{"id":9434,"date":"2018-07-03T06:00:29","date_gmt":"2018-07-03T06:00:29","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9434"},"modified":"2018-06-27T17:21:40","modified_gmt":"2018-06-27T17:21:40","slug":"9434","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9434","title":{"rendered":"Unha novela contundente e de absoluta actualidade"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/06\/41ucgTl3MSL._SX328_BO1204203200_.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-9368\" alt=\"41ucgTl3MSL._SX328_BO1,204,203,200_\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/06\/41ucgTl3MSL._SX328_BO1204203200_-198x300.jpg\" width=\"198\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/06\/41ucgTl3MSL._SX328_BO1204203200_-198x300.jpg 198w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/06\/41ucgTl3MSL._SX328_BO1204203200_.jpg 330w\" sizes=\"(max-width: 198px) 100vw, 198px\" \/><\/a>Xavier Seoane.\u00a0<\/strong><\/em>Das persoas que co\u00f1ezo no \u00e1mbito da cultura galega, Fidel Vidal \u00e9 unhas das m\u00e1is cultas, abertas e polifac\u00e9ticas que te\u00f1a frecuentado. \u00c1 marxe da s\u00faa condici\u00f3n de psiquiatra, ten despregado un longo labor no co\u00f1ecemento das artes pl\u00e1sticas, na pr\u00e1ctica da pintura, no exercicio da poes\u00eda, do ensaio e da narrativa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Precisamente a s\u00faa \u00faltima obra narrativa, <i>Os coros da novena<\/i>, esplendidamente publicada por Espiral Maior e cun magn\u00edfico pr\u00f3logo de Ant\u00f3n Riveiro Coello, \u00e9 en parte unha consecuencia l\u00f3xica do seu profundo co\u00f1ecemento da psique e da natureza humana, logrado tanto no exercicio profesional da psiquiatr\u00eda como na condici\u00f3n de humanista interesado polos problemas e os feitos que atinxen ao ser e o devir humanos.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tr\u00e1tase dunha novela traballada, densa, dominada pola forza expresiva e a contundencia tem\u00e1tica. Unha obra marcada pola intensidade das emoci\u00f3ns e dos sentimentos. O \u00e1mbito do <i>pathos<\/i> ocupa, pois, unha acusada presenza nesta obra de cap\u00edtulos breves e estrutura circular, que remata cun retorno sorprendente ao momento inicial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A obra est\u00e1 narrada en primeira persoa pola protagonista, a \u201cfilla\u201d. E desenvolta nun estilo rotundo, de fraseo curto e descrici\u00f3ns breves. Todo un despregue de introspecci\u00f3ns e constataci\u00f3ns psicol\u00f3xicas, emocionais e morais constelan a obra, centrada nun lugar chamado Mareira, que supo\u00f1emos constit\u00fae un trasunto literario de Santa Ux\u00eda de Ribeira.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0<b>Unha rica tem\u00e1tica<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A obra destaca pola riqueza da s\u00faa tem\u00e1tica no \u00e1mbito dos conflitos e das relaci\u00f3ns familiares. Reflicte, en definitiva, o drama dun fogar. A familia est\u00e1 contemplada coma o n\u00facleo dunha verdadeira intemperie, coma o incuestionable c\u00e1rcere ou inferno que, nos seus peores rexistros, pode chegar a ser: como unha asfixia para o medre afectivo, intelectual e moral do suxeito.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mais xorden moitos temas arredor, a modo de constelaci\u00f3ns: o alcoholismo, a pederastia, a inocencia e a s\u00faa perda, a educaci\u00f3n no fogar ou na escola, a descuberta e os ritos e pr\u00e1cticas da sexualidade, o odio, a loucura, os desequilibrios, as obsesi\u00f3ns, o amor maternal\u2026 Sendo decisivo o realce que se lle d\u00e1 \u00e1 liberdade como posibilidade real de elecci\u00f3n do destino, de procura da persoa, da identidade propia. Unha persoa que, no caso da protagonista principal, am\u00f3sase como necesitada de apoios e de afectos, \u201cfamenta de amor\u201d, como ela mesma constata, desexosa de emancipaci\u00f3n para constru\u00edr a s\u00faa vida cos restos do seu naufraxio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0\u00a0<b>Alg\u00fans personaxes decisivos<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na obra existen alg\u00fans personaxes de alta transcendencia, dada a s\u00faa actitude e o seu comportamento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O pai constit\u00fae unha figura carente de empat\u00eda, de afecto, de tenrura. Sem\u00e9llase a un \u201cDeus\u201d mai\u00fasculo, con toda a prepotencia e o poder sobre os demais. \u00c9 un home mediocre, unha especie de pequeno burgu\u00e9s de percal, vilego e provinciano, con \u00ednfulas de clase. Un home do pasado, formado no franquismo e aferrado como unha lapa aos seus valores. Un home en realidade, frustrado. E desa condici\u00f3n procede a s\u00faa natureza autoritaria, severa e represora. O seu machismo \u00e9 de cat\u00e1logo. A s\u00faa relixiosidade, retr\u00f3grada. A s\u00faa moral, estreita e lesiva para os demais, con aspectos fondamente coactivos. No persoal, am\u00f3sase como inaut\u00e9ntico, celoso e interesado. Mesmo non carece dun certo punto cruel, dada a s\u00faa condici\u00f3n de home \u201csilente e ladino\u201d. Incluso a s\u00faa condici\u00f3n de mel\u00f3mano semella como impostada, teatral\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/06\/Fidel_Vidal_P\u00e9rez_AELG-5.