{"id":9672,"date":"2018-10-11T06:00:18","date_gmt":"2018-10-11T06:00:18","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9672"},"modified":"2018-10-01T16:29:39","modified_gmt":"2018-10-01T16:29:39","slug":"as-primeiras-regulacions-na-construcion-das-vilas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9672","title":{"rendered":"As primeiras regulaci\u00f3ns na construci\u00f3n das vilas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/A-Historia.-As-primeiras.._.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-9673\" alt=\"A Historia. As primeiras.._\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/A-Historia.-As-primeiras.._-250x300.jpg\" width=\"250\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/A-Historia.-As-primeiras.._-250x300.jpg 250w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/A-Historia.-As-primeiras.._-853x1024.jpg 853w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/A-Historia.-As-primeiras.._-900x1080.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/A-Historia.-As-primeiras.._.jpg 960w\" sizes=\"(max-width: 250px) 100vw, 250px\" \/><\/a><em><strong>Pedro Garc\u00eda Vidal.\u00a0<\/strong><\/em>Ata o s\u00e9culo XIX, s\u00f3 as limitaci\u00f3ns de polic\u00eda po\u00f1\u00edan l\u00edmite ao dereito a edificar dos cidad\u00e1ns. Ata este momento, toda a actividade urban\u00edstica, que era netamente municipal xa que o Estado apenas intervi\u00f1a, vi\u00f1a rex\u00e9ndose por \u201cnormas de polic\u00eda urbana\u201d que regulaban multitude de aspectos moi diversos, entre os que estaban os urban\u00edsticos.A denominada polic\u00eda urbana comprend\u00eda unha serie de cometidos a cargo do Concello, que ti\u00f1an directa relaci\u00f3n coa seguridade, salubridade, comodidade e ornato das poboaci\u00f3ns. Por iso, con respecto ao urbanismo, as normas de polic\u00eda urbana te\u00f1en unha grande importancia. <!--more-->Preoc\u00fapanse polas comodidades dos habitantes da mesma, a mellora e conservaci\u00f3n das devanditas condici\u00f3ns de beleza e ornato mediante as rectificaci\u00f3ns necesarias, e tam\u00e9n comprende, xeralmente, todo canto se refire \u00e1 hixiene da v\u00eda p\u00fablica e a construci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A necesidade de regular a edificaci\u00f3n nas cidades xorde xa no alto medievo reflectida nos foros tradicionais e nas ordenanzas municipais. Tr\u00e1tase dunha regulaci\u00f3n m\u00ednima dirixida a evitar os abusos ou molestias entre veci\u00f1os e a garantir o uso de v\u00edas e espazos com\u00fans. As ordenanzas\u00a0 posu\u00edan un forte car\u00e1cter pr\u00e1ctico. Nas medievais vilas de Muros e Noia contamos cunha serie destes documentos que fan referencia a aspectos urbanos, os m\u00e1is antigos de principios do s\u00e9culo XV. Son as \u201cOrdenanzas de la Villa de Muros dadas por su se\u00f1or el Arzobispo de Santiago D. Lope de Mendoza, en el a\u00f1o de 1406\u201d e\u00a0 os \u201cFueros romanceados de Noia\u201d na parte redactada a principios do s\u00e9culo XV. Nos dous casos tr\u00e1tase de regulamentos que non fan m\u00e1is que consignar usos e costumes que vi\u00f1an de tempos remotos. A necesidade deste ordenamento v\u00e9n xustificada nos documentos mesmos polas dificultades que xorden no goberno das entidades urbanas, pois \u201c<i>a donde ha muchos necesaria es la discordia<\/i>\u201d, e dado que a discordia\u00a0 \u201c<i>aya logar en todas universidades i pueblos i comunidades mocho mas ha logar en las cibdades i villas<\/i>\u201d, concl\u00faese que\u00a0 \u201c<i>por lo qual \u00e1 los se\u00f1ores dellas es mucha grand carga quando no les ordenan i dan buen regimiento<\/i>\u201d. Por conseguinte, estas primeiras ordenanzas de principios do s\u00e9culo XV c\u00e9ntranse en aspectos relativos ao bo goberno das vilas dirixidas a conseguir que os seus moradores e poboadores poidan ser \u201c<i>gouernados en justicia y en bondat<\/i>\u201d. A referencia a \u00e9pocas pasadas &#8211; \u201c<i>otros tiempos<\/i>\u201d -, pon de manifesto a pret\u00e9rita existencia de normas para o bo goberno das vilas. En realidade trat\u00e1base de decretos ou leis que se \u00edan renovando e mellorando cada ano e que, en moitos casos, son coincidentes as de varias localidades. Por exemplo, as \u201cOrdenanzas de la villa de Muros de 1560\u201d coinciden en moitos aspectos coas Ordenanzas da veci\u00f1a vila de Noia de 1549.