{"id":8862,"date":"2018-03-05T06:00:37","date_gmt":"2018-03-05T06:00:37","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8862"},"modified":"2018-02-08T08:04:16","modified_gmt":"2018-02-08T08:04:16","slug":"unha-estrelina-forxada-na-irmanda-i","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8862","title":{"rendered":"Unha estreli\u00f1a forxada na irmand\u00e1 (I)"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/02\/Imaxe-para-caf\u00e9-barbantia.-I.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-8863\" alt=\"Imaxe para caf\u00e9 barbantia. I\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/02\/Imaxe-para-caf\u00e9-barbantia.-I-300x224.jpg\" width=\"300\" height=\"224\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/02\/Imaxe-para-caf\u00e9-barbantia.-I-300x224.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/02\/Imaxe-para-caf\u00e9-barbantia.-I.jpg 375w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreli\u00f1a forxada na irmand\u00e1 e quero ver brilar a lus d\u00b4esa estreli\u00f1a hasta chegar cegar. Que vexan os demais n\u00b4esa estreli\u00f1a a lus da libert\u00e1, que vexan que o tesouro m\u00e1is querido o ten o seu brilar. Estreli\u00f1a feituca de cari\u00f1os, estrela do meu lar, que sempre te levei como reliquia de Terra, Dios e Nai, xa te deixo prendida no meu fillo por sempre endexamais&#8221;.<!--more--><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif; font-size: medium;\">As\u00ed se desped\u00eda, desde a cadea, Camilo D\u00edaz Vali\u00f1o do seu fillo Isaac D\u00edaz Pardo, un dos homes m\u00e1is comprometidos coa Galicia do s\u00e9culo XX, posterior ao Golpe de Estado. Algu\u00e9n se preguntar\u00e1 por esta afirmaci\u00f3n, que debemos argumentar a base de preguntas: <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif; font-size: medium;\">Quen creou unha empresa cultural como Sargadelos &#8211; O Castro que definiron o noso ser diante do mundo? Quen dese\u00f1ou unha vaixela que estar\u00eda nas mesas recordando a dignidade que ti\u00f1a que ser nosa? Quen aproveitou as ganancias desa empresa de louza para po\u00f1er e marcha unha editorial na que publicar, ademais de moitas outras cousas imprescindibles, a memoria hist\u00f3rica borrada pola Ditadura? Quen puxo en p\u00e9 o Seminario de Formas para continuar labores como a do Seminario de Estudos Galegos? Quen estableceu o v\u00ednculo coa Galicia exiliada e creou un lugar ao que volver onde os agardou e deu acubillo? Quen nos fixo sentir que ti\u00f1amos unha Bauhaus? Quen tentou crear medios de comunicaci\u00f3n galegos ata o punto de constru\u00edr o IGI? Quen foi o arquitecto que reco\u00f1ecemos en tantos edificios artellados arredor dunha escaleira (como dic\u00eda Freixanes)? Quen foi o ceramista de pezas que retrataron a historia e personaxes galegos? Quen o dese\u00f1ador de exposici\u00f3ns, caixas e papeis de embalar que reco\u00f1eciamos en calquera lugar do mundo? Quen o pintor cos ollos abertos para toda a eternidade? Quen o creador dun sistema empresarial que derivaba as ganancias a unha cultura que s\u00f3 daba perdas pero era necesaria? Quen o organizador dun sistema de tendas de cer\u00e1mica con librar\u00eda, sala de exposici\u00f3ns e n\u00facleo no que establecer un programa cultural? Quen o supervisor comisario de exposici\u00f3ns nas que contar o que non se sab\u00eda? Quen o que puxo en marcha o primeiro Museo Contempor\u00e1neo de Galicia co nome de Carlos Maside?&#8230; e tantas outras cousas. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif; font-size: medium;\">\u00c9 ben certo que con el estaba Seoane, pero tam\u00e9n o \u00e9 que el representaba o exilio interno e o enlace co exterior. Nas tendas de Sargadelos estaban eles, os que chegaban de f\u00f3ra e poucos ou ningu\u00e9n reco\u00f1ec\u00eda (Lorenzo Varela, Blanco Amor, Neira Vilas e Anisia&#8230;) e os de aqu\u00ed que atopaban al\u00ed o seu refuxio (Beiras e Novoneyra eran facianas presentes en moitos momentos). <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif; font-size: medium;\">Por iso, arredor do 5 de xaneiro lembramos a D\u00edaz Pardo. \u00c9 a Real Academia D\u00edaz Castro (que o peor que ten \u00e9 o nome) quen nos convoca a visitar a tumba en Boisaca onde unhas pombas se abren ao ceo sempre chuvioso. A l\u00e1pida de pedra vaise enchendo de flores e maz\u00e1s que lembran o poema de Lorenzo Varela \u201cCompa\u00f1eiros da mi\u00f1a xeraci\u00f3n mortos ou asasinados\u201d, que en dous versos chama \u201co d\u00eda que vos poda levar \u00e1 sepultura \/ unha cesta de pombas e maz\u00e1s\u201d.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0&#8220;Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreli\u00f1a forxada na irmand\u00e1 e quero ver brilar a lus d\u00b4esa estreli\u00f1a hasta chegar cegar. Que vexan os demais n\u00b4esa estreli\u00f1a a lus da libert\u00e1, que vexan que o tesouro m\u00e1is querido o ten o seu brilar. Estreli\u00f1a feituca de cari\u00f1os, estrela do meu lar, que sempre &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8862\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Unha estreli\u00f1a forxada na irmand\u00e1 (I)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,69,10],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8862"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8862"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8862\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8864,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8862\/revisions\/8864"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8862"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8862"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8862"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}