{"id":8831,"date":"2018-02-26T06:00:03","date_gmt":"2018-02-26T06:00:03","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8831"},"modified":"2018-01-31T18:57:21","modified_gmt":"2018-01-31T18:57:21","slug":"da-familia-negro","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8831","title":{"rendered":"Da familia Negro"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/01\/ANegro.-4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-8832\" alt=\"ANegro. 4\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/01\/ANegro.-4-300x169.jpg\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/01\/ANegro.-4-300x169.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/01\/ANegro.-4-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/01\/ANegro.-4-900x507.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/01\/ANegro.-4.jpg 1278w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Hai uns d\u00edas citaba aqu\u00ed, aos artistas galegos nas exposici\u00f3ns do CGAC para referirme a <i>ModeloXarmar<\/i> no que se mostraban obras de galegos producidas entre mediados do s\u00e9culo pasado e a actualidade. Daquela, non recoll\u00edn outra exposici\u00f3n que tam\u00e9n ocupa, neste momento, as salas deste Centro. <!--more-->Tr\u00e1tase de <i>Y<\/i> de \u00c1lvaro Negro do que me ocuparei ao paso, porque te\u00f1o interese en determe na familia Negro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A exposici\u00f3n <i>Y <\/i>ocupa o primeiro andar e o triplo espazo, cunha serie de obras de diferentes materiais e formatos nos que experimenta coa pintura e o v\u00eddeo, t\u00e9cnicas, estilos e medios diferentes. Explora a abstracci\u00f3n e unha nova figuraci\u00f3n, cunha serie de elementos com\u00fans como a preocupaci\u00f3n pola iluminaci\u00f3n e as texturas, a li\u00f1a vertical como elemento presente en moitas das obras ou a revisi\u00f3n da historia da arte a trav\u00e9s de tonalidades que nos remiten aos dourados do medievo ou aos negros do barroco. Materiais tan dispares como a tela de saco, o aluminio ou o espello aparecen buscando o seu lugar ao lado de outros nos que as cores negras e vermellas se asentan sobre o li\u00f1o ou a t\u00e1boa. A busca do esencial cami\u00f1a \u00e1 par dunha certa austeridade que ata pode reducir o tama\u00f1o do cadro. O goteo d\u00e1lle a man ao arrastre ou varrido a conciencia da pintura. O craroescuro ao lado da tela que deixa entrever o lenzo interior e nos fala do que hai que adivi\u00f1ar porque nunca se nos revela totalmente. O paso do tempo na paisaxe de forma que semella paralizada, apenas unha choiva maina&#8230; ata que o cambio de luz nos fala de diferentes horas, de que o tempo pasou&#8230; unhas veces sen darnos conta, outras m\u00e1is evidente. A asunci\u00f3n da arquitectura como parte da obra, coma ese contexto que lle achega contido e patente especialmente no triplo espazo, abr\u00edndoo para que se mostre tal como foi dese\u00f1ado polo arquitecto, e a\u00ednda m\u00e1is cando a visi\u00f3n de ese espazo a vemos desde arriba e ao lado dos v\u00eddeos nos que se recolle a natureza no tempo observamos o cadro situado na esquerda coa paisaxe pintada e ao fondo da pasarela, a trav\u00e9s do cristal, o parque de Belv\u00eds: tres visi\u00f3ns da natureza aproveitando o que o edificio permite.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">V\u00e9n \u00c1lvaro Negro da primeiras fornadas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, percorre Londres e Berl\u00edn e volve \u00e1 casa coa mochila no que est\u00e1 o que vai de serie, a esencia, e a experiencia e co\u00f1ecemento adquiridos. Sempre \u00e9 un pracer recuperar a un artista tan novo e tan maduro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero eu quer\u00eda titular esta entrada \u201cDa familia Negro\u201d porque cando vexo algo de \u00c1lvaro penso e Carlos e viceversa. De Lal\u00edn, dunha familia que achega dous artistas,un na pl\u00e1stica e outro na literatura. Novo os dous pero con moito que contar xa. Descubr\u00edn primeiro a Carlos, nunha daquelas edici\u00f3ns de Letras de Cal cun libro marabilloso -no sentido cunqueir\u00e1n-\u00a0 <i>As laranxas de Al\u00ed Bab\u00e1<\/i>, un longo poema de amor no que recuperabamos o mellor da nosa fantas\u00eda, o mundo de oriente visto desde o por do sol, con toda esa maxia que cabe nunha laranxa ou nunha fermosa historia. Logo eu <i>Far \u2013 west<\/i> para falarnos de n\u00f3s dos que estamos deste lado do mundo e coma os indios semellamos perif\u00e9ricos en todos os sentidos. A partir de a\u00ed, quero determe nos poemarios dirixidos \u00e1 mocidade <i>Makinaria <\/i>para eles, para os rapaces que agardan o fin de semana para subirse \u00e1 moto sen saber en que momento van baixar, para os que son fortes co motor por diante e todas as consecuencias desa inocencia. Logo veu <i>Pen\u00faltimas tendencias<\/i> para elas, para as mozas que a pesar de todas as modas, marcas, publicidade, revistas&#8230; son quen de resistir e rebelarse, de ser elas contra o inmenso p\u00e9 do machismo. E metido en tema de igualdade, escribe Carlos <i>Masculino singular <\/i>a obra que todos os homes deber\u00eda ter de libro de cabeceira, porque \u00e9 imprescindible pensarse para cambiar unha realidade que non nos gusta nin a unhas nin a outros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Singulares son os irm\u00e1ns Negro, singulares e artistas galegos, sen d\u00fabida.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Hai uns d\u00edas citaba aqu\u00ed, aos artistas galegos nas exposici\u00f3ns do CGAC para referirme a ModeloXarmar no que se mostraban obras de galegos producidas entre mediados do s\u00e9culo pasado e a actualidade. Daquela, non recoll\u00edn outra exposici\u00f3n que tam\u00e9n ocupa, neste momento, as salas deste Centro.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[4,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8831"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8831"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8831\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8833,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8831\/revisions\/8833"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8831"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8831"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8831"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}