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-9369\" alt=\"Fidel_Vidal_P\u00e9rez_(AELG)-5\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/06\/Fidel_Vidal_P\u00e9rez_AELG-5-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/06\/Fidel_Vidal_P\u00e9rez_AELG-5-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/06\/Fidel_Vidal_P\u00e9rez_AELG-5-1024x685.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/06\/Fidel_Vidal_P\u00e9rez_AELG-5-900x602.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>A nai \u00e9 unha persoa sometida ao marido. Amosa un car\u00e1cter pasivo e d\u00e9bil. A filla cualif\u00edcaa como \u201chist\u00e9rica, inxenua e ignorante\u201d. V\u00e9n ser unha especie de criada e secretaria servil do seu home, quen procede dunha clase superior.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O t\u00edo Gumersindo ten un papel tristemente relevante. E outros acomp\u00e1\u00f1ano no debuxo desta situaci\u00f3n familiar e social na que se tecen as relaci\u00f3ns da protagonista: o marido Vicente, o amigo Carlos, a sogra, o sogro, a abondosa e afectuosa t\u00eda Virtudes, a criada, o director da escola, o c\u00edrculo dos amigos do pai..<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mais a verdadeira protagonista \u00e9 Amparo, unha muller v\u00edtima de experiencias traum\u00e1ticas. No seu periplo vital hai moito de novela de aprendizaxe, pois acomete unha serie de co\u00f1ecementos e de vivencias que lle van abrindo os ollos e a trav\u00e9s dos que logra ir aprendendo a sobrevivir, baixo un lema non distante ao famoso \u201ccami\u00f1a ou rebenta\u201d, dadas as s\u00faas prementes necesidades de sa\u00edr para adiante.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0\u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0\u00a0<b>Novela de actualidade e de denuncia<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A literatura non \u00e9 s\u00f3 o ascenso aos ceos, sen\u00f3n tam\u00e9n o descenso aos infernos. Esta obra ten un toque sombr\u00edo, coma o te\u00f1en as obras de Dostoievski, Bernhard, C\u00e9line e moitos outros autores. Sup\u00f3n, por tanto, un descenso aos infernos do real e da cotianidade, nun xogo de alusi\u00f3ns e de elusi\u00f3ns que amosa unha realidade con m\u00e1is penumbras que claros, con m\u00e1is sombras que luces.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tr\u00e1tase dun exercicio literario nas ant\u00edpodas do comercial e do dixestivo que nos invaden como unha verdadeira praga. \u00c9 unha obra magnificamente escrita, flu\u00edda, que mant\u00e9n de principio a fin o suspense e o estilo marca da casa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha obra clasificable no \u00e1mbito dunha literatura con valor social e moral, como unha experiencia de verdadeira catarse que nos impacta e, en consecuencia, nos obriga a contemplar con valent\u00eda a realidade e a reflexionar e actuar en consecuencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Porque non se trata dunha recreaci\u00f3n nos laios, sen\u00f3n nun desexo de transcendencia e de acci\u00f3n: \u201cAlgo m\u00e1is debe nacer nos laios que non sexa s\u00f3 a pena\u201d, rec\u00f3rdasenos na obra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Novela de lectura moi recomendable. E de alta actualidade, polo seu abordaxe do tema da muller, da s\u00faa igualdade e da s\u00faa emancipaci\u00f3n. Unha obra que, no seu desexo de non compracencia e na s\u00faa actitude de abordaxe directa e contundente de certos aspectos da realidade de hoxe, decanta unha cr\u00edtica radical de certa aparencia de bondade e de convenci\u00f3n que agachan experiencias de gran dureza coti\u00e1:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u201cSos\u00e9game pescudar e descubrir a maldade encerrada na pulcritude da moral sen tacha, nos protocolos das boas formas, na esmerada correcci\u00f3n dos disciplinados\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non dubidamos que no seu fardel de experiencias e na s\u00faa imaxinaci\u00f3n o autor agacha moitas outras historias dignas de seren narradas con esta contundencia e veracidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xavier Seoane.\u00a0Das persoas que co\u00f1ezo no \u00e1mbito da cultura galega, Fidel Vidal \u00e9 unhas das m\u00e1is cultas, abertas e polifac\u00e9ticas que te\u00f1a frecuentado. \u00c1 marxe da s\u00faa condici\u00f3n de psiquiatra, ten despregado un longo labor no co\u00f1ecemento das artes pl\u00e1sticas, na pr\u00e1ctica da pintura, no exercicio da poes\u00eda, do ensaio e da narrativa. Precisamente a &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9434\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Unha novela contundente e de absoluta actualidade<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[9,84],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9434"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9434"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9434\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9436,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9434\/revisions\/9436"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9434"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9434"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9434"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}