Remendos de lembranzas

vacaCarme Toba. Na miña casa éramos tres grupos, dos denominados grupo “Elas”, que comprendían miña nai e tía, e o grupo  “Eles”, que eran meu avó e pai. Logo viña o meu grupo, “Nós”, miña irmá e eu. Entre os membros de cada grupo rifábamos, pero cando había culpas sempre tratábamos de botarlles a culpa aos outros: “Nós non fomos, foron eles”, “Fixérono elas”… e así sempre. Continue reading Remendos de lembranzas

A fama dos libros

depositphotos_104976002-stock-illustration-young-man-reading-a-bookX. Ricardo Losada. Xa teño dito aquí que leo con frecuencia no paseo marítimo. Como é lóxico, a xente pasa e ás veces para (en ningún caso se levan botella de auga e chándal de marca) e ponse a falar comigo. Moitos deles a pesar de que temen molestarme ou facerme perder a concentración. Para nada, dígolles con sinceridade. Eu recupero a concentración moi rápido e encántame pasar do mundo da ficción ao mundo real e volta de novo, e con toda naturalidade, ao mundo da ficción. Continue reading A fama dos libros

Un paso cara á igualdade

sevrage-comstock-155455_LAntón Riveiro Coello. No ano 1992, cando eu traballaba de funcionario no Ministerio de Educación en Madrid, solicitei o tempo de lactación da miña filla pequena, que era aleitada con biberón. Sumaba a esta circunstancia o feito de que a miña muller estaba en excedencia e tiñamos os meus sogros enfermos. Lembro a cara de estrañeza da muller que rexistrou a miña petición no Ministerio. Debeu de pensar que o meu sentido andaba polas silveiras ou que eu quería emular eses castrexos que, derreados, se deitaban uns días nas pallas logo de que parisen as súas mulleres. O certo é que a miña instancia provocou unha reunión do ministro Rubalcaba cos seus funcionarios para estudaren o tema. Continue reading Un paso cara á igualdade

Sen azucre, a vida é outra

61WIDDVRYXL._SX425_Marina Losada. As tres en punto. Na man, a conta dos euros que tiña no carriño. A filla pesándome no colo. Os corredores silenciados pola hora da comida. Eu pegada ao chan, sen mover os pés. Non son quen de sacar a conta, cun cerebro atascado pola falta de azucre no café que soubo a veleno. As neuronas necesitan glucosa como a compra, efectivo ou tarxeta. Con cal me quedo? Continue reading Sen azucre, a vida é outra