{"id":8940,"date":"2018-03-19T06:00:08","date_gmt":"2018-03-19T06:00:08","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8940"},"modified":"2018-03-07T08:37:56","modified_gmt":"2018-03-07T08:37:56","slug":"a-febre-do-ouro","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=8940","title":{"rendered":"A febre do ouro"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_8941\" aria-describedby=\"caption-attachment-8941\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/BM3C7F1_213312.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-8941\" alt=\"BM3C7F1_213312\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/BM3C7F1_213312-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/BM3C7F1_213312-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/BM3C7F1_213312.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-8941\" class=\"wp-caption-text\">Matalobos<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco. <\/strong><\/em>Cando a mediados do s\u00e9culo XIX xurdiu aquela famosa, peliculeira e tan documentada febre do ouro en California, nunha rexi\u00f3n a onde daquela s\u00f3 emigraban os que non ti\u00f1an a onde ir, quen realmente se fixo rico non foi quen atopou ouro, sen\u00f3n quen abasteceu \u00f3s buscadores.<!--more--> Certamente, moitos daqueles mineiros improvisados tam\u00e9n tiveron a sorte de quen xoga \u00e1 loter\u00eda, atoparon unha veta e, se souberon gardar o secreto e non se foron correndo \u00f3 primeiro\u00a0<em>saloon\u00a0<\/em>para celebralo, tentando a cobiza de ning\u00fan pistoleiro, a\u00ednda o puideron contar. Durante aqueles escasos dez anos que durou a febre, un pobo sen xente, como era San Francisco, que daquela nin as\u00ed se chamaba, viu incrementar, en progresi\u00f3n xeom\u00e9trica, a poboaci\u00f3n que vi\u00f1a do leste por terra e por mar, moitos deles d\u00e1ndolle a volta \u00f3 cabo de Fornos, por ser m\u00e1is seguro que atravesando o Misisipi. Ata al\u00ed chegaron emigrantes e buscavidas de todas as partes do mundo que obrigaron a sacar leis para po\u00f1er orde naquel rebumbio e, sobre todo, para evitar que os estranxeiros tivesen m\u00e1is sorte naquela procura que os estadounidenses. Creceu tanto e en tan pouco tempo esa pequena poboaci\u00f3n do extremo do salvaxe oeste, que a pasos de xigante houberon de improvisarse xulgados, grupos parapoliciais, bancos, igrexas e sobre todo sal\u00f3ns onde gastar as fortunas obtidas ou presumidas con damas namoradeiras e cabaleiros destros no manexo dos naipes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/cartel-Ouro.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-8942\" alt=\"cartel Ouro\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/cartel-Ouro.jpg\" width=\"284\" height=\"177\" \/><\/a>Entre aquela morea de buscavidas hab\u00eda un impresor chamado Samuel Brannan, que montara o primeiro peri\u00f3dico de San Francisco, o\u00a0<em>California Star<\/em>, quen vendo como un granxeiro chegaba a unha tenda e pagaba con ouro os artigos que mercaba, preguntou, indagou, e soubo que encontraran unha veta, e daquela, sen dubidalo, foise a mercar unha pa; pero logo pensouno mellor, mercou todas as ferramentas que hab\u00eda nas poucas tendas existentes, p\u00faxoas \u00e1 revenda e sa\u00edu \u00e1 r\u00faa proclamando \u00f3s catro ventos que California era terra de ouro e que calquera cunha lego\u00f1a pod\u00eda facerse rico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Entre os emigrantes tam\u00e9n apareceron grupos de asi\u00e1ticos, maioritariamente chinos, que vendo como lles limitaban o acceso \u00e1s minas, deron en montar outros negocios paralelos como eran o de venta de roupas de traballo, lavandar\u00edas ou comida a domicilio. E se lle facemos caso \u00e1s pel\u00edculas, os bandidos e amigos de gatu\u00f1ar o alleo, sempre persegu\u00edan \u00f3s pobres cavadores armados de pico e pa e nunca asaltaban os almac\u00e9ns dos provedores que cobraban en pebidas de ouro os ferranchos ou os trapos que vend\u00edan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mentres tanto, aquel periodista e impresor reconvertido en ferraxeiro medraba d\u00eda a d\u00eda abrindo tendas e fac\u00e9ndose un nome entre os paisanos, ata chegar a ser un dos primeiros senadores de California, que por aquel ent\u00f3n, e pola riqueza que de s\u00fapeto amosou, converteuse no estado 31 da Uni\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/OroCalifornia15.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-8943\" alt=\"OroCalifornia15\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/OroCalifornia15-300x234.jpg\" width=\"300\" height=\"234\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/OroCalifornia15-300x234.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/03\/OroCalifornia15.jpg 490w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pero como a sorte vai por barrios e por d\u00edas, por raz\u00f3ns que s\u00f3 el saber\u00e1, a esposa daquel pr\u00f3spero home de negocios pediulle o divorcio e el quedou da noite para a ma\u00f1\u00e1 sen a fortuna acumulada e deuse \u00e1 bebida, o recurso no que tan doado \u00e9 caer para afogar as penas. Xa cara o final dos seus d\u00edas tivo momentos de lucidez, fixo novos negocios de dubidoso \u00e9xito, casou de novo, volveuse abstemio, e morreu sen un d\u00f3lar para pagar o seu propio funeral. A\u00ednda as\u00ed, o seu nome figura en placas de r\u00faas, escolas e edificios californianos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mentres tanto, os chinos, aqueles que en todas as pel\u00edculas do oeste son os enterradores dos valentes pistoleiros, non aparecen en ningunha placa, pero al\u00f3 seguiron, inventando o da comida para levar e as primeiras lavandar\u00edas industriais da florecente naci\u00f3n, ata morrer de vellos.<\/p>\n<div id=\"article-footer\" style=\"text-align: justify;\"><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco. Cando a mediados do s\u00e9culo XIX xurdiu aquela famosa, peliculeira e tan documentada febre do ouro en California, nunha rexi\u00f3n a onde daquela s\u00f3 emigraban os que non ti\u00f1an a onde ir, quen realmente se fixo rico non foi quen atopou ouro, sen\u00f3n quen abasteceu \u00f3s buscadores.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8940"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8940"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8940\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8944,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8940\/revisions\/8944"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8940"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8940"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8940"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}