{"id":9872,"date":"2018-11-06T06:00:16","date_gmt":"2018-11-06T06:00:16","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9872"},"modified":"2018-10-31T09:31:51","modified_gmt":"2018-10-31T09:31:51","slug":"meigas-e-marisco","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9872","title":{"rendered":"Meigas e marisco"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/BO20C1F2_21223.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-9873\" alt=\"BO20C1F2_21223\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/BO20C1F2_21223-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/BO20C1F2_21223-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/BO20C1F2_21223-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/BO20C1F2_21223-900x506.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/BO20C1F2_21223.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>En certa ocasi\u00f3n, invitado a unha mariscada en Madrid por mor dun asunto laboral, un dos comensais, diante dunha fonte de n\u00e9coras, aseguroulle a Xulio que iso para el deb\u00eda ser a comida de cada d\u00eda, polo simple feito de ser galego. <!--more-->Sorriu diante da inocente aseveraci\u00f3n e estivo tentado de comentarlle como na nosa bisbarra hab\u00eda unha frase para definir a pobreza das familias a mediados do s\u00e9culo pasado: s\u00f3 comen n\u00e9coras. Tam\u00e9n se lembrou daquel conto dos rapaces que atoparan unha centola que lle caera a un cami\u00f3n de marisco en direcci\u00f3n a Madrid, preto de Becerre\u00e1, e como era un becho moi raro naqueles lares, experimentando ou xogando con el foi dar \u00f3 pote do caldo. Cando os da casa viron aquela cousa vermella no medio das verzas, chamaron \u00f3 boticario, quen, sac\u00e1ndoa para un prato, foina papando coa desculpa de que a estaba analizando para saber se pod\u00eda darlles permiso para tomar o resto do cocido.<\/p>\n<div id=\"6TEXTO_DETALLEad_RobaPaginasMobile-id\" itemscope=\"\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/WPAdBlock\" style=\"text-align: justify;\" data-ads=\"true\" data-url=\"\/4900\/webm.EXT.LAVOZDEGALICIA\/galicia\/barbanza\" data-mapping=\"ROBAMOBILE\" data-sizes=\"[[300,600],[300,250]]\" data-param=\"pos\" data-format=\"mobile\" data-targeting=\"robapaginas\">Temos colgados un feixe de sambenitos que nos converten nunha especie de raza diferente na mentalidade dos demais poboadores deste reino, pero de todos eles, tal vez o m\u00e1is interesante (ou absurdo) \u00e9 pensar que habitamos unha terra de meigas, fantasmas e cousas polo estilo. \u00a1Santo poder das lendas!. Para alg\u00fan forasteiro, n\u00f3s somos algo as\u00ed como unha panda de Santa Compa\u00f1a en que vivos e mortos xogan \u00f3 tute e falan dos asuntos da vida coa mesma naturalidade ca calquera outros veci\u00f1os en calquera parte do mundo. Os vivos e os mortos viaxamos no mesmo autob\u00fas e ata vemos xuntos os partidos do Celta, a quen hai alg\u00fans anos acusaban desde a prensa de Madrid de ter unha meiga en n\u00f3mina dada a boa racha que levaba. E certamente, unha boa parte deses atributos son culpa nosa, do moito que presumimos do noso marisco, pero tam\u00e9n do moito que pregoamos o esconxuro da queimada, pois non hai beberaxe mellor ca aquela que se acompa\u00f1a de todo un ritual. \u00a1Que non ser\u00eda o gintonic se os camareiros operasen na barra do bar como un meigo diante da ap\u00f3cema dun esconxuro!.<\/div>\n<div id=\"ad_Roba2Desktop\" itemscope=\"\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/WPAdBlock\" style=\"text-align: justify;\" data-ads=\"true\" data-url=\"\/2260323\/LVDG.Desktop\/barbanza\" data-mapping=\"VOZ_ROBA_DESKTOP\" data-sizes=\"[[300,250],[300,300],[300,600]]\" data-param=\"pos\" data-format=\"normal\" data-targeting=\"Roba2\" data-google-query-id=\"CICg6eqamN4CFeKM7QodzPsG1w\">\n<div id=\"google_ads_iframe_\/2260323\/LVDG.Desktop\/barbanza_0__container__\">E ac\u00f3rdame todo isto despois de visitar a biblioteca dun dos nosos m\u00e1is importantes mosteiros, onde cadramos, o meu fantasioso e barulleiro amigo Afonso e eu cun grupo de turistas madrile\u00f1as, enfermeiras para m\u00e1is cadras, a quen, nun momento da visita, dirix\u00edndose \u00e1 gu\u00eda preguntoulle polo \u00abasunto do monxe Guillerme\u00bb. Todos quedamos en silencio e \u00e1 gu\u00eda sa\u00edronlle as cores para confesar que non co\u00f1ec\u00eda o caso. Daquela el, atraendo a curiosidade dos presentes, sinalando un dos andeis, convenceunas de que certo libro, cando entr\u00e1ramos non estaba al\u00ed, porque o esp\u00edrito do monxe Guillerme andaba estudando os secretos de non sei que pedra filosofal. E como adivi\u00f1aba que iso non convenc\u00eda a ningu\u00e9n, a\u00ednda lles apuntou a un incunable aberto dentro dunha vitrina: \u00abE \u00e9 tan lento lendo que cada mes pasa unha p\u00e1xina. Contade cantas van e veredes que son tantas como meses do ano levamos\u00bb. Pois ben, tan absurda historia contada a persoas que pola profesi\u00f3n se sabe que non comulgan con rodas de mu\u00ed\u00f1o, a\u00ednda lles fixo acercarse a comprobar cantas p\u00e1xinas pasaran, e cando interpelei a unha delas, que como pod\u00edan nin sequera pensar que tal pod\u00eda pasar, afirmoume: \u00abEs que en Galicia, ya se sabe\u00bb.<\/div>\n<\/div>\n<div id=\"ad_Roba2Mobile\" itemscope=\"\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/WPAdBlock\" style=\"text-align: justify;\" data-ads=\"true\" data-url=\"\/2260323\/LVDG.Mobile\/barbanza\" data-mapping=\"VOZ_ROBA_MOBILE\" data-sizes=\"[[300,250],[300,300],[300,600]]\" data-param=\"pos\" data-format=\"mobile\" data-targeting=\"Roba2\"><\/div>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00d3 final non sei se o que m\u00e1is lles apeteceu foi crer que estaban diante dun galego que cr\u00eda en fantasmas ou que a fantas\u00eda as\u00ed narrada \u00e9 un atractivo m\u00e1is para todo turista, como pode ser o marisco ou unha foto a car\u00f3n dun h\u00f3rreo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0En certa ocasi\u00f3n, invitado a unha mariscada en Madrid por mor dun asunto laboral, un dos comensais, diante dunha fonte de n\u00e9coras, aseguroulle a Xulio que iso para el deb\u00eda ser a comida de cada d\u00eda, polo simple feito de ser galego.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9872"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9872"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9872\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9874,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9872\/revisions\/9874"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9872"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9872"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9872"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}