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao traveso da detida lectura das ordenanzas sacamos valiosa informaci\u00f3n sobre aspectos relacionados co urbanismo, principalmente aqueles que se refiren \u00e1 ocupaci\u00f3n e hixiene das v\u00edas p\u00fablicas, como \u00a0por exemplo cando se fala\u00a0 dos postos de venda de carne e se indica aos vendedores que cada s\u00e1bado limpen os bancos e postos onde tivesen que pesar e cortar a carne; ou a obriga dos veci\u00f1os de limpar a parte da r\u00faa correspondente aos d\u00edas de festa. Igualmente se regula o horario de sa\u00edda e recollida de animais f\u00f3ra do espazo amurallado para evitar que deambulen pola vila. Un aspecto importante do urbanismo desta \u00e9poca era que cada veci\u00f1o \u00eda ter a obriga de reparar a parte da r\u00faa que correspond\u00eda \u00e1 s\u00faa fachada, as\u00ed como as canles augadoiros das s\u00faas casas. Tam\u00e9n, a\u00ednda que en menor medida, figuran artigos m\u00e1is especificamente urban\u00edsticos, como por exemplo aqueles que tratan da regularizaci\u00f3n de r\u00faas e prazas. Ou aqueloutros que precisan incluso o tama\u00f1o que deb\u00edan ter os solares, ou <i>formales<\/i>: \u201c<i>Sy algun onbre quisier faser casa en la villa en lugar que nunca fue fecha, deue dar al mayordomo un mri. Se o formal for doyto pasos en longo e de quatro en ancho. E se for medio formal deue a dar quatro soldos. E esto deuen a faser os vizi\u00f1os como os que non son vizi\u00f1os<\/i>\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En definitiva, no articulado das numerosas ordenanzas anteriores ao s\u00e9culo XIX atopamos o que ser\u00eda a preocupaci\u00f3n primeira polo espazo p\u00fablico, e que contribuir\u00eda en grande medida \u00e1 s\u00faa conformaci\u00f3n no que hoxe co\u00f1ecemos como <i>cascos hist\u00f3ricos<\/i> das nosas vilas e cidades.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><b>P\u00e9 de imaxe: <\/b>Ao longo da historia urbana das nosas vilas, diferentes Ordenanzas Municipais publicadas en distintos momentos temporais e cunha xeneralizaci\u00f3n na s\u00faa aplicaci\u00f3n a mediados do XIX, van tentar organizar dalg\u00fan xeito a vida cidad\u00e1 convert\u00e9ndose nun claro precedente da Planificaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pedro Garc\u00eda Vidal.\u00a0Ata o s\u00e9culo XIX, s\u00f3 as limitaci\u00f3ns de polic\u00eda po\u00f1\u00edan l\u00edmite ao dereito a edificar dos cidad\u00e1ns. Ata este momento, toda a actividade urban\u00edstica, que era netamente municipal xa que o Estado apenas intervi\u00f1a, vi\u00f1a rex\u00e9ndose por \u201cnormas de polic\u00eda urbana\u201d que regulaban multitude de aspectos moi diversos, entre os que estaban os &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9672\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">As primeiras regulaci\u00f3ns na construci\u00f3n das vilas<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,34],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9672"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9672"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9672\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9674,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9672\/revisions\/9674"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9672"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9672"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9672"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}