00eda encantado de que algu\u00e9n me substitu\u00edse na tarefa limiaresca (rima con simiesca) ou limiareira (rima con festeira), decido abordar este limiar dunha forma m\u00e1is acad\u00e9mica e cient\u00edfica, menos fr\u00edvola. A\u00ed vai: <i>Os anuarios, <\/i>Annual Literary<i>, pux\u00e9ronse de moda ao redor de 1823 en Inglaterra. Conti\u00f1an unha gran cantidade de augafortes de fermosas mulleres en placas de aceiro. M\u00e1is tarde p\u00faxose de moda colorear esas placas con pinturas de auga e os anuarios volv\u00e9ronse os primeiros libros en colorear&#8230; <\/i>S\u00edntoo. Ese tipo de limiares hist\u00f3ricos non vai coa mi\u00f1a personalidade fr\u00edvola e retranqueira. Cada vez que vexo un dato \u00e9ntranme ganas de esnaquizalo coa mi\u00f1a subxectividade. Intentareino de novo, pero agora coa mi\u00f1a (suposta) erudici\u00f3n filos\u00f3fica: <i>Como sabe o ilustrado lector, o principio teleol\u00f3xico que regula a obxectivaci\u00f3n ontol\u00f3xica da idea de anuario est\u00e1 moi ben resumido nestas palabras do case con toda probabilidade mellor fil\u00f3sofo da centuria pasada, Martin Heidegger: \u201cAo inicio da s\u00faa historia, o saber absoluto debe ser outro que ao final. Certamente, pero esa alteridade non quere dicir que no inicio o saber<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>en modo alg\u00fan a\u00ednda non fose saber absoluto. Ben ao contrario, xustamente no inicio \u00e9 xa saber absoluto, pero saber absoluto que a\u00ednda non chegou a si mesmo, que a\u00ednda non deveu outro, sen\u00f3n que s\u00f3 \u00e9 o outro\u201d. Xa que logo&#8230; <\/i>S\u00edntoo de novo. A erudici\u00f3n filos\u00f3fica tam\u00e9n me aburre. Non nego a s\u00faa importancia nin a s\u00faa necesidade pero desde que aprobei as oposici\u00f3ns (e sen ningunha premeditaci\u00f3n, pura espontaneidade ontol\u00f3xica, x\u00faroo por Tales de Mileto) collinlle vertixe \u00e1s alturas conceptuais. Cando era interino non o dir\u00eda pero, agora que xa son funcionario, serei sincero. A mi\u00f1a sensibilidade dexenerou tanto que a estas alturas da mi\u00f1a vida prefiro que me digan o mesmo que acaba de dicir Heidegger cun chiste: Pregunta: Cantos hegelianos se necesitan para cambiar unha <i>bombilla<\/i>? Resposta: Por suposto, dous. Un deles ponse nunha punta do cuarto e afirma que non est\u00e1 escuro, o outro p\u00e1rase na outra punta e di que a luz verdadeira \u00e9 imposible. A dial\u00e9ctica que se crea entre esas d\u00faas afirmaci\u00f3ns antit\u00e9ticas crea unha s\u00edntese que fai o traballo. Xa vedes. Non te\u00f1o remedio. E, a verdade, \u00e9 que se me animo a seguir escribindo estes limiares \u00e9 porque os meritorios e sempre pouco recompensados colaboradores deste anuario, que eu saiba, nunca se queixaron. E nunca se queixaron, g\u00fastame pensar, porque se nunha punta do anuario est\u00e1n os meus petiscos fr\u00edvolos e na outra as eruditas traduci\u00f3ns literarias de Cartea, no medio, como unha s\u00edntese perfecta, est\u00e1n os seus traballos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Leo nun artigo de Ignacio Echevarr\u00eda: \u201cNuestra \u00e9poca, s\u00ed, parece plantear la disyuntiva entre la especializaci\u00f3n exclusivista, que abonan los circuitos acad\u00e9micos y las din\u00e1micas cient\u00edficas, y el fr\u00edvolo picoteo del intelectual medi\u00e1tico, solicitado por y para todo tipo de asuntos, fiado de su ingenio, en efecto, y entregado a su voluptuosidad\u201d. Ao &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8641\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Limiar do Anuario de Estudos do Barbanza 2017<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8641"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8641"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8641\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8643,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8641\/revisions\/8643"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8641"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8641"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8641"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}